Queremos Galego

Posted: under Novas BNG.

O BNG de Baiona apoia a Platafoma queremos galego, para máis información podes acceder o seguinte link.

Comentarios (0) Set 30 2009

O BNG non quere máis POVISA´s

Posted: under Novas BNG.

 

Povisa

As deputadas do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán, Ana Luisa Bouza, e o deputado Henrique Viéitez, reiteran a esixencia á Xunta de Galiza de que o novo hospital de Vigo “sexa público, sen redución no número de camas previsto e que poña fin ao concerto singular con POVISA”.

Os deputados do BNG consideran que “coa sanidade pública non se debe facer negocio, e polo tanto na sanidade pública galega non se lle debe dar entrada ao financiamento privado”.

Neste sentido, as parlamentarias nacionalistas teñen rexistrada unha iniciativa no Parlamento Galego na que lle demandan á Consellaría de Sanidade que defina se o financiamento do novo hospital de Vigo vai ser con diñeiro público e que aclare se asume o comprimo de que teña 1.440 camas, tal e como se contempla na plano de infraestruturas sanitarias actualmente en vigor.

As deputadas do BNG critican a “indefinición” do Goberno do PP a este respeito.

 

“A Consellaría de Sanidade ten que aclarar se quere seguir co modelo de POVISA”

Ademais, as parlamentarias do BNG demándanlle ao Goberno de Feijóo se “mantén o compromiso do acordo pola sanidade pública -asinado polo Goberno Bipartito- de 2006 respeito á non continuidade do convenio singular con POVISA no momento en que sexa posíbel adscribir a esta poboación a un hospital público”.

Por último, pédenlle á Consellaría de Sanidade que aclare cómo se compromete a axilizar o proceso de expropiación dos terreos -tal e como consta nunha resposta do Goberno da Xunta ao BNG- sen coñecer os resultados do estudo realizado polo grupo de avaliación sobre o proxecto concreto de hospital de 1.440 camas que aparece no plano de infraestruturas sanitarias actualmente en vigor e que puxo en marcha a anterior Consellaría de Sanidade.

 

Comentarios (0) Set 29 2009

Un colexio sen alumnos.

Posted: under Novas BNG, Plenos.

Mañá comeza o curso escolar e os Pais e Nais dos rapaces do colexio de Fontes non están pola labor de que os seus fillos e fillas inicien o curso escolar na situación na que se atopan sobre todo os baños desta intalación.

Sómente reclaman unas labores de mantemento namentres a Xunta no remodele por completo os baños, solicitan o cambio de grifos, e pomos de portas sobre todo, así como o pintado de soportes de lavamáns, entre outras cuestións menores. Traballos de mantenemento que xa debería de terse realizado durante o período estival.

Agora mesmo existe unha cruzada entre a Anpa de Fontes e o Concello, que é preciso eliminar, sentandose todos nunha mesa e chegando a uns acordos de mínimos. Tras a cabezonería do Sr. Alcalde de non atender a presións, atopámonos hoxe a 1 dia do comezo das clases sen ningún tipo de solución.

visita-fontes
Visita da Deputada Carme Adan o Colexio de Fontes xunto coa ANPA a Directora e os concelleiros do BNG
NOTA DE PRENSA DO BNG DE BAIONA COLEXIO DE FONTES

O BNG de Baiona quer manifestar a súa solidariedade con a ANPA do colexio de Fontes ademais de con todo os pais e nais que se negan a que os seus fillos e fillas acudan o colexio no estado lamentábel no que se atopa.

Si ben e certo que a Xunta xa se comprometeu a realizar as obras de infraestrutura necesaria, tamén e certo que non por iso se deben abandonar as de mantemento que lle corresponden o Concello.

Non entendemos como unhas obras menores como son as que solicita a ANPA, para que os seus fillo/as poidan comezar este novo curso escolar dunha maneira decente pódense negar reiteradamente por parte do Sr. Alcalde xa que o seu custe non supón ningún desfase nos orzamentos municipais, mais ben parece unha cuestión de cabezonería e non económica.

Non entendemos a actitude do Sr. Alcalde que unha vez mais antepón os intereses partidista a os dos seus veciños, de todos e sabido a pouca aposta que o PP fai polo ensino público pero entendemos que o Sr. Almuiña debera de estar por enriba de todo isto, e defender a seus veciños/as que para iso foi elixido.

