IV SERÁN á beira do mar – BAIONA

Posted: under Novas BNG.

Comentarios (0) Mai 26 2011

Resultado Eleccións Municipais 2011

Posted: under Novas BNG.

A pesares da subida histórica en votos en unhas eleccións municiais, non foi suficiente para covertelo na subida de 1 novo concelleiro, polo que o resultado final non foi positivo.

Grazas os 952 veciños que confiaron en cambiar as cousas e apoiar o BNG, seguiremos traballando, con máis ganas para conseguir este obxetivo.

Resultados Municipais 2011

Comentarios (1) Mai 23 2011

O programa en 1 minuto: Prazas de Aparcamento.

Posted: under Novas BNG.

O BNG de Baiona se compromete a recuperar todas as prazas de aparcamento gratuitas de superficie eliminadas polo goberno do Sr. Almuiña, antes do día de San Xoán, este é o noso compromisa. En BAIONA Hai FUTURO.

Comentarios (0) Mai 11 2011

O programa en 1 minuto: Plan Xeral

Posted: under Novas BNG.

O gran fracaso do actual goberno do Sr. Almuiña foi a incapacidade de poñer en marcha un Plan Xeral, que consiga activar a economía local e a creación de emprego.

Comentarios (0) Mai 10 2011

O programa en 1 minuto: Baibús.

Posted: under Novas BNG.

Comezamos esta nova sección de explicación do noso programa electoral «O Programa en 1 minuto» con unha das nosas propostas estrela o Baibús. Un servizo de transporte interparroquial que o BNG quere poñer en marcha.

Comentarios (0) Mai 10 2011

de cheo na campaña!!!

Posted: under Novas BNG.

Xa está aqui, nos vindeiros días iremos amosando as nosas alternativas e propostas de goberno para Baiona, porque coa túa FORZA hai FUTURO.

Comentarios (0) Mai 06 2011

O Urbanismo en Baiona

Posted: under Novas BNG.

URBANISMO: Non ter sacado adiante o Plan Xeral de Ordenación Urbanística (PXOU) é sen dúbida o maior engano destes últimos catro anos por parte do Sr. Almuiña. A desculpa que dá dos cambios de lexislación cae polo seu propio peso: acaso só afectan estes cambios ao concello de Baiona? Outros concellos como os de Tui ou Moaña si tramitaron os seus planeamentos sen ningún problema. Baiona é un caso especial ou temos un alcalde mentireiro que actúa con escuros intereses? Por que aínda non se presentou o PXOU de Baiona? Que ten que esconder? Que intereses está a defender? Cantas recalificacións pensa levar a cabo?A quen pensa beneficiar? Cantos campos de golf se van construír?Van poder os veciños e veciñas das parroquias facer as súas casas? Poderán os nosos fillos e fillas beneficiarse dunha vivenda social?

Que pensa facer o Alcalde co Plan Especial do Porto? Pretenderá volver meter edificios no recheo de Ronáutica? Defenderá algunha vez os intereses de Baiona ou volverá antepor os intereses do seu partido, o PP, como fixo co Plan de Ordenación do Litoral, afectando nun primeiro a toda a vila e despois desafectando ata o que había que protexer.

Por que está calado agora que a Xunta volve intentar privatizar máis lámina de auga e botar fóra os mariñeiros montando no peirao unha estación marítima?

Coa aprobación provisional do PEPCHA, o Alcalde tivo a oportunidade de pór en valor o Conxunto Histórico. Sen embargo, por culpa das súas ataduras co clero foi incapaz de conseguir un só metro cadrado do seu terreo para uso e goce dos veciños e veciñas.

Un dos seus primeiros movementos escuros foi unha actuación relacionada co aparthotel de Sabarís: o Alcalde retirou unha anotación rexistral que impedía rexistrar os pisos que estaban en réxime de aparthoteis. A que se debeu este movemento? Quen o solicitou? Quen está detrás de todo isto?

Como neste Concello parece que xa todo esta feito, o goberno repite obras sen estrear. Non nos equivocamos, xa que o bombeo de Urgal foi repetido porque non funcionaba e o seu cambio de emprazamento custou 60.000 €. O de Fontes aínda non funciona: as tubaxes que se instalaron hai un ano e non se estrearon, cambiáronse por outras e supuxeron un gasto doutros 60.000 €. No ano 2007 fixeron unha obra en Herminio Ramos e en 2010 levantaron o tubo e a pedra e volveron a poñer outra (75.000€). As pluviais de Pouquena en Sabarís non funcionan e inúndanse cada pouco tempo (90.000€). En 2007 reformouse por segunda vez o Pavillón de Baiona (70.000€) e agora van volver tirar todo abaixo e van gastar 120.000 € só no tellado.Como van chegar os cartos co equipo de incompetentes co que contamos?

Parece que non corre presa acabar as obras de Sabarís que se iniciaron polas inundacións e que están sen rematar. Por exemplo, a Ponte Vella da Ladeira que despois de ser reformada volveu caer ou o desaugadoiro do camiño das monxas que quedou a medias. Agora parece que reclamarlle á Xunta que remate estas obras está fóra de lugar. O noso Alcalde volveuse vergonzoso e tímido ou será que se levanta a voz o Sr. Feijóo tíralle das orellas?

Un tirón de orellas é o que tería merecido cando decidiu o reparto do diñeiro que recibiu Baiona a través do plan E de Zapatero. Mentres nas parroquias seguen carecendo de infraestruturas básicas, o Alcalde decidiu que con eses cartos se ía volver levantar a pedra do Paseo Elduayen para colocar pedra nova. Cos cartos do Plan E tamén se colocou pedra nova en Herminio Ramos e na praza de Santa Liberta e se fixo a cuberta do pavillón do colexio de Fontes, unhas obras que se comprometera a pagar o Sr. Feijóo. Con amigos na Xunta como os que ten o Alcalde, non precisa de inimigos.

