Tino Baz en Concerto.

Posted: under Novas BNG, Voceiros.
Tags:

Hoxe temos a Tino Baz en Baiona nun concerto que dará na prazo do Concello, agardemos que non suceda nada estrano que faga que se teña que suspender, non seabemos, alomellor non teremos corrente, …. a saber.

O certo que que dende que o 17 de Maio do 2007 deu o seu concerto na praza da lonxa, concerto organizado polo BNG como celebración do día das letras galegas e como reivincación o pasotismo do goberno local con esta data non poidemos voltar a disfrutar da súa música no noso concello o aire libre. (Neste inverno deu un concerto no BlackSmith).

Suporemos que a Concelleira de Cultura non lle insistirá a Tino Baz para que nos deleite coa sua música en castelan, non vaia a ser que os turistas non o entendan, argumento empregado con esta concelleria, coa acutación de máxia da semana pasada. Os que asistiron poideron comprobar como o Mago fixo o seu espectáculo en castelán e a presentación que o acompañou estaba toda ela escrita en galego. Non sabíamos que se lle tiña subida a cabeza o sindrome de galiciabilingüe a nosa Concelleira de Cultura.

En fin, esperamos disfrutar esta noite dun cantautor excepcional veciño da Guarda e que sinte e quere o noso pais como o que máis. Coas súas letras e sobor de todo, coas súas introduccións as cancións tentaresmos facer entre todos un pouco máis de Pais.

Recomendamos que visitedes a súa páxina Web: www.tinobaz.com

Comentarios (2) Ago 19 2008

O Bloque de Outubro xa está na rúa

Posted: under Voceiros.

Bloque 04

Non sen certo retraso, o habitual Bloque mensual sae á rúa. Nesta semana chegará a todos os fogares do noso concello. Novamente o Parque Eólico Albariño I é un dos temas máis importantes, pero a partires de agora deixaremos un espazo permanente para a difusión do acontecido nos Plenos do Concello. Adxuntamos o mesmo en formato pdf para a súa descarga.
Bloque 04 – Outubro 2007

Comentarios (0) Nov 20 2007

O Bloque de Setembro xa está na rúa

Posted: under Voceiros.

bloque setembro

Novamente sacamos o Bloque número 3. Nestes días subiremos individualmente cada artigo para que podades opinar sobre eles. Namentres, podedes descargalo en pdf. Se non vos está a chegar á vosa casa, mandádenos un correo electrónico a: balcaxia@gmail.com

Bloque 03 – Setembro 2007

Comentarios (0) Out 09 2007

Xa está na rúa o Bloque de Agosto

Posted: under Voceiros.

Bloque 02

Cáseque non nos dan as datas, pero xa comezamos a distribuir o Bloque número 2. Se non vos chega nesta semana, podedes pedir un exemplar no noso enderezo electrónico ou na sede en Santa Liberata.

Adxuntamos o exemplar en pdf nesta mesma anotación, para o que o queira conservar: Bloque 02 – Agosto 2007

Comentarios (1) Ago 28 2007