Está xerado un conflito na parroquia de Baiña e Baredo que non debera existir e que o Alcalde ten a responsabilidade de resolver canto antes polo que o BNG de Baiona, lle esixe o Sr. Alcalde que convoque unha reunión urxente de portavoces e cos representantes dos pais e nais (ANPA) ademais do equipo directivo do colexio de Fontes, con o fin de chegar a unha solución deste conflito a maior brevidade.

BAIONA 09 SETEMBRO 2009

XOSE ENRIQUE FDEZ ROBERTO VALVERDE SABIN

Comentarios (1) Set 09 2009

Volta o cole

Posted: under Novas BNG.

O BNG DENUNCIA “O CAOS E A IMPROVISACIÓN” DA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN NO INICIO DE CURSO ESCOLAR E ADVIRTE DE QUE “ESTÁ POÑENDO EN PERIGO O ENSINO PÚBLICO”

Carme Adán asegura que “nun momento de crise, o 75% das familias galegas van ter que pagar os libros de texto” co novo sistema


A portavoz de Educación do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán, denunciou hoxe o “caos” que ten creado a Consellaría de Educación no inicio do curso escolar, “unha situación que se debe á improvisación coa que está actuando a Consellaría e a unha estratexia do PP de perxudicar ao ensino público e beneficiar ao privado”.

Carme Adán advertiu de que “en só catro meses, e a uns días de que se inicie o curso escolar o conselleiro de Educación provocou unha situación de caos (…) e está a pór en perigo o ensino público”.

O 75% das familias terán que pagar os libros de texto

A deputada do BNG puxo como exemplo a supresión da gratuidade dos libros de texto, “un recorte social que afectará a miles de familias galegas, precisamente nun momento de crise económica no que moita xente o está a pasar moi mal”.

Neste sentido, advertiu que “a medida fará que o 75% das familias galegas con fillos en idade escolar teñan que pagar os libros de texto co novo sistema”, e tachou de “propaganda” a campaña publicitaria da Consellaría de Educación na que anuncia que a “gratuidade solidaria” beneficiará a 7 de cada 10 familias, “un dato falso porque suman nesa cifra a todas os cursos que se manteñen no anterior sistema de préstamo gratuíto, que como sabemos van ir suprimindo”.

As familias non saben qué vai pasar cos comedores escolares”

Carme Adán tamén denunciou a situación de incertidume na que se atopan os comedores escolares. Advertiu de que “a día de hoxe moitos centros públicos de educación aínda non saben se van poder cubrir toda a demanda e mesmo se van poder seguir prestando o servizo”.

Neste sentido, criticou que “o conselleiro aínda non teña nomeado a día de hoxe ao subdirector xeral responsábel da polítca de comedores e dea a calada por resposta aos directores dos centros e ás ANPAS”.

Igualmente, denunciou a paralización por parte da Consellaria de obras de reforma e mellora previstas en moitos centros públicos, e puxo como exemplo o CEIP de Baiona “onde unhas obras que xa estaban orzamentadas e previstas foron paradas e vaise iniciar o curso escolar sen telas realizado”.

A parlamentaria nacionalista tamén advertiu da falla de información sobre o futuro do transporte escolar, “do que a día de hoxe a Consellaría aínda non informou se vai reducir os tempos de espera e reforzar as rutas ou seguirá coa súa política de recortes”.

Recortes no profesorado

Ademais, Carme Adán tamén se referiu aos “importantes recortes no persoal docente” dos centros públicos, “o que redundará nun deterioro da calidade do ensino”. Citou como exemplo os agrupamentos escolares; a redución do 10% do proferorado de primaria, chegando ao 25% nalgúns centros; o recorte de 500 prazas de profesorado en ensino secundario; a reducción de profesorado nas Escolas Oficiais de Idiomas; ou a eliminación das prazas de formación e recursos para o profesorado, “unha medida contemplada na LOE e que a Consellaría debería explicar cómo a vai cumprir”.

Na mesma liña, criticou a decisión da Consellaría de suprimir módulos dos ciclos formativos de Formación Profesional, “caso da cociña galega de vangarda, algo totalmente contraditorio coas potencialidades de Galiza no eido do turismo gastronómico, e que só podemos entender dende a obsesión do Goberno do PP de eliminar todo o que sone a galego”.

Apoio da Consellaría á segregación por sexos nas aulas

Por último, a deputada do BNG denunciou que “a Consellaria de Edcuación tivera aproveitado o período estival para intentar que pasase desapercibido que vai subvencionar con cartos públicos a centros de ensino privado que separan ao alumnado por sexos, unha medida que vai en contra de todas as políticas de fomento da igualdade entre homes e mulleres”.

Comentarios (0) Set 07 2009