Avanzando nas redes – Traslado

Posted: under Novas BNG.

O BNG en Baiona sigue avanzando no uso da rede como xeito de rachar a barreira mediática que silencia o seu traballo. Desta vez modificamos o medio de emitir as nosas novas cara un enderezo integrado na web nacional do BNG, cunha presentación máis amable e con acceso inmediato ás novas nacionais.

Agardamos que sexa do voso agrado e… Adiante co BNG!

NOVA WEB: http://www.bng-galiza.org/baiona/

Comentarios (0) Set 26 2012

Humanización de Sabarís – Hai alternativas

Posted: under Novas BNG.
Tags: ,

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar en rolda de prensa as súas impresións e iniciativas respecto aos sucesos derivados do inicio das obras de humanización da Avenida Xulián Valverde, na parroquia de Sabarís.

Nesta rolda de prensa participaron Ana Rodríguez, Portavoz Municipal do BNG no Concello de Baiona e Henrique Viéitez, deputado do BNG no Parlamento Galego.

Cabe resaltar que foi o BNG, na etapa na que tivo responsabilidades de governo no Concello de Baiona quen iniciou o proceso de humanización da Avenida Xulián Valverde, avenida que vertebra a parroquia e que ficou esquencida durante longos anos, obviando as súas potencialidades. Mais que o proceso o iniciase o BNG, firme defensor das humanizacións como xeito de dinamización, nomeadamente zonas deterioradas, ailladas ou de menor confluencia de povoación, non quere decir que se comparta o xeito de actuar do Governo Municipal do Partido Popular. Read More

Comentarios (0) Xuñ 07 2012

Convocatoria – Pleno Municipal

Posted: under Novas BNG.

Mañá Xoves, a partires das 12 da mañá e na Sala de Plenos do Concello de Baiona vaise celebrar Pleno Municipal.

O BNG en Baiona vén de presentar dúas mocións para o seu debate e aprobación:

– Moción en defensa do Ensino Público Galego.

– Moción sobre a situación do novo Hospital de Vigo.

Novamente se observa o errado da decisión do Partido Popular no tocante á periodicidade dos Plenos Municipais. A celebración dos mesmos cada dous meses obriga a que a ordo do día do presente conste de catorce puntos. Demencial e algo que pretende silenciar o debate por esgotamento. Non bastaba con convocalos ás doce da mañá, imposibilitando que a maioría dos habitantes de Baiona non podan acudir aos mesmos e de paso entorpecer o máximo posible a vida laboral do/as concelleiro/as con obrigas laborales, tamén optan pola bimensualidade. Nada queda para evitar a súa celebración e afogar definitivamente as alternativas reais que poda presentar o BNG.

Comentarios (0) Xuñ 06 2012

Rolda de prensa do BNG – Humanización de Sabarís

Posted: under Novas BNG.

O BNG en Baiona realizará hoxe unha rolda de prensa, a partires das 12 da mañá, co fin de expoñer a súa visión e actuacións respecto ao proceso de humanización da rúa Xulián Valverde en Sabarís.

Intervirán Ana Fernández, Portavoz Municipal no Concello de Baiona e Henrique Viéitez, Parlamentario galego.

Comentarios (0) Xuñ 06 2012

Plan Especial de Ordenación do Porto de Baiona

Posted: under Novas BNG.
Tags:

1.1.- Situación

1.2.- Ordenación PXOU

1.3.- Ordenación Casco Histórico

1.4.- Ordenación delimitación espazos e usos portuarios

1.5.- Edificacións e usos existentes

1.6.- Rede de servizos existentes

2.1.- Delimitación do ámbito

2.2.- Ordenación

2.3.- Rede de servizos propostas

Memoria

Comentarios (0) Mai 22 2012

O BNG en Baiona presente nas redes sociais

Posted: under Novas BNG.

Conscientes da importancia que teñen no día de hoxe as redes sociais como medio de interrelación coa cidadanía, o BNG en Baiona vén de estar presente nas redes socias, nomeadamente Facebook e Twitter.

Podedes atoparnos no Facebook co nome Bng Baiona e no Twitter como @bngbaiona

En breve tamén contaremos con conta en Cabozo, a primeira rede social galega.

Tamén podedes contactar connosco polos medios tradicionais:

Correo electrónico: baiona@bng-galiza.org

Contacto telefónico: Tedes á vosa disposición os teléfonos do Responsábel Local e a Portavoz Local no apartado de Executiva Local e Concelleir@s do BNG.

Vémonos nas redes.

Comentarios (0) Abr 19 2012

Boletin BNG Outubro 2011

Posted: under Novas BNG.

Podes descargar o noso último boletin dende o seguinte enlace:

Bloque 06 – Boletin BNG Baiona Outubro 2011

Comentarios (0) Nov 15 2011

CENTRO DE DIA PRIVADO

Posted: under Novas BNG.

http://www.valminor.info/novas/baiona/3562-o-bng-denuncia-a-privatizacion-o-centro-de-dia-de-baiona-e-a-reducion-de-prazas-a-metade

Comentarios (1) Xul 30 2011

TRAMPA MORTAL

Posted: under Novas BNG.

http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/07/28/bng-denuncia-trampa-mortal-peatones-o-xuncal/566655.html

Comentarios (0) Xul 30 2011

O CONCELLO RECNUNCIA O CONCURSO DE ASESORIA XURIDICA E XUDICIAL

Posted: under Novas BNG.

O pasado dia 3 de maio , en vísperas electorais, o alcalde asinou un decreto para a convocatoria dun concurso para a prestación do  servizo  de asistencia  xuridica e xudicial por dous anos.

¿Por qué oito días antes dunhas  eleccións o alcalde ten interese  en  sacar este concurso?

¿non seria mais axeitado  esperar a o novo goberno  que adquirira este compromiso?

¿Tiña o alcalde algún interés en alguen para este posto?

O dia 27 – 5 – 2011 a mesa de contratación `procede a apertura da documentación.

O dia 31 – 05 – 2011 volve a reunirse a mesa de contratación para a apertura das ofertas.

Aproximadamente una semana mais tarde deberán convocarnos os integrantes da mesa para resolver e adxudicar (ese sería o proceso normal). Pero a dia de hoxe non fomos convocados.

O pasado 17 – 6 -2011 o alcalde solicita un informe a secretaria sobor do concurso,  ¿porqué?

O 28 – 6 – 2011 A secretaria emite o informe donde dí que as bases do concurso son ilegais (unas bases que están asinadas por ela mesma  ¿? ).

O 04 – 7 – 2011 o alcalde emite una resolución renunciando o concurso proposto.

As conclusions que sacamos dende o BNG  desta  OSCURA HISTORIA e que a falla de transparencia do goberno  do sr.Almuiña queda outra vez  demostrada. Traballa para os seus intereses e os do seu partido, a conta dos intereses colectivos.

Si non son capaz de meter os meus con un concurso, o anulo e xa buscarei a formula para facelo doutro xeito. Ésta e a bandeira do alcalde de Baiona.

Seguramente ten base legal para facelo pero nós  o BNG queremos decirle que esto É XOGAR SUCIO, que non e ético, que non somos todos iguais, que seguiremos fiscalizando a súa acción de goberno. Gústelle ou non, con Plenos mensuais ou bimensuais seguiremos traballando polos vecinos de Baiona.

Comentarios (2) Xul 14 2011