Un colexio sen alumnos.

Posted: under Novas BNG, Plenos.

Mañá comeza o curso escolar e os Pais e Nais dos rapaces do colexio de Fontes non están pola labor de que os seus fillos e fillas inicien o curso escolar na situación na que se atopan sobre todo os baños desta intalación.

Sómente reclaman unas labores de mantemento namentres a Xunta no remodele por completo os baños, solicitan o cambio de grifos, e pomos de portas sobre todo, así como o pintado de soportes de lavamáns, entre outras cuestións menores. Traballos de mantenemento que xa debería de terse realizado durante o período estival.

Agora mesmo existe unha cruzada entre a Anpa de Fontes e o Concello, que é preciso eliminar, sentandose todos nunha mesa e chegando a uns acordos de mínimos. Tras a cabezonería do Sr. Alcalde de non atender a presións, atopámonos hoxe a 1 dia do comezo das clases sen ningún tipo de solución.

visita-fontes
Visita da Deputada Carme Adan o Colexio de Fontes xunto coa ANPA a Directora e os concelleiros do BNG
NOTA DE PRENSA DO BNG DE BAIONA COLEXIO DE FONTES

O BNG de Baiona quer manifestar a súa solidariedade con a ANPA do colexio de Fontes ademais de con todo os pais e nais que se negan a que os seus fillos e fillas acudan o colexio no estado lamentábel no que se atopa.

Si ben e certo que a Xunta xa se comprometeu a realizar as obras de infraestrutura necesaria, tamén e certo que non por iso se deben abandonar as de mantemento que lle corresponden o Concello.

Non entendemos como unhas obras menores como son as que solicita a ANPA, para que os seus fillo/as poidan comezar este novo curso escolar dunha maneira decente pódense negar reiteradamente por parte do Sr. Alcalde xa que o seu custe non supón ningún desfase nos orzamentos municipais, mais ben parece unha cuestión de cabezonería e non económica.

Non entendemos a actitude do Sr. Alcalde que unha vez mais antepón os intereses partidista a os dos seus veciños, de todos e sabido a pouca aposta que o PP fai polo ensino público pero entendemos que o Sr. Almuiña debera de estar por enriba de todo isto, e defender a seus veciños/as que para iso foi elixido.

Está xerado un conflito na parroquia de Baiña e Baredo que non debera existir e que o Alcalde ten a responsabilidade de resolver canto antes polo que o BNG de Baiona, lle esixe o Sr. Alcalde que convoque unha reunión urxente de portavoces e cos representantes dos pais e nais (ANPA) ademais do equipo directivo do colexio de Fontes, con o fin de chegar a unha solución deste conflito a maior brevidade.

BAIONA 09 SETEMBRO 2009

XOSE ENRIQUE FDEZ ROBERTO VALVERDE SABIN

Comentarios (1) Set 09 2009

Pleno Extraordinario Oramentos 2009

Posted: under Novas BNG, Plenos.

radio-bng

radio-bng

Comentarios (0) Abr 25 2009

Que é o consorcio

Posted: under Plenos.

Consorcio

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, integrado pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia e por 237 concellos galegos, é a fórmula xurídica escollida para unha xestión moderna e innovadora dos servizos sociais.

Algunha das vantaxes deste modelo é a de que se poida garantir a prestación de servizos de calidade con niveis suficientes de cobertura, a flexibilización do acceso e do uso dos recursos sociais e a mellora dos dispositivos de coordinación. Igualmente, redundará en beneficio da eficiencia e da eficacia no desenvolvemento das competencias propias da Xunta, tanto na planificación coma na programación, na ordenación e na coordinación do Sistema Galego de Servizos Sociais. Dende a Vicepresidencia da Xunta apóstase pola posta en marcha de políticas sociais do século XXI, modelos innovadores que apostan decididamente pola iniciativa pública e por un compromiso de xestión en clave de País. Trátase dun sistema de servizos que ten por obxectivo cohesionar e artellar socialmente o país, con intervencións dirixidas a consolidar o noso tecido sociocomunitario, reforzando os vencellos sociais e combatendo os procesos de desestructuración terriotorial e social que os debilitan.

O Consorcio conta con dúas áreas de traballo: Igualdade e Benestar. Na primeira púlase pola igualdade entre homes e mulleres co desenvolvemento do V Plan de Igualdade de Oportunidades, así como pola protección das mulleres vítimas de malos tratos. As familias son tamén obxecto de atención desta área e, para o seu benestar, trabállase desde o Consorcio na posta en marcha do IV Plan Integral de Apoio ás Familias.

