Manifestación Nacional por unha Lei de Montes respectuosa co monte veciñal

Posted: under Convocatorias.
Etiquetas: ,

Co gallo da convocatoria realizada pola Organización Galega de Comunidades de Montes para a manifestación nacional a celebrarse o vindeiro Sábado día 9 de xuño en Santiago de Compostela, o BNG no Val Miñor convida a toda a cidadanía a unha charla-coloquio que se celebrará no Centro Cultural de Borreiros o vindeiro Venres 1 de xuño, a partires das 20.30 horas.

Contaremos coa participación de:

– Xosé Alfredo Pereira (Presidente da O.G.CC.MM.).

-Henrique Viéitez (Deputado no Parlamento Galego).

A Mancomunidade de Montes do Val Miñor vai pór a disposición de todo/a aquel/a que desexe asistir á manifestación un autobús. O/as interesado/as en empregar este servizo deben porse en contacto con Xosé Alfredo Pereira (Presidente da O.G.CC.MM.) no seu teléfono: 649 137 135

 

Non hai comentarios

No comments yet.

Sorry, the comment form is closed at this time.