Silleiro

Posted: under Estado.

Bateria Silleiro

Acaba de comezar a IX Lexislatura no parlamento español, e Baiona, ten todavía se recuperar a Batería de Silleiro , o BNG xa iniciou xestión a finais da pasada lexilatura no parlamento Español, xestións para saber do estado da Batería de Silleiro.Batería de Silleiro

Os herdeiros dos titulares dos máis de 70.000 m2 de terra expropiados para a construción da Batería xa levan moitos anos demandado que se lles restitúan os seus dereitos. A Deputada do BNG en Madrid visitou as instalacións da antiga Batería en Baredo xunto con varios membros do noso partido e o presidente dos propietarios dos terreos afectados.

Grazas ao BNG, preguntouse no Congreso dos Deputados pola situación actual dos terreos de Silleiro, a posibilidade de indemnización aos herdeiros e herdeiras e o futuro uso que se lle poida dar ás instalacións da Batería.

A reacción do PP non se fixo agardar e dende o Concello se explicou na prensa que se estaba a colaborar cun grupo de espeleólogos para revitalizar e reutilizar as instalacións abandonadas. Sen embargo, dende o Concello non se fala do tema das indemnizacións aos familiares dos propietarios que se quedaron sen tomadas durante o réxime franquista.

Ante unha mostra máis da desmemoria histórica do PP, o BNG, dende a oposición, segue traballando para que as preocupacións dos veciños e veciñas de Baredo non caian no esquecemento.

Todavía o Goberno non contestou as preguntas formuladas sobre a Batería de Silleiro, e é por iso, que unha das primieras xestións que realicen os nosos parlamentarios sexa voltar a insistir en obter respostas a este tema.

O BNG de Baiona coida que é fundamental dar solución o actual estado da Batería de Sillero.

Comentarios (0) Abr 14 2008