No terreo do Benestar o principal proxecto é a creación da Rede Pública de Atención á Terceira Idade e á Dependencia, na busca, entre outros aspectos, de mudar neste eido a relación de dependencia dos concellos respecto da Xunta de Galicia. A atención á xuventude tamén terá cabida no Consorcio, coa estreita colaboración na xestión dos Centros Quérote postos en marcha pola Vicepresidencia da Xunta. Outros dos ámbitos de actuación focalizados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar será a loita contra a pobreza e a exclusión social, estratexia que se desenvolverá sobre a base do II Plan Galego de Inclusión Social.

Ademais, o Consorcio é o organismo xestor da Rede Galega de Escolas Infantíns –Galescolas-, un proxecto educativo de calidade para crianzas de entre tres meses e tres anos que ten por obxecto adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega.

Grazas o acordo unánime de todos os grupos políticos no pasado Pleno, Baiona pasa a ser un dos concellos integrantes do consorcio galego de benestar.

Nestes momentos están en fase de costrucción o Centro de día en Sabarís e a Guardería Infantil poderá pasar a formar parte de rede de Galescolas da Xunta de Galiza.

Comentarios (0) Abr 15 2008

Hoxe tivemos Pleno en Baiona.

Posted: under Plenos.

consorcio galego de Benestar

Hoxe tivemos pleno, e foi un pleno que coidamos que mañá terá certa repercusión na prensa. E non porque se tratase algún punto na orde do día especialmente relevante. Xa que os punto que se trataron na orde do día foron:

1.- Adicar unha rotonda en Sabarís o Xeneral do Exercito do Aire Santos Peralba.

2.- Adxudicación a empresa Urbaser a Xestión do Punto limpo e a recollida de Envases e Papel-cartón.

3.- Adhesión do Concello de Baiona o Consorcio Galego de Benestar.

O salón de plenos estaba hoxe algo máis concurrido que en pasadas citas, o sorprendente era ver alí a unha parexa de Policías Municipais, xa que nos últimos plenos non tiña estado nin un só, resulta que xa estaban en sobreaviso o Sr. Alcalde de que hoxe posiblemente os vendedores de peixe da praza de abastos de Baiona fosen a manifestarse. Pois uns intres antes de que comezase o pleno un grupo de unhas 15 persoas accederon o salón de plenos e deixaron que este comezase sen maior problema.

Tratouse entón o primeiro punto que foi aprobado por unanimidade, e cando comezaba o Sr. Rodal coa exposición do 2º punto estas persoas que se atopaban todas elas de pé por non existir cadeiras baleiras despregaron uns papeis onde se podía ler que pedía Xustiza ante a situación na que se atopan, logo tras un par de minutos cos papeis despregados e cando todos os medios xa lle sacarán fotos, decidiron acercarse ata colocarse xusto diante do Alcalde, para logo de uns intres retirarse eles mesmos do salón de plenos, sen que se tivese que empregar en ningún momento a forza. Recordar que esta reivindicación dos vendedores de peixe da praza de Abastos, vai ligada a da concentración da semana pasada diante da casa do Concello, reclamando que se elimine a venta ambulante ilegal de peixe que existe en Baiona, ademais de melloras nas instalacións da praza de Abastos.

Queremos aproveitar para felicitar a todos e todas as persoas que hoxe protagonizaron esta reivindicación polo seu saber estar, e manifestarse sen ter que recorrer o insulto, nin a descalificacións a ningún dos membros da corporación.

Despois de este pequeno altercado, continuou o pleno e neste segundo punto da orde do día o PSoE abstívose e os dous concelleiros do BNG votarón en contra. Xa que o BNG de Baiona está totalmente en contra da privatización de servizos públicos, e esta adxudicación do equipo de goberno non deixa de ser outra cousa que unha privatización da xestión do Punto Limpo que a maiores suporá, según os orzamentos do ano 2008, aprobado no anterior pleno de un incremento no gasto de 110.000 € pasando no ano 2007 de unha partida de 90.000€ a unha nova partida neste ano de 210.000€.

