Avanzando nas redes – Traslado

Posted: under Novas BNG.

O BNG en Baiona sigue avanzando no uso da rede como xeito de rachar a barreira mediática que silencia o seu traballo. Desta vez modificamos o medio de emitir as nosas novas cara un enderezo integrado na web nacional do BNG, cunha presentación máis amable e con acceso inmediato ás novas nacionais.

Agardamos que sexa do voso agrado e… Adiante co BNG!

NOVA WEB: http://www.bng-galiza.org/baiona/

Comentarios (0) Set 26 2012

Humanización de Sabarís – Hai alternativas

Posted: under Novas BNG.
Tags: ,

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar en rolda de prensa as súas impresións e iniciativas respecto aos sucesos derivados do inicio das obras de humanización da Avenida Xulián Valverde, na parroquia de Sabarís.

Nesta rolda de prensa participaron Ana Rodríguez, Portavoz Municipal do BNG no Concello de Baiona e Henrique Viéitez, deputado do BNG no Parlamento Galego.

Cabe resaltar que foi o BNG, na etapa na que tivo responsabilidades de governo no Concello de Baiona quen iniciou o proceso de humanización da Avenida Xulián Valverde, avenida que vertebra a parroquia e que ficou esquencida durante longos anos, obviando as súas potencialidades. Mais que o proceso o iniciase o BNG, firme defensor das humanizacións como xeito de dinamización, nomeadamente zonas deterioradas, ailladas ou de menor confluencia de povoación, non quere decir que se comparta o xeito de actuar do Governo Municipal do Partido Popular. Read More

Comentarios (0) Xuñ 07 2012

Manifestación Nacional – En defensa do monte galego

Posted: under Convocatorias.

Comentarios (0) Xuñ 06 2012

Convocatoria – Pleno Municipal

Posted: under Novas BNG.

Mañá Xoves, a partires das 12 da mañá e na Sala de Plenos do Concello de Baiona vaise celebrar Pleno Municipal.

O BNG en Baiona vén de presentar dúas mocións para o seu debate e aprobación:

– Moción en defensa do Ensino Público Galego.

– Moción sobre a situación do novo Hospital de Vigo.

Novamente se observa o errado da decisión do Partido Popular no tocante á periodicidade dos Plenos Municipais. A celebración dos mesmos cada dous meses obriga a que a ordo do día do presente conste de catorce puntos. Demencial e algo que pretende silenciar o debate por esgotamento. Non bastaba con convocalos ás doce da mañá, imposibilitando que a maioría dos habitantes de Baiona non podan acudir aos mesmos e de paso entorpecer o máximo posible a vida laboral do/as concelleiro/as con obrigas laborales, tamén optan pola bimensualidade. Nada queda para evitar a súa celebración e afogar definitivamente as alternativas reais que poda presentar o BNG.

Comentarios (0) Xuñ 06 2012

Moción sobre a situación do Novo Hospital de Vigo

Posted: under Mocións e alegacións.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O actual Goberno galego renunciou á construción do Novo Hospital de Vigo de xeito directo e con recursos propios e puxo en marcha un novo proxecto con financiamento e xestión privada, o que hipoteca durante vinte anos a prestación sanitaria, ao detraer unha inxente cantidade de recursos económicos por encarecer de xeito escandaloso o custo sobre o proxecto inicial. Read More

Comentarios (0) Xuñ 06 2012

Moción en defensa do Ensino Público Galego

Posted: under Mocións e alegacións.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A comunidade educativa galega a través de diferentes entidades (organizacións sindicais, ANPAS, movementos de renovación pedagóxica, organizacións estudantís  partidos políticos…) constituíu a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para manifestar o rexeitamento ao Real Decreto-Lei 14/2012, publicado polo goberno do Estado,  para esixir da Consellaría de Educación que non   aplique en Galiza  ningún dos recortes contidos no RD Lei e que o recorra  por invadir as competencias  que en materia educativa ten a Xunta  de Galiza.  Read More

Comentarios (0) Xuñ 06 2012

Rolda de prensa do BNG – Humanización de Sabarís

Posted: under Novas BNG.

O BNG en Baiona realizará hoxe unha rolda de prensa, a partires das 12 da mañá, co fin de expoñer a súa visión e actuacións respecto ao proceso de humanización da rúa Xulián Valverde en Sabarís.

Intervirán Ana Fernández, Portavoz Municipal no Concello de Baiona e Henrique Viéitez, Parlamentario galego.

Comentarios (0) Xuñ 06 2012

Manifestación en defensa da Sanidade Pública

Posted: under Convocatorias.
Tags: ,

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública – Val MIñor está a ultimar a contratación dun autobús para acudir á manifestación, o custe por persoa sería de 6 €. A data límite para anotarse é o Venres pola noite.

Xeito de contacto:

pdsp.valminhor@gmail.com

Manuela: 616 964 027

Xulio: 680 427 374

Lugares de saída:

– Gondomar: Casa do Concello (9.45 h.)

– Baiona: Desde Ramallosa, fronte a Moto 4 (Ponte Romano) (10.00 h.)

– Nigrán: Parada Neumáticos Anta (10.10 h.) e Priegue-Estanco (10.20 h.)

Comentarios (0) Mai 29 2012

Manifestación Nacional por unha Lei de Montes respectuosa co monte veciñal

Posted: under Convocatorias.
Tags: ,

Co gallo da convocatoria realizada pola Organización Galega de Comunidades de Montes para a manifestación nacional a celebrarse o vindeiro Sábado día 9 de xuño en Santiago de Compostela, o BNG no Val Miñor convida a toda a cidadanía a unha charla-coloquio que se celebrará no Centro Cultural de Borreiros o vindeiro Venres 1 de xuño, a partires das 20.30 horas.

Contaremos coa participación de:

– Xosé Alfredo Pereira (Presidente da O.G.CC.MM.).

-Henrique Viéitez (Deputado no Parlamento Galego).

A Mancomunidade de Montes do Val Miñor vai pór a disposición de todo/a aquel/a que desexe asistir á manifestación un autobús. O/as interesado/as en empregar este servizo deben porse en contacto con Xosé Alfredo Pereira (Presidente da O.G.CC.MM.) no seu teléfono: 649 137 135

 

Comentarios (0) Mai 29 2012

Plan Especial de Ordenación do Porto de Baiona

Posted: under Novas BNG.
Tags:

1.1.- Situación

1.2.- Ordenación PXOU

1.3.- Ordenación Casco Histórico

1.4.- Ordenación delimitación espazos e usos portuarios

1.5.- Edificacións e usos existentes

1.6.- Rede de servizos existentes

2.1.- Delimitación do ámbito

2.2.- Ordenación

2.3.- Rede de servizos propostas

Memoria

Comentarios (0) Mai 22 2012