Moción sobre a situación do Novo Hospital de Vigo

Posted: under Mocións e alegacións.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O actual Goberno galego renunciou á construción do Novo Hospital de Vigo de xeito directo e con recursos propios e puxo en marcha un novo proxecto con financiamento e xestión privada, o que hipoteca durante vinte anos a prestación sanitaria, ao detraer unha inxente cantidade de recursos económicos por encarecer de xeito escandaloso o custo sobre o proxecto inicial. Read More

Comentarios (0) Xuñ 06 2012

Moción en defensa do Ensino Público Galego

Posted: under Mocións e alegacións.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A comunidade educativa galega a través de diferentes entidades (organizacións sindicais, ANPAS, movementos de renovación pedagóxica, organizacións estudantís  partidos políticos…) constituíu a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para manifestar o rexeitamento ao Real Decreto-Lei 14/2012, publicado polo goberno do Estado,  para esixir da Consellaría de Educación que non   aplique en Galiza  ningún dos recortes contidos no RD Lei e que o recorra  por invadir as competencias  que en materia educativa ten a Xunta  de Galiza.  Read More

Comentarios (0) Xuñ 06 2012

Chegou o correo?

Posted: under Mocións e alegacións.

Correos

Esta é a pregunta que todos os Baioneses nos facemos diariamente, sobor de todo nos comercios e empresas en datas coma estas nas que se está a esperar por esas facturas de fin de més para poder pechar o trimestre e poder enviarlle toda a información a xestoría para que `prepare o Ive.

Onte saía una referencia no Faro de Vigo una nota sobre este tema. Algo que xa ten denunciado o BNG en multitude de ocasións. A falta de persoal, engadido a problemática das direccións nas parroquias, fan que, por poñer un exemplo, cando Paco (Carteiro de Sabarís) está de Vacacións ou enfermo o correo xa non é que tarde 15 días, senon que chega a tardar máis de 30.

A solución coidamos que non é unha soa, senon unha serie de elas, como poden ser:

1º- Todos debemos de dispoñer de Buzon para o Correo e ben visibel.

2º- Debemos de revisar todo o noso correo e correxir aquelas direccións que non se atopen axustadas a nosa dirección: verificar o nome da rúa, o Lugar, a Parroquia e o Código Postal.

3º- O Concello debe revisar a numeración das rúas e camiños, así como elaborar un rueiro de todo o Concello.

4º- Correos deberá de dispoñer do persoal preciso para a demanda de correspondencia existente en cada Parroquia deste Concello, é reforzalo naqueles meses que sexa preciso.

Pola parte que nos toca a nós, podremos elevar o Pleno unha moción referente os apartados 3º e 4º para tentar solventar esta problemática.

Comentarios (1) Abr 11 2008

O BNG PRESENTA ALEGACIÓNS AO NOVO POLIGONO DE FONDEO

Posted: under Mocións e alegacións.

barbeira baiona

– O polígono en cuestión é de 36.362,73m2, tal como se presenta no proxecto ,a incidencia do vento nas embarcacións con marea baixa casi duplica esa superficie ao estar o cálculo erróneo debido ao radio do círculo de borneo.

– No referente a memoria técnica,nos criterios básicos do proxecto dí que un dos puntos fundamentais desta oferta é que sería apoiada pola villa de Baiona.

– No BNG preguntámonos si en algún intre, foron quen de facer algún referendun ao respecto, ou tan siquera algunha enquisa, e si foi así, quixeramos ser coñecedores do resultado.Tamen di neste apartado que medioambientalmente o impacto seria nulo ao manter o sistema que sempre se viu empreñando. Sen dúbida este non deixa de ser un plantexamento tan interesado como erróneo xa que, todos sabemos que calquera elemento por pequeno que sexa que se instale no fondo do mar altera sustancialmente o seu entorno, incluso, dependendo do seu volumen podera alterar as corrientes, de tal xeito que, si ata o de agora os mortos instalados ao longo dos anos puderon incidir no medio , podémonos imaginar como actuará si se meten de golpe 52 mortos de 2x2x0,5.

– No proxecto o MRCYB fai gala dos 15 anos ininterrumpidos que este clube ten recibido a bandeira azul, que lle recoñece a sua labor no cuidado do medioambente, e nós o BNG queremos recordarlle que ano tras ano esa entidade ten feito verquidos de gasoil e outras subtancias(patentes e restos de pinturas e disolventes) ao mar directamente, e que incluso fomos nós os que o ano pasado presentamos ante Capitanía Marítima unha denuncia a que se nos contestou por parte do seu máximo responsable da apertura do correspondente expedente; o cal quere decir que nin a bandeira azul nos ofrece garantías medioambientais nin moito menos a sua bontade, que por experiencia xa sabemos ata donde pode chegar.O que indica que debera de buscarse unha solución que ofreza garantías aceptables.

– Na memoria descriptiva dos servizos ofertados,non contan con mais prazas de aparcamento que as do aparcamento da Palma, cando todos sabemos que a día de hoxe atópase pechado e con un futuro incerto, a non ser que teñan previsto facerse eles mesmos coa concesión; en todo caso a día de hoxe non resolven o problema.

– A lamina de auga reflexada, invade a zoa de protección da praia Barbeira según establece o plan de usos aprobado recentemente.

– Como conclusión final o BNG solicita se teñan en conta as alegacións presentadas e se desestime este proxecto por non ser de interese publico, non resolver os problemas de amarre indiscriminado e afectar gravemente o medio natural e a zona de marisqueo e de faena dos mariñeiros que levan traballando na zona toda a sua vida.

Baiona 29 de novembro 2007

XOSE ENRIQUE FDEZ FDEZ

Comentarios (0) Nov 30 2007

O BNG presenta alegacións á Modificación do PERI 5

Posted: under Mocións e alegacións.

O Grupo Municipal do BNG ante a exposición pública da Modificación Puntual Nº4 do PXOU no Peri V / UE 5 en Covaterreña Baiona queremos manifestar:

Read More

Comentarios (11) Nov 20 2007

Moción de urxencia do BNG, motivada polo anuncio da Consellería de Política Territorial da reforma dos enlaces da AG-57

Posted: under Mocións e alegacións.

Exposición de Motivos.

O Pasado Mércores, 19 de Setembro, a Conselleira de Política Territorial, María José Caride e a Delegada desta consellería na provincia de Pontevedra Isabel Domínguez anunciaron a próxima reforma dos enlace da AG-57 en Sabarís, a Ramallosa e Nigrán (Praia América), tramos que na actualidade só permiten a comunicación con Vigo.

O BNG dende o avance para a construción da actual autoestrada AG-57, sempre afirmou que o trazado proxectado non solucionaría o problema do tráfico non só en Baiona senón tamén no Val Miñor, e sempre sinalou a necesidade da creación de viais que fixeran as veces de circunvalación entre os tres Concellos do Val Miñor.

Read More

Comentarios (1) Out 04 2007

RESTITUCIÓN DAS PRAZAS DE APARCAMENTO ELIMINADAS DO ENTORNO DOS TENDAIS

Posted: under Mocións e alegacións.

Exposición de Motivos.

O BNG apoiou no seu día a proposta do equipo de goberno para a construción dun aparcadoiro soterrado no Aral, entendendo que era una moi boa fórmula para conseguir un número importante de prazas de aparcamento no Centro de Baiona, 500 apróx., é tendo en conta tamén que o uso da superficie quedara como uso deportivo, contando deste xeito con un campo de fútbol de céspede artificial e acondicionando toda a súa superficie.

Read More

Comentarios (1) Xul 27 2007