Liberade aos nosos mariñeiros

Posted: under Novas BNG.

O BNG solidarízace cos familiares e amigos dos mariñeiros secuestrados do Alakrana.

Liberade aos nosos mariñeiros.

Comentarios (0) Out 23 2009

O BNG esixe que a operación Atalanta tamén teña como obxectivo protexer os pescadores.

Posted: under Novas BNG.

O BNG ESIXE QUE A OPERACIÓN ATALANTA “TAMÉN TEÑA COMO OBXECTIVO PROTEXER OS PESCADORES” E QUE A XUNTA ASUMA UN PAPEL ACTIVO, CON PRESENZA NO GABINETE DE CRISE

Bieito Lobeira denuncia que “o Estado español incumpre as recomendacións da Organización Marítima Internacional de prevención da piratería”, vixentes dende 1999

O portavoz de Pesca do BNG no Parlamento Galego, Bieito Lobeira, esixiu hoxe que a Operación Atalanta da Unión Europea “tamén teña como obxectivo a protección dos buques pesqueiros” que faenan no Océano Índico. Asemade, demandoulle á Xunta de Galiza que “asuma un papel máis activo para conseguir a liberación dos mariñeiros galegos do Alakrana”.

O deputado do BNG advertiu hoxe na Comisión de Pesca do Parlamento Galego de que a situación dos 250 mariñeiros galegos que traballan en buques pesqueiros no océano Índico “é moi grave, porque están nunha situación de máxima inseguridade”.

Neste sentido denunciou “o caso do Alakrana é a crónica dun secuestro anunciado”. Así, lembrou que “a Operación Atalanta da Unión Europea non ten como obxectivo a protección dos buques pesqueiros que faenan no Océano Índico, senón crear un corredor de seguranza entre Djibuti e o Golfo de Adén para o paso de buques de mercadorías e petroleiros”.

O exército español está alí para protexer o tráfico de mercadorías, non aos pesqueiros

A este respeito, denunciou que os medios aéreos e navais que enviou á zona o Goberno español “a inmensa maioría da súa actividade céntrase en protexer ese corredor para o tráfico de mercadorías, pero non á flota pesqueira do Estado español”.

Puxo como exemplo que “o avión de recoñecemento do Exército español, dende o mes de xullo só estivo na zona onde falena a zona pesqueira do Estado español tres días, o resto estivo entre Djibuti e o Golfo de Adén”.

O Estado español incumpre a normativa da OMI contra a piratería

Ademais, o deputado do BNG cualificou de “absurdas” as recomendacións do Goberno español ao buques pesqueiros que faenan na zona, como faenaren xuntos, que embarquen mercenarios ou que empreguen canóns de auga contra piratas fortemente armados.

Bieito Lobeira tamén denunciou que “o Goberno español teña desoído as recomendacións da Organización Marítima Internacional (OMI) para previr a piratería, unhas recomendacións vixentes dende 1999 e das que o Goberno español fixo caso omiso”. Citou como exemplo a recomendación de levar seguridade pública a bordo dos buques ou realizar teccións vía satélite das naves nodrizas desde as que parten os piratas”.

A Xunta de Galiza tense que implicar e deixar de excusarse de que é competencia do Estado”

En canto á actuación da Xunta de Galiza, o deputado do BNG denunciou que “o Goberno galego non asume como propio o problema da seguridade dos mariñeiros galegos no Índico”.

Asegurou que “non vale con escudarse en que este tema é competencia de Madrid, porque a Xunta de Galiza pode facer moito, como esixir ante o Goberno Español e ante a Unión Europea que se redifina a Operación Atalanta para que tamén protexa aos buques pesqueiros, como reclamar que se adopten as recomendacións da OMI”.

Asemade, esixiu a presenza da Xunta de Galiza no Gabinete de Crise do Goberno Central.

Apoio do BNG ás mobilizacións para demandar a liberación dos mariñeiros

Por último, Bieito Lobeira amosou o “total apoio e solidariedade do BNG aos 36 tripulantes do Alakrana, 8 deles galegos” e animou á cidadanía a participar nas concentracións convocadas por concellos galegos e bascos para esixir a súa liberación.

Por último, o deputado do BNG lamentou que “dende as institucións e as forzas políticas non se teña reaccionado coa mesma firmeza democrática para esixir a liberación dos mariñeiros, como si se fai cando a persoa secuestrada é un persoeiro ou o secuestro insírese nun conflito político”.

RECORDA: Mañá ás 12 horas, concentración diante do Concello de Baiona.

Comentarios (0) Out 22 2009

Hospital Público XA!!!

Posted: under Novas BNG.

CartazPlataforma-Vigo1.cdr

Información plataforma pola defensa da sanidade pública de Vigo, pulsa aqui.

Comentarios (0) Out 22 2009

Vémonos en Santiago.

Posted: under Novas BNG.

Este Domigo vémonos en Santiago na manifestación a prol da nosa lingua que sairá da Alameda as 12 h.

Dende o BNG pomos a disposición de todos/as un autobus  o igual que nostras ocasión, que sairá da porta do Parador as 9:30h para reservar praza é preciso chamar a responsabel local, Maria: 630486886.

Un saudo a todos/as.

Comentarios (0) Out 16 2009

Galicola

Posted: under Novas BNG.

Unha iniciativa singular con un fin fundamental, a defensa da nosa seña de identidade, o noso idioma.

Enlace a nota de Prensa.

Enlace a Web de Galicicola.

Comentarios (0) Out 09 2009

Pleno do mes de Outubro

Posted: under Novas BNG.

radio-bng

Orde do día:

1.- Aprobación de acta anteiror.