De seguido, se pasou o terceiro punto da orde do día, que era a adhesión do Concello de Baiona o Consorcio galego de Benestar. Apartado que tamén foi aprobado por unanimidade. Non sen antes ter recordado polo BNG que Vicepresidencia da Xunta de Galicia está a subvencionar a creación dun centro de día en Sabarís con un total de 600.000 € e a tan agardada gardería Municipal, que está en construción, poderá integrarse na rede de Galescolas da Xunta de Galiza co conseguinte beneficio para os veciños e veciñas de Baiona.

O remate destes puntos se presentaron dúas mocións de urxencia unha verbal por parte do portavoz do PSOE referida a situación vivida no salón de plenos con referencia as protestas do vendedores de peixe da praza de abastos e que  finalmente non foi aprobada a súa urxencia polo equipo de goberno. Pola nosa parte o BNG tamén presentamos outra moción que detallamos a continuación e que tampouco foi aprobada a súa urxencia.

O GRUPO MUNICIPAL DO B.N.G. PRESENTA Ó PLENO DO CONCELLO DE BAIONA A SEGUINTE MOCIÓN DE URXENCIA SOBRE A ADICATORIA DUNHA ROTONDA DA PARROQUIA DE STA. CRISTINA SITA NA AVENIDA DE SABARÍS CO CRUCE DO CAMIÑO REAL, AOS IRMÁNS LUÍS LÓPEZ LUÍS E JOSÉ LÓPEZ LUÍS, COÑECIDOS COMO “OS INESES”: Un dos episodios máis sanguentos da guerra de 1936 foi o que aconteceu unha mañanciña do 16 de outubro de 1936 na coñecida como Enseada da Bombardeira, no quilómetro 58 da estrada Pontevedra-Camposancos, e dende o tráxico suceso coñecida popularmente como “A Volta Dos Nove” onde nove persoas foron, vexadas, humilladas e asasinadas impunemente. Vinganza era o que buscaban os asasinos naquela triste madrugada. O desencadeante do asasinato foi a persecución de dous dirixentes da sociedade obreira de oficios varios de Sabarís:Luís López Luís e José López Luís. Irmáns, fillos de Inés Luís Mosquera e de Luís López Martínez. Pola nai eran coñecidos como Os de Inés ou Os Ineses. Tiñan unha pequena explotación agraria mesmo fronte aos espléndidos petroglifos de Outeiro dos Lameiros .Os dous irmáns, Luís de 46 anos e José de 41, estiveran en América e regresaran con ideas progresistas e ecoloxistas. Eran vexetarianos e un deles impartía clases de esperanto aos labregos. O maior de ideoloxía socialista, o máis novo, anarquista. Ao triunfar o golpe militar agocháronse en varios lugares ata que decidiron esconderse na casa dun señor maior e cego, Ventura Pérez, coidado por Dolores Samuelle Álvarez, coñecida como Perfecta. As pescudas dos falanxistas, inspiradas polo tristemente coñecido Cabo Pena, comandante do posto da garda civil de Baiona, tiveron éxito e as sospeitas de que alí estaban Os Ineses fóronse confirmando porque Perfecta levaba moito pan e o xornal que non podía ser para ela que non sabía ler nin para o cego.O cabo Pena e o falanxista Refojos entraron na casa e toparon os dous irmáns. Un deles disparou e feriu a Refojos que morreu dous días despois.A Pepe matárono nunha viña preto da casa de Ventura e a Luís contra a tapia do camposanto de Sabarís. Os falanxistas mataron tamén a señora Perfecta, de 71 anos, e para humillala enterrárona entre os dous irmáns nunha foxa  do cemiterio civil.

O grupo municipal do B.N.G. solicita a aprobación polo Pleno da Corporación de Baiona da seguinte MOCIÓN: 

Adicar a rotonda ou glorieta da parroquia de Sta Cristina sita no cruce da Avenida de Sabarís co camiño Real aos irmáns López Luís, pasando a denominarse Rotonda dos Ineses ou Glorieta dos Ineses en recoñecemento a estes dous irmáns fillos de Sabarís e como dicía o “Faro de Vigo” do 15 de outubro de 1936 :”Coñecidísimos nesta comarca pola significación extremista e desempeñando un deles o cargo de tenente de alcalde de Baiona”. 

Baiona, 3 de abril de 2008 

 Ana María Rodríguez Fernández          Xosé Enrique Fernández Fernández

Concelleira do B.N.G.                                 Portavoz Municipal do B.N.G.

