Un recado para o Sr. Alcalde de Baiona

Posted: under Novas BNG.

O Sr. Alcalde xa trasmitiu a súa mensaxe de cal é a súa visión do levantamento do pasado pleno. Non temos máis que ver a nota de prensa de hoxe en La Voz (coma sempre o servizo do que goberna) http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2011/06/17/0003_201106V17C11991.htm “El gobierno de Baiona reduce a la mitad los ingresos de la oposición”. Agora ben, como se pode ser tan mal intencionado na mensaxe cando neste pleno non se falaba nada das asignacións que percibirán os grupos da oposición?, de feito no apartado 4.- do informe de intervención onde tería que falarse precisamente das retribucións da oposición aparecía o seguinte 4.- (…). Que significa isto?

De todos xeitos quero deixar algo extremadamente claro. O BNG non ten problema pola retribución dos seus concelleiros, de feito pedirá no próximo pleno ordinario que teña a ben convocar o Sr. Alcalde que as percepcións por asistencias a plenos e comisións se reduzan un 50% sempre e cando se retomen os plenos mensuais. De este xeito demostraremos cal é a verdadeira intención do Sr. aalcade e cal é a nosa, a do BNG.

A cidadanía Baionesa, quiso que estivésemos na oposición e é este lugar o que queremos ocupar, e para poder levar acabo a nosa labor de control da acción do goberno e fiscalización precisamos poder dispoñer de plenos ordinarios todos os meses, para poder presentar mocións, facer rogos e preguntas.

Sr. Alcalde, pasámoslle a pelota.

Convoque plenos ordinarios mensuais e reduza a asignación da corporación nun 50%, o BNG apoiará esta medida sen fisuras.

Comentarios (0) Xuñ 17 2011

16-06-2011, data histórica en Baiona

Posted: under Novas BNG.

Hoxe en Baiona recortáronse os dereitos democráticos dos grupos da oposición.

O Sr. Almuiña pasará a historia como o Alcalde Baionés da democrácio menos democrático.

Comentarios (2) Xuñ 16 2011

Unha nova lexislatura.

Posted: under Novas BNG.

Comeza unha nova lexislatura e os concelleiros do BNG tomarón posesión na corporación Baionesa o pasado sábado. Agardan catro anos de intenso traballo. Ánimo compañeiros.

Xosé Enrique Fernández Fernández

Ana María Rodríguez Fernández

Comentarios (0) Xuñ 13 2011

A Auga nós preocupa.

Posted: under Novas BNG.

O BNG de Baiona preocúpalle a situación do Encoro de Baiña para poder suministrar auga a toda a veciñanza. Por isto, nos dóus últimos plenos ten feito preguntas o Sr. Alcalde. Obtendo como resposta no 1º pleno, que non tiñabamos nada de que preocuparnos, xa que uns expertos meteorólogos estadounidenses pronosticaban que teríamos uns meses de Maio e Xuño moi abundantes en precipitacións.

O BNG a través do deputado Herique Vieitez e o grupo parlamentario presentaron as seguintes inicativas no parlamento:

PNLC Baiona 65620-asinado

PROC_Garantía de subministro de auga en Baiona 65567-asinado

Comentarios (0) Xuñ 06 2011