Humanización de Sabarís – Hai alternativas

Posted: under Novas BNG.
Tags: ,

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar en rolda de prensa as súas impresións e iniciativas respecto aos sucesos derivados do inicio das obras de humanización da Avenida Xulián Valverde, na parroquia de Sabarís.

Nesta rolda de prensa participaron Ana Rodríguez, Portavoz Municipal do BNG no Concello de Baiona e Henrique Viéitez, deputado do BNG no Parlamento Galego.

Cabe resaltar que foi o BNG, na etapa na que tivo responsabilidades de governo no Concello de Baiona quen iniciou o proceso de humanización da Avenida Xulián Valverde, avenida que vertebra a parroquia e que ficou esquencida durante longos anos, obviando as súas potencialidades. Mais que o proceso o iniciase o BNG, firme defensor das humanizacións como xeito de dinamización, nomeadamente zonas deterioradas, ailladas ou de menor confluencia de povoación, non quere decir que se comparta o xeito de actuar do Governo Municipal do Partido Popular. Read More

Comentarios (0) Xuñ 07 2012