O motivo polo cal presentamos esta moción por urxencia é porque o Sr. Alcalde ten por costume no elevar o pleno as moción presentadas polos BNG de Baiona. Ou aproveitalas para logo convértelas en mocións conxuntas. Sorprendentemente o PSOE tamén se abstivo na votación da urxencia desta moción. De todos os xeitos meteremos esta moción por rexistro e xa veremos se a Sr. Alcalde a inclue entre os puntos da orde do vindeiro pleno de Maio.

Xa para rematar no turno de rogos e preguntas o Sr. Alcalde contestou as preguntas que fixo o BNG no pasado pleno referidas a festa da arribada e contestounos que se instalaron un total de 210 postos, que se retiraron 18 tras reiterados incumprimentos por parte destes, e que se recadaron un total de 18.000€ polos postos, a relación total de ingresos e gastos que tamén solicitamos non poden día de hoxe mostralos, xa que todavía non os teñen rematados, logo o PSOE realizou un batería de preguntas sobre a situación da praza de abastos e os vendedores da mesma, que non obtiveron resposta por parte do Sr. Alcalde, quedando pendentes para o vindeiro pleno.

O BNG realizou as seguintes preguntas:

PREGUNTAS DO GRUPO MUNICIPAL DO B.N.G. AO PLENO DO DÍA 3 DE ABRIL DE 2008

1-¿Sabe o Sr. Alcalde que o paso de peóns que estaba enfronte da rúa Elduayen esta para despistar oas condutores e as persoas que queren cruzar a estrada por estar mal borrado?

Resposta Sr. Alcalde: Non sei a que paso de peóns se refire.

2-¿De quen é competencia pintalo ben de cor negro para borralo?

Resposta Sr. Alcalde: A competencia da rúa Elduayen é de Política Territorial.

3-Na parte superior do Plan Parcial Virxe da Rocha había unha serie de árbores de dimensións considerables ,¿quen mandou talalos?

Resposta Sr. Vilar: Os veciños tiñanse dirixido o Concello para informar da problemática cos eucaliptos que alí había, e é por iso polo que no Concello se puxo en contacto con unha empresa para que os cortase e levase a madeira en compensación polo traballo…….. (nunha videira anotació falaremos logo e tendido sobre este tema).

9-¿Qué medidas se levan tomado cos vendedores ambulantes ilegais neste concello?

10-¿Teñen identificados a algúns destes vendedores?

11-¿Ten chegado algún acordo consensuado o goberno municipal cos vendedores da praza de abastos?

12-¿Cando pensan colocar as portas prometidas na praza de abastos para que poida ser mais agradable tanto a venta como a compra dos productos alí ofertados e non ter que pasar frío polas correntes de aire que alí se xeneran?

13-¿É certo que o goberno municipal está preparando unha Feira de Abril en Baiona?14-¿Dónde se vai celebrar?15-¿Cal é a data da festa?16-¿En que vai consistir?

Comentarios (2) Abr 03 2008

Resumo do Pleno de Outubro

Posted: under Plenos.

parque eolico en carnota

O pasado xoves 4 de outubro celebrouse o pleno do Concello, coma sempre ás doce da mañá, para que poucos poidan ser os asistentes. Nin tan sequera puido asistir a prensa, debido á coincidencia co pleno do Concello de Gondomar.

Estes son os puntos máis destacables da orde do día: O Parque Eólico, a solicitude de retirada da peaxe na Autoestrada e a designación dos Festivos Locais para o 2008.
Read More

Comentarios (0) Nov 26 2007

Resumo do Pleno de Setembro

Posted: under Plenos.

ponte provisional sabaris

No Pleno do mes de setembro o Goberno Municipal levou a aprobación a modificación das tarifas do aparcadoiro do Aral. Na primeira hora pásase de 0,90 € a 1,20 €, tarifa que xa se estaba a cobrar irregularmente o pasado verán. O BNG solicitou que se restituíran as prazas eliminadas en superficie. Éstas foron as respostas do PP: “Se a xente que ven a Baiona non ten a capacidade económica para coller o coche e metelo no parking, que non veña”, “calquera veciño de Baiona, cando merca un vehículo, o primeiro que ten que ter é un lugar onde aparcalo, senón que non o compre” ou “a xente que ven de Baiña ou de calquera outro lugar da nosa vila, que veña andando”. O BNG non cre que por ter coche teñamos que pagar polo seu estacionamento.

Read More

Comentarios (2) Nov 24 2007