Paseando por Sta. Marta

Posted: under Novas BNG.

Servizo na Praia de Sta Marta

Paseando por Sta. Marta este Domingo pasado poidemos observar esta imaxe, o servizo que está situado o caron do posto de Protección Civil atopábase coa porta aberta deste xeito.

O motivo polo que aparecía coa porta aberta non era outra máis que non pechaba.

¿Quen se ten que encargar da limpeza  e o mantemento destes servizos que están nas praias?

1.- A empresa adxudicataria da emplotación das pedaletas, amacas e chiringitos de praia?. Sendo estes os resposábeis debería o concello exisir que os manteñan limpos é en condicións de poder usalos.

2.- O Concello? Debería caerlle a cara de bergoña.

Estamos dando unha imaxe dun concello de Excelencia, si señor.

Sr. Vilar, deisexe de tanto paseo, de tanto falar polo móbil, de tanto nadar, e adíquese un pouco máis a controlar a súa área de goberno.

Comentarios (3) Xul 15 2009

Parroquias. Felpudo de Baiona

Posted: under Novas BNG.

O BNG quere facerse eco das denuncias dos veciños e veciñas das parroquias do concello de Baiona ante a nefasta actuación dos servizos municipais de Medioambente. A pesares de que ao pedir o voto nas parroquias durante a última campaña electoral, o concelleiro de Medio Rural, o Sr. Cardiño, fixera a promesa de limpar a maleza dos camiños, nada se fixo aínda tal e como nolo manifestaron os veciños e veciñas de Media Aldea, Urgal, Baredo, Baíña, Outeiro e Sabarís.

Tamén foron recibidas queixas do veciños e veciñas de Baredo que denuncian a situación lamentable que están a padecer coas obras de ensanche realizadas pola Deputación de Pontevedra. Estas obras, comezadas hai xa moito tempo e que semellan non ter fin, supoñen, para os veciños e veciñas, unha situación perigosa e incómoda e o deterioro sistemático dos vehículos que circulan por esa zona.

Por outra banda, a Deputación de Pontevedra deixou a medio facer unhas obras en Sabarís, á altura do colexio público na estrada a Belesar, a pesares de que foi o propio Alcalde o que xuntara en vésperas electorais, hai dous anos, a un grupiño de simpatizantes para inauguralas. Semella que o Alcalde non ten moito peso entre os seus compañeiros e compañeiras da Deputación xa que, dende aquela, ninguén foi quen de rematar estas obras.

Por todo o que antecede, denunciamos a mala xestión e a incompetencia que tan a miúdo caracterizan ao sr. Almuiña e ao seu goberno.

Comentarios (1) Xul 13 2009

Carta o Bispo

Posted: under Novas BNG.

Hoxe queremos facer pública a carta enviada o Obispado sobre a maneira de actuar que está tendo as pesoas responsabeis de cáritas no Concello de Baiona.

Ao coidado do Sr. Bispo da Diócese de Tui – Vigo

En calidade de voceiro municipal do BNG, diríxome a vostede para poñer no seu coñecemento a desafortunada situación que está levando adiante o colectivo humanitario de Cáritas en Baiona e que, segundo teño entendido, é da súa competencia ou, en todo caso, da súa responsabilidade.

Durante o reparto da propaganda electoral que realizamos polas casas da vila e das parroquias, recibimos varias queixas de veciñas que son usuarias habituais do servizo de Cáritas en Baiona.

Todos sabemos que cando se recorre a este tipo de servizo faise por extrema necesidade por atoparse en situacións moi difíciles. Tamén somos conscientes de que este tipo de actuacións son tremendamente delicadas e que os que as organizan e xestionan deben ser persoas moi altruístas e ben coñecedoras do que se traen entre mans. Este non é o caso de Baiona, xa que nos consta que a persoa que está ao cargo de tan delicada misión está a utilizar este servizo co obxectivo de rendabilizalo politicamente. Segundo as denuncias recibidas, pediu o voto durante a pasada campaña electoral mentres entregaba alimentos.

Esta situación supón, como vostede se pode figurar, que as persoas que reciben axuda desa institución se sintan certamente coartados a hora de decidir o seu voto.

Xérase ademais unha confusión de dando a impresión de que persoas reciben os alimentos dun determinado partido quen lles da de comer, en vez da institución Cáritas que depende da Igrexa da que forman parte persoas de todos os partidos políticos, incluído o que lle remite esta carta.

O día que o cura lle deu esta responsabilidade a esta persoa, moitas foron as freguesas que lle advertiron que non era a persoa máis adecuada debido simplemente aos antecedentes que tiña. Sen embargo, o párroco fíxolles caso omiso.

Supoño que compartirá a opinión de que non é de recibo que unha institución coma esta sexa desprestixiada por persoas sen escrúpulos para as que todo vale.

Como responsable político, teño a obriga de denunciar tal feito ante a opinión pública e de poñelo no seu coñecemento para que Vostede tome as medidas oportunas.

Agradecendo de antemán a súa colaboración, reciba un cordial saúdo.

Xosé Enrique Fernández

Voceiro municipal do BNG

Comentarios (1) Xul 09 2009

O BNG defende o “Noite Bus”

Posted: under Novas BNG.

Hoxe podemos leer esta nova no Faro de Vigo, referente o Noite Bus e a intención do Sr. Alcalde de eliminar a ruta ente Vigo e Baiona, alegando para elo o botellon e os altercado que sufre a Vila de Baiona sobre todo no verán.

