Convocatoria – Pleno Municipal

Posted: under Novas BNG.

Mañá Xoves, a partires das 12 da mañá e na Sala de Plenos do Concello de Baiona vaise celebrar Pleno Municipal.

O BNG en Baiona vén de presentar dúas mocións para o seu debate e aprobación:

– Moción en defensa do Ensino Público Galego.

– Moción sobre a situación do novo Hospital de Vigo.

Novamente se observa o errado da decisión do Partido Popular no tocante á periodicidade dos Plenos Municipais. A celebración dos mesmos cada dous meses obriga a que a ordo do día do presente conste de catorce puntos. Demencial e algo que pretende silenciar o debate por esgotamento. Non bastaba con convocalos ás doce da mañá, imposibilitando que a maioría dos habitantes de Baiona non podan acudir aos mesmos e de paso entorpecer o máximo posible a vida laboral do/as concelleiro/as con obrigas laborales, tamén optan pola bimensualidade. Nada queda para evitar a súa celebración e afogar definitivamente as alternativas reais que poda presentar o BNG.

Non hai comentarios

No comments yet.

Sorry, the comment form is closed at this time.