A Lei de augas polas parroquias

Posted: under Novas BNG.

Boa acollida das charlas que o BNG está facer por todas as parroquias, tratando os temas municiapais ademáis de informar do proxecto de Lei de augas aprovado polo Consello da xunta en Maio de 2010 e que se atopa neste intre en pleno trámite parlamentario.

Os veciños está apoiando masivamente mediante a recollida de sinaturas a moción presentada polo BNG de Baiona para que o noso Concello solicite a Xunta de Galicia a retirada de este proxecto de Lei. Así mesmo se mostran indignados e coa repercusión que este canon conlevará os veciños e veciñas que a pesares de non dispoñer de servizo municipal de augas e despois de ter que pagar do seu propio bolsillo o importe para facer os seus propios pozos ou pagar traidas de augas veciñais, teñan que pagar un novo imposto pola auga consumida.

Tamén denunciamos a pasividade da Asociación ACEBA sobre este e outros temas, xa que os pequenos negocios serán tamén moi perxudicados con este proxecto de Lei, e a falta de información provocará que unha vez aprovada definitivamente tal e como se atopa este proxecto verán mermado novamente os seu beneficios xa que deberán facer frente a un novo importo que pretende recaudar 35 millóns de euros adicionais.

Estas críticas son a recollidas nas asableas que o BNG está a desenrolar polas parroquias.

Comentarios (1) Set 24 2010

Outro engano do Sr. Alcalde

Posted: under Novas BNG.

O PP acaba de realizar a adxudicación das obras para a reordenación de acceso desde a AG-57, mellora da intersección en Sabarís e pavimentación de vías de servizo, sin facer ningún tipo de cambio no proxecto que se presentou a licitación.

Isto é unha nova proba da falla de palabra Alcalde de Baiona o Sr. Almuiña que unha vez máis acaba de enganar os veciños, xa que logo das moblizacións promovidas polo BNG en Xuño http://bngbaiona.blogaliza.org/2010/06/16/concentracion-domingo-20-xuno-12h/ o Alcalde despois de enviar os seus seguidores a coaccionar os veciños e veciñas dos barrios afectados para que non acudisen a concentración http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/06/20/vecinos-sabaris-denuncian-coacciones-protesta-hoy-futura-rotonda/449366.html dignouse a convocar unha xuntanza no xogo de bolos para explicar o proxecto e o percatarse de que os veciños non quería o proxecto tal e como aparece na licitación comprometeuse a celebrar unha xuntanza tal e como se lle pedira por escrito entre unha representación dos veciños, a corporación municipal e responsables de consellería para tentar modificar o proxecto e consensuar unha solución axeitada.

Esa xuntanza todavía non se produciu, e hoxe aparece na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a adxudicación definitiva desta licitación a empresa CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. por un importe total de 550.824 € para a realización de estes traballos sen que na mesma licitación apareza ningún tipo de modificación sobre o proxecto.

O BNG denuncia a pasividade e a sumisión do Sr. Alcalde en este tema e outros moitos ante a Xunta de Galicia, antepoñendo os intereses do seu partido os intereses dos veciños e veciñas deste concello.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14196

Comentarios (0) Set 21 2010

Linguas cruzadas

Posted: under Contracapa.

Comentarios (0) Set 21 2010

O PP quere cobrarlle aos veciños plas súas traídas e pozos particulares

Posted: under Novas BNG.

O Partido Popular está a preparar unha brutal, desproposcionada e inxusta subida de impostos coa modificación da lei de Augas que pretende facer. O Consello da Xunta aprobou o pasado 27 de maio o proxdcto da nova Lei de Augas, que neste momento está a debate no Parlamento galego.

Este Proxecto de Lei ten como único obxectivo aumentar a capacidade recadatoria da Xunta. facéndonos pagar a todos os veciños e veciñas un imposto sobre a auga.

O canon da auga gravará por igual o cosumo ou utilización da auga procedente de capatación propias (traídas veciñais ou pozos) e a procedente do abastecemento municipal. Só no caso de que os usuarios non dispoñan nin de abastecemento público poderán aplicar unha reducción da cota do 80%. Agora ben onde haxa ou cando haxa saneamento terán que pagar a cota íntegra.

Os titulares das captacións propias estarán obrigados a instalar contadores homologados, de non facelo no prazo de seis meses o canon da auga liquidaraselle polo método de estimación obxectiva (en función da concesión de auga que se teña ou do consumo medio dunha vivenda) e poderán ser sancionados con multas de ata 30.000 €. Os titulares das traídas colectivas son responsabeis solidarios do pago do canon por parte dos usuarios.

Todos os usuarios de auga van ter que pagar estes novos impostos, xa que se suprimen as exencións que actualmente están vixentes, que beneficiaban ao medio rural. Así:

  • no novo canon da auga non se exclúe de pagar o imposto a ningún núcleo rural, nin aos de menos de 2.000 habitantes exentos do canon de saneamento na actualidade, nen tan sequera os de 500 habitantes que excluía a lei de 1993.
  • Tampouco se exclúen do pago do imposto os núcleos rurais que non teñan rede de saneamento, mentres este non entren en funcionamento.

Por todo isto o BNG – Baiona comeza hoxe unhas charlas informativas por todas as parroquias do noso concello, para tratar este tema entre outros de interés para os veciños e veciñas.

Luns, 20 – Baiona – Colexio de Covaterreña – 20:30h.

Martes, 21 – Belesar – Colexio – 20:30h.

Mércores, 22 – Baiña – Centro Cultural – 20:30h.

Xoves,23 – Baredo – Centro Cultural – 20:30h.

Venres,24 – Sabarís – Colexio – 20:30h.

Comentarios (0) Set 20 2010