Arquivos de Convocatorias

71 aniversario da Volta dos Nove

Imaxes do 70 aniversario.

O IEM e a comisión Volta dos Nove, organizan unha ofrenda floral este fin de semán con motivo do 71 cabo deano do asasinato de nove veciños do Val Miñor o 15 de outubro de 1936. realizaranse dúas ofrendas florais na memoria dos nove de Baredo e de todas as víctimas da sublevación militar fascista. A primeira das ofrendas terá lugar os sábado 13 de outubro ás 19:30h, ao pé do monumento que se ergueu na súa memoria en Baredo. Un acto breve no que participaran familiares e autoridades municipais do Val Miñor.A segunda das ofrendas terá lugar o domingo 14 de outubro, ás 13h (unha do mediodía) na punta do peirao de Panxón. Está prevista a participarán dos familiares e autoridades municipais de Nigrán.

__('Ler o resto desta anotación »')

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Convidamos ao Día das Aves

sos serra da groba

Desde o BNG, como fundadores e membros activos do colectivo SOS Serra da Groba queremos convidar a todos e todas as veciñas de Baiona ao Día das Aves na Serra da Groba.

Os compañeiros de Verdegaia nos comentarán, a través dun roteiro pola zona, de todas as especies afectadas pola posible instalación do Parque Eólico Albariño I.

Cómpre que esteades todos e todas alí para coller conciencia do grave delito ecolóxico que suporá a instalación de 21 aeroxeradores no noso monte.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Roteiro reivindicativo de SOS Serra da Groba

sos groba

O BNG de Baiona, como integrante do colectivo SOS Serra da Groba, anímavos a participar na visita guiada polo entorno que afectará a posible instalación do Parque Eólico Albariño I  en Baiona.

Como podedes ver no cartel, quedaremos ás 19.45 horas en Santa Marta e ás 20 horas no Bar de Nato, en Chjan da Lagoa, para logo partir hacia a Cruz de Pau, punto de encontro final para comezar a visitaás mámoas, petroglifos e entorno en xeral. Non perdades esta oportunidade de coñecer a Serra da Groba desde outro punto de vista diferente.

Recomendamos que levedes roupa de abrigo e algunha lanterna. A visita durará aproximadamente un par de horas.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

O BNG cós mariñeiros e mariscadoras de Baiona

Non podemos deixar de protexer unha lámina de auga empregada para marisqueo por parte de mariñeiros e mariscadoras de Baiona. Por iso, e fuxindo de valoracións partidistas ou sectarias, non podemos máis que unirnos á manifestación conxunta que se ven de convocar para o vindeiro Venres, a partires das oito do serán, saindo desde a praza do Concello. Novamente o BNG estará cós veciños e veciñas de Baiona.

TEXTO DA CONVOCATORIA (correxido gramaticalmente)

__('Ler o resto desta anotación »')

Chuzame! chuzame -

Comentarios (1)

Comisión de Seguemento das Riadas en Sabarís

Mañá Venres, a partires das 8 da tarde, no Colexio de Sabarís, quedou convocada unha nova asemblea para o seguimento das actuacións relacionadas có río Groba. Acudide, cómpre que a vosa voz se escoite.

Chuzame! chuzame -

Comentarios