2.- Dación de contas dos das resoluciuóns da Alcaldía.

3.- Ordenanza de circulación de peóns e ciclistas do concello de Baiona.

4.- Adxudicación do contrato para a construción e posterior explotación de una aparacamento de vehículos no Aral.

5.- Modificación da ordenanza fiscal nº 8 reguladora da taxa por prestación do servizo de saneamento e da ordenanza fiscal nº 12 reguladora da taxa por prestación do servizo de abastecemento de Auga.

6.- Adxudicación definitiva do contrato de concesión de obra pública de construción e explotación dun centro cívico social en Sabarís.

7.- Mocións.

8.- Rogos e preguntas.

Para poder escoitar o pleno podes pulsar aquí. radio-bng

Comentarios (0) Out 08 2009

Ordenanza circulación de peóns e ciclistas

Posted: under Novas BNG.

POSICION DO BNG DE BAIONA PERANTE A PROPOSTA DE “ORDENANZA DE CIRCULACIÓN DE PEÓNS E CICLISTAS” INCLUÍDA NO PLENO DO XOVES 8 DE OUTUBRO DO 2009.

O BNG de Baiona quere amosar a súa total disconformidade coa proposta de “Ordenanza de Circulación de Peóns e Ciclistas” que a Alcaldía de Baiona levará ao pleno do vindeiro xoves 8 de outubro do 2009.

 A referida proposta obriga ao uso da bicicleta maioritariamente polas calzadas do noso Concello, compartindo espazo con todo tipo de vehículos de motor, camións, autobuses, coches,…. co risco para os/as cicloturistas que isto conleva, e restrinxindo o uso das mesmas en espazos peonis como poden certos paseos como o de Alfoso IX ou Monteboi. Así  no artigo 15 da ordenanza indícase que “As bicicletas circularán pola calzada”.

Ben é certo que neste mesmo artigo 15 sinálase que “cando exista carril bici, circularán preferiblemente por este”. No tocante a este punto dende o BNG de Baiona queremos denunciar en primeiro lugar o descoñecemento dende a Alcaldía da actual Lei de Seguridade Víal, posto que nela defínese como carril-bici ao carril que discorre adosado a calzada, atopándonos en toda Baiona cuns únicos 100 m. de carril bici recentemente pintados ás presas na praia de Santa Marta. O resto de víais para bicicletas  son denominados pola Lei como Beirarrúas-bici, vía ciclista sinalizada sobre a beirarrúa.

En segundo lugar hai que sinalar que as diferentes vías ciclistas existentes no Concello de Baiona son practicamente inútiles para o disfrute da bicicleta. Atopamonos cunha vía ciclista dende o Paseo Pinzón ata a Ramallosa incompleta, coa nova ordenanza en numerosos tramos (Ponte de madeira na Praia da Ladeira, Paseo de Alfonso IX,…)  habería que baixar da bicicleta e continuar andando ou virar para a calzada co perigo que isto supón sobretodo para os cativos e cativas. Unhas vías que na maior parte do seu percorrido  superan por pouco o metro de ancho facendo imposible a circulación en ambos sentidos. Unhas vías que teñen xiros de 90º e incluen no seu interior ou nos seus lindes árbores, sinais, mobiliario urbano,…. Unhas vías ciclistas que ademáis terán que soportar tamén o uso de patíns, patinetes e monopatíns que como especifica o artigo 11 da Ordenanza teñen que circular exclusivamente polo suposto carril bici. En fin, unhas vías ciclistas totalmente inservibles.

 Neste punto unha salvidade da ordenanza é permitir a circulación polas beirarrúas a nenos e nenas menores de 8 anos e sempre acompañados de adultos/as, adultos/as que supoñemos que irán correndo detrás das bicicletas dos nenos e nenas posto que non poden ir en bici propia.

En terceiro lugar e seguindo coa suma de despropósitos a normativa prohibe a circulación polo novo paseo do Monteboi, as sendas fluviais e os paseos de madeira sobre os areais por cuestións ambientais. Debe considerar o goberno municipal que a bicicleta é un vehículo altamente contaminante e dun grande impacto ambiental a inversa do que pasa no resto do mundo onde se reservan as sendas verdes para peóns e cicloturistas.

E nun último lugar  dende a Alcaldía preténdese agasallar aos veciños e veciñas de Baiona que decidan disfrutar da bicicleta en familia sen ir apiñados nos pseudocarris bici ou xogándose a vida nas calzadas con multas dende 50€ a 500€.

Polo tanto, dende o BNG de Baiona, solicitamos que sexa retirada da Orde do Día do Pleno a “Ordenanza de Circulación de Peóns e Ciclistas”,  e se inicie un proceso de estudo para a creación dun Plan de Transporte Sostible para Concello de Baiona, que inclúa a creación de diferentes vías ciclistas dende A Ramallosa ao Cabo Silleiro e as súas diferentes conexións coas parroquias de xeito que se convirta nun eixo vertebrador do Concello e un referente a nivel de ocio familiar, deportivo ou turístico fomentando o uso da bicicleta como transporte non contaminante.

Entendemos que, no referente a circulación de peóns e bicicletas, dende o Concello de Baiona débese traballar por cumplir a Lei de Seguridade Vial, que recolle as medidas de seguridade reais que aparecen neste intento de Ordenanza, así como dar prioridade aos peóns en tódolos espazos peonís do Concello e limitar a velocidade nos mesmos.

Asemblea Local do BNG de Baiona

Comentarios (0) Out 07 2009