Chegou o correo?

Esta é a pregunta que todos os Baioneses nos facemos diariamente, sobor de todo nos comercios e empresas en datas coma estas nas que se está a esperar por esas facturas de fin de més para poder pechar o trimestre e poder enviarlle toda a información a xestoría para que `prepare o Ive.
Onte saía una referencia no Faro de Vigo una nota sobre este tema. Algo que xa ten denunciado o BNG en multitude de ocasións. A falta de persoal, engadido a problemática das direccións nas parroquias, fan que, por poñer un exemplo, cando Paco (Carteiro de Sabarís) está de Vacacións ou enfermo o correo xa non é que tarde 15 días, senon que chega a tardar máis de 30.
A solución coidamos que non é unha soa, senon unha serie de elas, como poden ser:
1º- Todos debemos de dispoñer de Buzon para o Correo e ben visibel.
2º- Debemos de revisar todo o noso correo e correxir aquelas direccións que non se atopen axustadas a nosa dirección: verificar o nome da rúa, o Lugar, a Parroquia e o Código Postal.
3º- O Concello debe revisar a numeración das rúas e camiños, así como elaborar un rueiro de todo o Concello.
4º- Correos deberá de dispoñer do persoal preciso para a demanda de correspondencia existente en cada Parroquia deste Concello, é reforzalo naqueles meses que sexa preciso.
Pola parte que nos toca a nós, podremos elevar o Pleno unha moción referente os apartados 3º e 4º para tentar solventar esta problemática.
chuzame - 
