Moción sobre a situación do Novo Hospital de Vigo

Posted: under Mocións e alegacións.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O actual Goberno galego renunciou á construción do Novo Hospital de Vigo de xeito directo e con recursos propios e puxo en marcha un novo proxecto con financiamento e xestión privada, o que hipoteca durante vinte anos a prestación sanitaria, ao detraer unha inxente cantidade de recursos económicos por encarecer de xeito escandaloso o custo sobre o proxecto inicial.

Este negocio non só esta centrado na construción e xestión da infraestrutura principal como é o propio Hospital senón que se estende á xestión do aparcamento e outras explotacións comerciais derivadas dos servizos auxiliares que se van implantar na superficie a desenvolver. Na practica é trasladar á iniciativa privada os lucros derivados da prestación dun servizo básico esencial. Queda en evidencia, pois, que existe unha modificación substancial con respecto ao proxecto inicial onde a titularidade pública do Hospital estaba garantida, ao igual que o desenvolvemento da actividade sanitaria.

Dada a situación de crise son cada vez máis os comentarios que, en función dos feitos que lle estas afectado a empresas da UTE que constrúe e vai xestionar o hospital, hai un problema de financiamento que están impedindo o desenvolvemento normal das obras e que inclusive poden chegar a frearse.

Dado que é unha necesidade perentoria atender as insuficiencias do sistema de saúde na área sanitaria de Vigo, que non existe un proxecto claro e definido nos seus contidos e funcións é polo que propoñémoslle ao pleno da Corporación municipal a adopción  do seguinte

ACORDO

1) Reclamar da Xunta de Galiza:

a)       A exposición pública e toda a información referida ao novo proxecto de execución do Novo Hospital que se esta a construír en Vigo, así como os recursos dispoñíbeis para facer fronte á obra.

b)      Que o Novo Hospital sexa o hospital de referencia de toda a área sanitaria.

c)       O carácter público e estratéxico do Novo Hospital así como que sexa centro de referencia para o tratamento do cancro e a investigación e a docencia.

2) A súa vez, dar conta deste acordo ao Presidente da Xunta de Galiza e aos distintos grupos do Parlamento galego.

 

 

Baiona,19 de abril de 2012

Portavoz municipal do B.N.G.

Ana Mª Rodríguez Fernández

Non hai comentarios

No comments yet.

Sorry, the comment form is closed at this time.