O BNG en Baiona presente nas redes sociais

Posted: under Novas BNG.

Conscientes da importancia que teñen no día de hoxe as redes sociais como medio de interrelación coa cidadanía, o BNG en Baiona vén de estar presente nas redes socias, nomeadamente Facebook e Twitter.

Podedes atoparnos no Facebook co nome Bng Baiona e no Twitter como @bngbaiona

En breve tamén contaremos con conta en Cabozo, a primeira rede social galega.

Tamén podedes contactar connosco polos medios tradicionais:

Correo electrónico: baiona@bng-galiza.org

Contacto telefónico: Tedes á vosa disposición os teléfonos do Responsábel Local e a Portavoz Local no apartado de Executiva Local e Concelleir@s do BNG.

Vémonos nas redes.

Comentarios (0) Abr 19 2012