Arquivos de contracapa

Cabodano da Volta dos Nove de Baredo

inauguracion da volta dos nove

Na vila de Baiona, provincia de Pontevedra ás dezaseis horas e dez minutos do día dezaseis de outubro de mil novecentos
trinta e seis, perante don Manuel Quintero Vilar, Xuíz municipal, e don José Rial e Rial, secretario, procédese a inscribir o
falecemento de don Manuel Aballe Domínguez de idade corenta e un anos natural de Panxón, Nigrán, provincia de Pontevedra, fillo de don Modesto Aballe Macaya e de dona Benita Domínguez Salgueiro, co enderezo en Panxón, de profesión mariñeiro, de estado casado con Antonia Rial Beiro natural e veciña do dito Panxón e de corenta e un anos de idade, deste matrimonio en únicas nupcias deixa dous fillos menores de idade chamados Eugenio e Víctor Aballe Rial; faleceu nesta vila á beira da estrada de Pontevedra a Camposancos no día de hoxe a iso das tres a consecuencia de hemorraxia cerebral segundo resulta de información facultativa en méritos de autopsia e recoñecemento practicado e o seu cadáver hase enterrar no Cemiterio de Baiona.

__('Ler o resto desta anotación »')

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Historias para o Museo da Xente do Mar de Baiona

highland pride

Estamos en setembro do 2007 e logo van comezar as obras dun museo redundante que lle dá outra volta máis ó PRIMEIRO de MARZO. En Baiona placas, rúas, monumentos, nomes en xardíns,instituto, auditorio; obras de teatro, desfiles de traxes, mil irmanamentos con outros pobos, unha festa de filloas, chourizos e borracheiras, a carabela-museo, doces, etc, etc. Tanto, tanto que xa empacha o palangre.

__('Ler o resto desta anotación »')

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Traxedias que deixan nome

naufraxio baiona

Foi o 5 de abril de 1900, xa Alfonso XIII tiña quince anos e pronto accedería ao trono de España. A súa nai, María Cristina, deixaría de ser raíña rexente.

Foi no xoves á mañá cando catro lanchas pincheiras foron largar os palangres na Banda do Sur, que é como dicir na costa de Baredo. Polo norte roncaban Os Carallóns e polo oeste ouveaba O Lobo, tanto que volveron a terra tres lanchas, só ficou no mar “La Regente” propiedade de Juan Santos, O Peito Ancho. De patrón ía SALUSTIANO DENIS CARNEIRO.

__('Ler o resto desta anotación »')

Chuzame! chuzame -

Comentarios (2)