Unha inversión escandalosa é sen dúbida a da rotonda da nova saída da autoestrada en Sabarís que nos vai custar a todos e a todas 550.000 €. Non sabemos como o Alcalde vai ser capaz de xustificar eses gastos xa que a pesar de ter solicitado o proxecto no Concello,tan só nos deron o esquema das rotondas. Sen embargo, grazas a iso o BNG foi quen de informar e mobilizar os veciños e veciñas e de conseguir modificar a rotonda pequena que pretendían levar a cabo dando preferencia á saída e á entrada da autoestrada poñendo deste xeito en perigo aos usuarios e usuarias dos barrios próximos. Esta iniciativa do BNG foi respaldada pola coraxe dos veciños e veciñas que a pesar das ameazas do Alcalde saíron á rúa para defender os intereses de toda a poboación.

Descarga a Carta

Comentarios (0) Mai 04 2011

Carta a veciñanza Baionesa: A Crise en Baiona

Posted: under Novas BNG.

A crise na que estamos inmersos é cada día máis grande. Trátase dunha situación que estamos a padecer por culpa duns políticos desacreditados e polas súas mentiras que teñen como único fin chegar ao poder. Un claro exemplo destas políticas é a promesa feita polo Sr. Feijóo cando anunciou que en 45 días acabaría co paro: nada máis lonxe da realidade, pois o único que conseguiu o presidente da Xunta de Galicia foi que o paro aumentara aínda máis.

Baiona é outro claro exemplo do que non se debe facer en materia de emprego. É doado comprobar que os traballadores e traballadoras contratados polo Concello sempre son os mesmos: amizades e simpatizantes do PP. O resto dos veciños e veciñas non teñen ningunha posibilidade de seren contratados aínda que deles dependa o sustento das súas familias.

Con respecto aos funcionarios e laborais, os gobernantes fomentaron e seguen fomentando o desequilibrio salarial pagándolles a uns poucos privilexiados soldos de case 5.000 € ao mes mentres que outros non chegan aos 900 €.

Estas diferenzas salariais só desencadean conflitos laborais e inxustizas que repercuten directamente no funcionamento diario do Concello de cara á cidadanía.

O PXOU é sen dúbida o auténtico motor económico que Baiona precisaría hoxe máis que nunca para desenvolver plans urbanísticos e xerar solo para construír vivendas de protección. O PXOU tamén suporía a posibilidade de crear un polígono industrial co fin de facilitar a instalación de novas empresas e aumentar os ingresos nas arcas do concello, creando un viveiro de empresas municipais e facilitando o inicio das actividades de novos emprendedores.

Sen embargo, todos estes proxectos están paralizados polo interese político de seguir manténdose no poder en contra da veciñanza. Por exemplo, pretende desde hai varios anos ir botando pouco a pouco fóra do muelle pesqueiro aos mariñeiros, primeiro ocupando e privatizando a lámina de auga con clubes deportivos e iates, e agora ocupando o muelle cunha estación marítima. Deste xeito, os mariñeiros non só están sendo botados fóra do seu ámbito de traballo senón que se lles está impedindo realizar un labor que debera ser potenciado desde as administracións locais e autonómicas poñendo en valor a nosa pesca artesanal e o noso marisqueo como produto dos nosos recursos naturais.

O Sr.Alcalde é o único e máximo responsable desta desfeita e o auténtico artífice de que sexamos un dos concellos onde máis medrou o índice do paro. Neste mes de abril o Sr. Alcalde despediu a nove traballadores do Grumir, o equipo de emerxencias, e substituíunos por voluntarios. Isto lévanos á conclusión de que só temos dereito a unhas emerxencias de terceira clase e todo isto coa única finalidade de ir preparando o terreo para a privatización deste servizo que, seguramente e como sempre, se lle concederá a algunha empresa de “confianza”.

A seguridade cidadá é outra das eivas deste goberno. Nos últimos catro anos non foron quen de normalizar unha plantilla da policía, chegando incluso a xerar unha serie de conflitos laborais que tiveron como consecuencia a eliminación de parte do servizo deixando a Baiona a expensas da súa sorte.

Son constantes as ameazas do Sr. Alcalde aos membros deste corpo de profesionais que se negan a dobregarse aos seus caprichos e tamén a súa falta de respecto cando lles retira as multas aos seus amiguetes.

A falta de medios, o abandono de regulamento do tráfico nos colexios, así como a eliminación de case 400 prazas de aparcamento de superficie gratuíto no centro de Baiona son unha realidade coa que debemos convivir acotío.

Todos estes problemas non son unha casualidade senón que obedecen a unhas nefastas políticas interesadas que non benefician en absoluto á cidadanía.

Descarga a Carta


Comentarios (0) Mai 04 2011

Programa BNG-Baiona Municipais 2011

Posted: under Novas BNG.

Sómos o único partido político de Baiona que presentamos un programa completo e público para que todo o mundo poida acceder a él, non como o resto que o único que fai e plasmar 20, 30, 100, propostas soltas.

O BNG ten moi claro que Baiona quere, e ten moi claro que é o que se precisa para poder chegar a ela.

Podes descargar o programa Xeral ou das Parroquias dende aqui:

Programa BNG-Baiona Municipais 2011

PROGRAMA BAIONA

PROGRAMA BAIÑA

PROGRAMA BAREDO

PROGRAMA BELESAR

PROGRAMA SABARIS

www.xoseenrique.info

Comentarios (0) Mai 04 2011