Chegou o día

Posted: under Novas BNG.

O BNG de Baiona quere felicitar as familias pola boa nova que temos recibido hoxe da liberación do Alakrana.

Tamén queremos felicitar o pobo de Baiona que dende o noso punto de vista supo estar a altura das circunstancias e apoiou en todo momento os nosos veciños secuestrados e as súas familias.

Os portavoces do BNG en materia de pesca no Parlamento Galego e no Congreso dos Deputados, Bieito Lobeira e Olaia Fernández Davila, manifestan a súa “grande satisfación e alegría que sentimos pola liberación do atuneiro Alakrana, e porque, por fin, os seus 36 tripulantes poderán reencontrarse coas súas familias e achegados”.

Aseguran que “remata unha longa agonía de máis de mes e medio, e desexamos que os mariñeiros, na compaña dos seus seres queridos, poidan esquecer canto antes o pesadelo que viviron”.

Comentarios (0) Nov 17 2009

7 Nov – Manifestación

Posted: under Novas BNG.

O BNG FAI UN CHAMAMENTO Á SOCIEDADE A QUE SECUNDE MASIVAMENTE A MANIFESTACIÓN CONVOCADA PARA MAÑÁ EN VIGO POLOS FAMILIARES DOS TRIPULANTES DO ALAKRANA

6 Novembro 09. O Bloque Nacionalista Galego fai un chamamento á sociedade galega a que secunde de xeito masivo a manifestación convocada para mañá sábado en Vigo polos familiares dos tripulantes do Alakrana.

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asistirá a esta marcha -na compaña de numerosos cadros e militantes nacionalistas- para expresar a súa solidariedade cos familiares dos mariñeiros galegos que se achan en poder dos piratas somalíes.

En declaracións feitas esta mañá en rolda de imprensa, o líder do BNG chamou a deixar esta cuestión fóra da confrontación partidista, mais ao tempo instou ao Goberno a que se mova coa maior dilixencia posíbel para pór fin a este pesadelo, “desde a perspectiva de que o único importante é preservar a integridade física dos mariñeiros”.

O portavoz nacional non dubidou en cualificar de “erro” o traslado de dous dos piratas somalíes a Madrid para seren postos a disposición da Audiencia Nacional. “Evidentemente foi unha torpeza que agora complica a resolución do conflito. En calquera caso, con vontade política é posíbel achar unha solución que se traduza na liberación dos tripulantes do Alakrana”.

Comentarios (0) Nov 06 2009

A favor dos nosos mariñeiros

Posted: under Novas BNG.

logobngde

Xose Enrique Fernández Fernández e Roberto Carlos Valverde Sabín concelleiros do grupo municipal do BNG no concello de Baiona. Tras os últimos acontecementos vividos no secuestro do Alakrana nos que 2 tripulantes Galegos e 1 Vasco foron baixados a terra e pesa sobre eles unha ameaza de asesinato para o vindeiro Domingo,

 Propoñemos, que o Concello de Baiona, como medida de apoio a os familiares dos tripulantes do Alakrana:

 1.- Suspenda a II Festa da Lura prevista para este fin de semana.

 2.- Convoque concentracións diante da casa do Concello a partir de mañá Sábado ás 13 horas, mentres non se resolva satisfactoriamente o secuestro do Alakrana.

 

Roberto Carlos Valverde Sabín              Xosé Enrique Fernández Fernández.

Concelleiro do B.N.G.                                 Portavoz Municipal do B.N.G.

Comentarios (0) Nov 06 2009