Alegacións o PEPCHAB

Posted: under Novas BNG.

Hoxe rematou o prazo par a presentación de alegacións o PEPCHAB e hoxe o BNG volta de novo a presentar alegacións o Plan Especial de Protección do Casco Historico e Artístico de Baiona, xa que unha vez pasada a súa aprovación provisional, poidemos comprobar como gran parte das alegacións feitas, polo BNG, na anterior exposición pública non se tiveron en conta ou a súa resposta non nos parece a portuna.

Que decir, de que o BNG non poderá votar a favor da súa aprovación definitiva se por parte do Goberno Baiones non se atenden as nosas alegacións, senon na súa totalidade, si en parte. O BNG está a cumplir acudindo as comisións de seguimente e dando sempre alí o seu punto de vista e tentando achegar posturas, e coma neste caso, presentando as alegacións que entende convintes.

O Goberno Baiones ten a maioría suficiente para poder proceder a súa aprovación definitiva é unha magoa que non se quiera chegar a súa aprovación por consenso.

Alegacións PEPCHAB

Queremos recordar as manifestacións feitas fai pouco máis de un ano: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/05/07/0003_6795896.htm?idioma=galego

Comentarios (7) Ago 28 2009

Pleno de Agosto 2009.

Posted: under Novas BNG.

radio-bng1

Xa está dípoñibel o pleno do mes de Agosto en Radio BNG.

Orde do día:

1.- Aprobación de acta anterior.

2.- Dación de conta das resolucións da Alcaldía.

3.- Dación de conta da solicitude do concello a extinta Vicepresicencia da Igualdade e Benestar ó beiro da orde de 1 de Abril de 2009 pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión da subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais.

4.- Aprobación, se procede, da modificación de crédito 3/09.

5.- Aprobación, se procede, das festas locais 2010.

6.- Aprobación, se procede, da moción do grupo municipal do PSDG-PSOE relativa a constitución dunha comisión para eleborar un plan de emprego.

7.- Mocións.

8.- Rogos e Preguntas.

Lonxe de ser este un pleno ordinario de púro trámite por atoparnos no perídodo estival, pasou a ser un dos máis tensos, por mor da cabezonería do Sr. Alcalde, que non quere entrar en razóns e acordar uns mínimos de mantenemento no colexio de Fontes, xa que a ANPA é consciente de que a reforma total dos sanitarios do centro non se poden acometer neste período vacacional, pese as promesas recibidas polo mismínismo Sr. Alcalde e a Concelleria de Educación.

Posiblemente con pouco máis de 3000€ e unha cuadrilla de obras do Concello durante unha semana no colexio de Fontes, se solucionan todas as peticións que os Pais e Nais están a facer. Cambiar os pomos das portas, cambiar o grifos, pintar os soportes dos lavabos, e reparar os azulejos que rompeu o propio concello a hora de reparar os desaugues dos sanitarios, cambiar un par de portas, e adaptar un baño para os nenos e nenas de infantil.

De verdade que se pode alguén escudar en que todo o problema é que o Bipartito non fixo nada no colexio de Fontes ou que non teñen orzamento na Xunta de Galicia, cando “sen orzamento”, gastaron 400.000 € nunha enquisa que non é vinculante.

Os problemas dos cais se solicitita solución urxente, non deixa de ser outro máis que mantenemento do existente. E isto Sr. Alcalde é competencia do Concello, non da Xunta.

En Febreiro o equipo de goberno aopiaba moi efusibamente a ANPA, ¿qué pasa agora?. Queremso recorda tamén, que o BNG tanto as apoiaba ente do 1 de Marzo como agora.

Comentarios (1) Ago 07 2009

O Plan E baixo sospeita en Baiona

Posted: under Novas BNG.

imag0120

Na toma de investidura do sr. Almunia, o BNG comprometeu a súa palabra en fiscalizar as accións de goberno, por isto, no desenvolvemento do noso traballo, queremos denunciar ante a opinión pública, os gravísimos feitos que nos últimos días puidemos comprobar.

A resultas das obras contratadas polo Concello con cargo o Fondo Estatal de inversión local, (plan E), puidemos comprobar, que tres das obras contratadas, (Ampliación da rede municipal de saneamento nas parroquias 400.000 €, Paseo Monte Boi 489.034 €, Humanización da Rúa Marques de Quintanar 248.855 €), foron adxudicadas as direccións de obra o enxeñeiro Baltasar Pujales, ante este feito fai aprox. dous meses preguntamos o alcalde no pleno, que criterios se tiñan seguido para estas contratacións, a súa contestación foi simple, “ningunha en especial”.

Si facemos contas, e aplicamos o 4% a estas cantidades obteremos o que este enxeñeiro cobra nos aproximadamente catro meses que duran as mesmas 45.515,58 € mais si engadimos 16.000 € polo proxecto dos saneamentos, obtemos unha cantidade de 61.515 €, case nada , e a todo isto, seguimos en crise e medrando o desemprego, pero o grave desta situación non é isto, ademais puidemos comprobar que este cabaleiro fai o seu traballo, a dirección destas obras, en horas da xornada laboral da Deputación Provincial, a cal pertence, con o coche oficial e con o chofer da deputación.

Ante esta situación defraude manifesto e coa complicidade explícita do alcalde, o BNG manifesta o seguinte:

1ª Tendo en conta que o alcalde e o Presidente da comisión informativa de réxime interior e persoal da Deputación de Pontevedra, solicitamos do Presidente deste ente provincial, o cese inmediato desta responsabilidade o sr. Almuiña por ser cómplice desta situación irregular.

2ª Que o sr. Presidente da Deputación de Pontevedra depure responsabilidades e tome as medidas oportunas para evitar estas situacións no sucesivo, que o parecer tamén danse na zoa de Pontevedra norte con o enxeñeiro sr. Montero, o que incluso utiliza os vixiantes da deputación , tamén para os seus traballos persoais.

3ª Esixir o sr Pujales a devolución integra dos importe percibidos nas arcas municipais polas direccións de obra, xa que cobra os seus honorarios a través da Deputación, e que sexan invertidos os mesmos en melloras das obras.

E ademais queremos preguntarlle o sr. Almuiña, que intereses ten él en que o sr. Pujales fose o director de estas obras, e que nos explique que hai detrás de toda esta historia.

A NÓS, O BNG, CHEIRANOS ISTO TODO MOI MAL.

06 AGOSTO 2009 XOSE ENRIQUE FDEZ

Comentarios (1) Ago 06 2009

As ameazas do Sr. Alcalde

Posted: under Novas BNG.

O Sr. Almuiña, está a perder os papeis, entre as idas o xulgado, o problema da desorde pública nas fins de semana, e coas manifestacións da AnPa de Fontes, xa non da máis.

O sr. Alcalde de Baiona pasou de tentar levar para o calabozo a un rapaz de 14 anos por supostamente insultalo, ata chegar onte a ameazar a Presidenta da AnPa do colexio de Fontes en Baiña, por terse xuntado nas instalacións do Colexio cos dous concelleiros do BNG e a Deputada Nacionalista Carme Adán, que elevará a cámara autonómica as reivindicacións da AnPa.

O BNG qure solidarizarse coa directiva da AnPa e animalas a que sigan reivindicando o que é xusto para os seus fillos.

No pleno de mañá o BNG levará unha moción de urxencia para tentar chegar a unha solución que agrade a todas as partes, solicitando unha comisión para elavorar unhas mínimas actuacións a facer neste colexio para poder iniciar o vindeiro curso coas deficiencias máis graves resoltas.

Comentarios (1) Ago 05 2009