www.xoseenrique.info

Posted: under Novas BNG.

Este ano máis ca nunca as novas tecnoloxías e sobre todo Internet a Rede de Redes, xogarán un papel importante nas eleccións municipais.

O BNG coma non podía ser doutro modo súbese o carro das novas tecnoloxías, e despois da posta en marcha deste Blog en Xullo do 2007, e da posta en marcha dun servizo novedoso coma foi Radio BNG para resolver unha demanda nos internautas baioneses para poder ter acceso os plenos do noso concello. Nesta ocasión poñemos en marcha un blog persoal do noso candidato.

www.xoseenrique.info

Así coma un perfil en

Agardamos que sexan do voso agrado.

Comentarios (0) Feb 25 2011

Programas Parroquias 2007

Posted: under Novas BNG.

Seguindo a mesma liña de onte, queremos subir os programas específicos para cada Parroquia do noso Concello que presentamos no ano 2007. E voltamos a insistir con que nos agradaría moito poder contar coa túa opinión para a elaboración de estes programas para esta campaña electoral.

PROGRAMA BAIÑA

PROGRAMA BAIONA

PROGRAMA BAREDO

PROGRAMA BELESAR

PROGRAMA SABARIS

Comentarios (0) Feb 24 2011

Programa electoral 2007 BNG Baiona

Posted: under Novas BNG.

Hoxe queremos achegarvos o programa electoral presentado polo BNG de Baiona as eleccións municipais do 2007. Si lle votades unha ollada poderedes comprobar que prácticamente a súa totalidade está todavía vixente, de feito o pensamos facer para estas eleccións será simplemente modificar as poucas cousas que non se axustan e tamén e gustaríanos moito que participásedes todos de esta labor e nos aportárades o voso graniño de area para poder elaborar esto novo programa.

Sómos o único partido político de Baiona que presentamos un programa completo e público para que todo o mundo poida acceder a él, non como o resto que o único que fai e plasmar 20, 30, 100, propostas soltas.

O BNG ten moi claro que Baiona quere, e ten moi claro que é o que se precisa para poder chegar a ela.

Agardamos as vosas propostas.

Programa electoral 2007

Comentarios (0) Feb 23 2011

Na rúa do que se fala é da crise e do paro.

Posted: under Novas BNG.

E no concello de calquera cousa menos de isto.

Os empresarios de Baiona preocúpalle como poder pagar os salarios e os proveedores a fin de més e os veciños, saber si cobrarán este mes a nómina, ou se atoparán traballo.

A situación é CRÍTICA.

E está de moda decir que todo e culpa de ZP. Pero, analicemos un pouco o que pasa no noso concello, que se está a facer para paliar esta situación?, NADA.

O BNG de Baiona leva todo o 2010 reclamando e aportando propostas, que por certo as temos escritas no programada das municipais de fai 4 anos, para paliar os efectos desta crise.

1º O máis importante, sacar o plan xeral do caixon da mesa do Sr. Alcalde.
Isto é vital, e imprescindibel, facelo coa máixima celeridade, despois de 2 anos coas licenzas paralizadas neste concello todavía non se foi capaz de aprobar un Plan Xeral. O Sr. Alcalde estivo extrangulando os poucos recursos que lles quedaban os constructores, pintores, electricistas, capinteiros, ferreiros, etc… do noso concello. Xa deixemos de lado o que prentenden facer, campos de Golf, especulación, etc.

2º Dar facilidades os emprendores: Creación de un sementeiro de empresas para que aquelas personas que se animen a autoempregarse poidan contar con asesoramento, e un lugar a baixo custos onde poidan comezar a dar os seus pasos.

3º Formación. Elaborar un plan formativo para aquelas persoas que aquelas persoas que se queiran incorporar o mercado laboral se atopen máis cualificadas.

Qué fai o Goberno do Sr. Almuiña?
Enterrar millóns e millóns de Euros nas beirarúas de Baiona. Sen dar solucións os seus veciños/as.

Comentarios (0) Feb 22 2011

O BNG ACUSA AO PP DE “ELITISTA” AO RECLAMAR UNHA LIÑA DE TRANSPORTE DE RÍA PARA OS VERANANTES DE PANXÓN E BAIONA MENTRES DEIXA MORRER AS LIÑAS REGULARES DE USO SOCIAL

Posted: under Novas BNG.

Bieito Lobeira defende o desenvolvemento do turismo pero con criterios de racionalidade, polo que reclama un Plano Galego de Transporte que detecte primeiro as necesidades e posibilidades de comunicación entre distintas rías

O deputado do G.P do BNG Bieito Lobeira acusou ao Partido Popular de ter unha concepción “elitista”, “señoritinga” e “glamourosa” do transporte marítimo de viaxeiros das rías galegas ao priorizar unha liña Baiona-Paixón, estrictamente turística,fronte ás liñas regulares, “que vostedes están precarizando e deixando morrer”, en alusión a Vigo-Cangas e Vigo-Moaña.

Bieito Lobeira, durante o debate na Comisión de Política Territorial do Parlamento galego dunha iniciativa do PP con esta proposta, asegurou que o BNG, obviamente, non se vai opoñer nunca ao desenvolvemento do turismo deste País, pero sempre dentro dunha racionalidade, polo que presentou unha emenda –rexeitada polos populares- para que antes de acometer esa liña, “que ademais presenta dificultades técnicas”, advertiu, se elabore no prazo de catro meses un Plano Galego de Transporte Marítimo que detecte as necesidades reais de mobilidade entre puntos diversos das rías.

A emenda nacionalista apostaba tamén por constituir unha sociedade ou empresa pública para a xestión dese servizo, tanto nas liñas existentes como nas de nova creazón, á que se adscribirían tanto os buques como as estacións marítimas, priorizando o establecemento e consolidación de liñas regulares que garantan o uso social por riba de finalidades turísticas ou de lecer.

“Primeiro o pan e logo o caramelo”, afirmou Lobeira, suxerindo ao deputado do PP autor da iniciativa, Daniel Varela,  que se realmente se trata de resolver os problemas de comunicación que se dan no verán entre as dúas localidades (Baiona e Panxón), se acometa con urxencia a reforma da estrada PO-325 (Vigo-A Ramallosa), comprometida dende hai un ano sen que se fixera nada até o de agora e se libere a portaxe entre Praia América e Baiona.

Para o deputado nacionalista, hai que “chamarlle ás cousas polo seu nome” e a iniciativa aprobada só cos votos dos populares non se sostén baixo ningún argumento, e moito menos logo de escoitar a intervención de Varela defendéndoa case exclusivamente para os que veranean nesa localidade, “para que poidan ir cear e tomar copas sen ter que coller o coche”, ironizou Lobeira, parafraseando os argumentos do propio deputado do PP

O deputado do BNG lembrou, ademais, outros exemplos de características semellantes, eminentemente turísticos,  que fracasaron rotundamente, como a liña nocturna pola ría de Vigo “para madrileños estresados”.

Comentarios (0) Feb 21 2011

Comeza a Precampaña

Posted: under Novas BNG.

Todos se atopan quentado motores preparando a pre-campaña, este ano se cabe con algo máis de sentido e sen tanto dispendio como en anos atenriores graza a nova Lei Electoral.

O BNG está perfilando toda a súa campaña, actos, programa, lista, etc…

O noso candidato está comezando os seus pasos no Facebook

E este blog tamén se reactiva despois de unha merecidas vacacións, despois de estes últimos anos tan intensos.

Comentarios (0) Feb 17 2011