Colexio das Areas sen Area.

Posted: under Novas BNG.

Hoxe topámonos con que a primeira hora estaban entrando camións de area pola fortaleza para dentro.

Para onde?

Pois para tentar amañar a desfeita realizada por este goberno fai 2 anos na praia Barbeira. Pero, …? de onde ven a area, pois nada máis nin nada menos que do parque do colexio infantil das areas en Sabaris.

O Goberno municipal co Sr. Vilar a cabeza. Tiveron a brillante idea de:

1º sacar a area do parque infantil das areas, en principio uns 250m/cúbicos, pero o certo é que pola maña sairon máis de vinte camións e esta tarde seguian saindo, co cal bastantes máis.

2º votala na praia da barberia, para mellorar o areal.

3º sacar o escombro dos Tendais e votalo no burato do parte da escola infantil.

4º para rematar cubrir o burato con 40 cm de area e deixar o firme mellor do que se atopaba.

Pero, todo isto, sin por e coñecemento a dirección do Colexio, quen xa o lúns tivo que prohibir a entrada da excavadora no recinto.

Sen ter posto en coñecemento a ANPA do colexio.

Sen informar os grupos da oposición, a isto xa estamos acostumados.

Sen consensuar nin informar a ninguen,

Sen un proxecto onde se indiquen os traballos a realizar.

Sen autorización de costas,

Sen informe de impacto ambiental.

É decir, saltandose a torera todo e a todos.

Esta mañá no Colexio de Infantil da Areas montouse unha gorda, membros da ANPA, volquearon durente algo máis de unha hora a saía dos camións cargados de area. O Sr. Vilar, o Sr. Rodal e a Srta. Marcote, adicáronse como xa nos teñen acostumados a faltar o respecto, a coaccionar e a ameazar con denunciar se non se desistia da actitude, en lugar de entregar a suposta autorización de educación para extraer a area e ensinarlle os afectados o proxecto onde aparecese recollido o que alí se estaba realizando. Finalmente ante a insistencia do Goberno e as ameazas con chamar a subdelegación do goberno e denunciar os alí presente por desacato a autoridade e obstrución o desenrolo das obras os alí presentes desistiron e os camións continuaron co seu traballo.

O BNG lonxe de quedar de mans cruzadas denunciou os feitos ante o SEPRONA que se presentou no lugar sobre as 11:30 para levantar un atestado do ocurrido no colexio e máis do depósito da arena na Barberia, tamén denunciamos os feitos diante da Consellería de MedioAmbiente, e o Ministerio de Medioambiente. Así como diante da APLU (Axencia de Protección de Legalidade Urbanística). O mesmo xeito que demos traslado dos feitos o parlamento de Galiza a través do noso compañeiro Henrique Vieitez, o cal presentou unha serie de preguntas sobre esta cuestión para que sexan respostadas polo parlamento Galego.

Por outra banda o BNG, solicitou hoxe por rexistro perante o Concello que nos sexa entregada unha copia do Proxecto das obras que se están realizado, así coma o informe de impacto ambiental. Dúas cuestións que aparentemente según as propias verbas do técnico municipal, non existen por non ser necesarias.

Todos os veciños e veciñas deste concello temos que solictar licencia, facer proxecto e contar coas autorizacións para poder facer calquera tipo de obra nas nosas propiedades, e o goberno municial, pasa olímpicamente deste trámites, o único que nons ensinaron foron un escrito con 2 párrafos asinados con data de onte 22 de Xuño remitido a Consellería de Educiación e a respostada de dita consellería autorizando a extracción.

Pero, que vai a ocorrer co parque do colexio unha vez rematadas as obras?,

O xabre que van a enterrar xunto cos restos de materiais de obras existentes na parcela muncipal dos tendais unha vez compactado será cuberto con unha capa de 40 cm de area ” según palabras do técnico Municipal”, isto suporá que a filtración de auga vai verse afectada cos conseguintes perxuizos para o colexio. Agora mesmo toda a extensión de terreo que ocupa o parque infantil no seu subtrato estaba formado por area, limpa e pura, que posiblemente levase neste lugar centos ou miles de anos, é que cando chovia actuaba como un autentico tragadeiro de auga, non temos que esquecer a diferencia de cota existente coa parcela do polímico Aparthotel. Cando esta obra esté rematada a filtración non vai ser nin moito menos a mesma e a auga que alí se vai depositar terá máis deficultades para ser absorvida.

Posibles problemas:

Innundación do própio inmoble da escola Infantil e das vivendas dos veciños colindates.

Creación de bolsas de auga que tarden tempo en ser absorvidas.

GRAZAS SR. ALCALDE POR CONTRIBUIR A QUE OS NOSOS FILLOS POIDAN TER UN LUGAR ONDE PODER DISFRUTAR DA SUA INFANCIA.

GRAZAS POR ESTRAGAR O PARQUE DO COLEXIO DAS AREAS A COSTA DE MELLORAR A PRAIA DA BARBEIRA.

GRAZAS POR PENSAR NOS INTERES DOS VECIÑOS E VECIÑAS DESTE POBO.

GRAZAS SR. ALCALDE.

Comentarios (2) Xuñ 23 2010

CONCENTRACIÓN DOMINGO 20 XUÑO 12H.

Posted: under Novas BNG.

O pasado Martes, 8 e Xuño os Concelleiros do BNG tiveron unha xuntanza con veciños e veciñas dos barrios de Outeiro, Morade, Ribera, Bouzos e Cruceiro para explicarlles o proxecto de remodelación do acceso a autoestrada que afecta sobre todo o posterior acceso a todos este barrios.

Este proxecto que estivo nun caixon durante moitos anos e que conta con informes desaboráveis de distintos departamentos de seguridade viaria da própia Administración Autonómica acaba de ser anunciada a licitación da mesma por parte da Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio. Con un orzamento de 620.000 € e que daría comezo según as própias palabras do Sr. Alcalde a partires de Septembro do 2010.

O BNG manifestoulle os veciños/as a súa postura o respecto, entre as que cabe destacar:

1º.- Solicitar a retirada da pasarela existente.

2º.- A realiación de unha rotonda que conecte o camiño Real, a baixada dos Barrios de Outeiro, Morade, Ribeira e Bouzós, así como a conexión e asfaltado dos laterais da autoestrada.

3º.- Non vemos a necesidade de ter que facer modificacións na actual rotonda situada na Avenida urbana de Sabarís, xa que non existen informes por ningún departamento municipal, nin de urbanismo, nin de seguridade cidadá que así o inidique.

Por todo isto es tras a información os veciños, decidiuse  tomar as seguintes medidas:

1º.- Creación de unha comisión de afectados composta por un total de 9 veciños/as afectados.

2º.- Realización de unha concentración para o Vindeiro, Domingo, 20 de Xuño as 12h, n saída da autoestrada.

3º.- Recollida de sinaturas.

4º.- Solicitude de creación de unha comisión de seguimento no Concello de Baiona integrada polos portavoces municipais, membros da plataforma de afectados e responsables da Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio.

Onte mesmo, a comisión de afectados voltou a convocar unha nova xuntanza para informar a todos os veciños/as que non acudiron a primeria xuntanza, a cal voltamos a facer os Concelleiros do BNG a nosa exposición do proxecto.

Adxuntamos a folla de Sinaturas elaborada pola comisión de afectados, así como o Cartaz da convocatoria da concentración.

Comentarios (4) Xuñ 16 2010