Imos a analisar os números:

1.- Según os propios datos que aparecen na nova, no parque da Palma, reúnense entorno a 3.000 ou 4.000 rapaces no botellón.

2.- O noite bus fai 4 viaxes Vigo-Baiona e outros 4 Baiona-Vigo. A 55 prazas por viaxe, fan un total de un máximo de 220 rapaces e rapazas que poden vir no “Noite Bus” a Baiona.

Analisando estas cifras o nº de rapaces sómentes se vería alterado pola supresión do “Noite Bus” nun 5%.

Que é máis importante, 220 rapaces menos en coches ou reducir esta cifra nun 5% no botellón?

O botellón a día de hoxe é un problema xeral na nosa sociedad, e estamos de acordo en que é preciso buscar fórmulas para paliar os efectos negativos que acarrea, pero coidamos que a eleminiación do “Noite Bus”, non só non soluciona nada os problemas do botellón en Baiona, senon que pode agravar os problemas de accidentes, xa que, estes rapaces si non veñen en Bus, virán en vehículos. E isto sí e moito máis perigoso.

É preciso facer, campañas de sensibilización entre os xóvenes no tocante o consumo racional de bebidas alcohólicas. O uso resposabel do vehículo tras a inxesta de alcohol. É preciso educar a sociadade.

Comentarios (1) Xul 08 2009

Coches e coches e máis coches.

Posted: under Novas BNG.

Agardamos hoxe otro día infernal para poder atravesar Baiona. Onte a media para poder chegar dende a curva do manco, é decir, entre os lindes de Sta. Cristina da Ramallosa e Baiña. Ata o Aral. tradábase unha media de 1 h e 30 minutos, chegando en momentos puntuais a ser superior e tardar en torno a 2 h.

A quén lle teñen que pedir resposabilidades agora os veciños e veciñas de Baiona por este tempo que malgastan nesas interminabeis ringleiras de coches, furgóns, e camións para poder atravesar o centro de Baiona?.

De quén é a resposabilidade?, Quén tomou a decisión de poñerse a asfaltar a rúa Alferez Barreiro en pleno mes de Xullo?

Acaso Baiona xa non é un concello de excelencia turística?, Acaso en Baiona xa non triplicamos a nosa poboación nos meses do verán?

Os argumentos que abandeiran sempre os dicursos do PP, xa non os teñen en conta nin eles mesmos. Seica tantas preocupacións por tantas idas e vidas dos xulgados, xa teñen o noso alcalde un pouco despistado e xa non sabe nin en que día vive.

Hoxe é, mércores, 8 de Xullo do 2009, e nos atopamos en Baiona.

NON SE ACONSELLA, FACER ASFALTADOS NIN FACER OBRAS NAS RÚAS DA VILA NOS MESES DO VERÁN.

Senon ocorre o que está a ocorrer. Unha imaxe pésima para os nosos visitantes, pero o ainda peor dende o noso punto de vista. Un incordio que non se pode consentir para todos os veciños e veciñas do noso Concello.

Levábamos moitos anos agardando polo asfaltado desta rúa, pero, non nos importaba ter que agardar un par de meses máis.

Comentarios (0) Xul 08 2009

A todo porco lle chega o seu San Martiño

Posted: under Novas BNG.

A todo porco lle chega o seu San Martiño, e parece que o Sr. Alcalde de Baiona estáselle aproximando. Hoxe comezan a chegarnos as primeiras novas na prensa sobre posibeis casos de corrupción urbanística no noso concello, ainda que o Sr. Alcalde diga estar moi tranquilo, manifestación del mesmo no pleno de onte, somos conscientes de que non o pode estar, primeiro o revés xudicial da adxudicación do parking do Aral. Agora imputan o equipo jurídico do concello no caso Vista Real. A concelleria de Urbanismo está facendolle favores o seu pai, (que esperábamos?).

O mes de Xullo vai ser un mes moi movido en Baiona, temos un par de regaliños preparados para o Sr. Alcalde. Ezequiel, Mª Esther, …, O Plan Xeral, Os favores partidistas, O amiguismo, …, non son bos compañeiros de viaxe.

Non vos impacientedes, imos dar moito que falar.

Comentarios (1) Xul 03 2009

Secretaria y asesor de Baiona, imputados

Posted: under Novas BNG.

Nota publicada hoxe no Faro de Vigo.

Secretaria y asesor de Baiona, imputados

Susana Gallardo y Juan Colón declaran el lunes por supuesta prevaricación en el caso Vista Baiona

REDACCIÓN – BAIONA El proceso contra el alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, el teniente de alcalde, Manuel Vilar, y otros cuatro ediles del PP por supuesta prevaricación urbanística amplía el número de acusados. La secretaria municipal, Susana Gallardo Fariña, y el asesor jurídico, Juan Colón, deberán declarar como imputados en el caso de la licencia denegada al edificio Vista Baiona, proyectado en el cruce entre Ramón y Cajal y Virgen del Pilar.
Ambos acudirán el próximo lunes, día 6 de julio, a las 11.30 horas, al Juzgado de Instrucción Número 5 de Vigo a prestar declaración en una vista relacionada con las diligencias previas del asunto, cuya investigación ha arrojado nuevas pruebas para imputar a Gallardo y Colón.
La jueza María Jesús Fernández Paz cita también, en calidad de testigos, al arquitecto municipal, Faustino Mena, a Jesús Pérez Gil, propietario de una parte de la parcela y primo de Juan Colón, y a un representante legal de la entidad Gómez Quintairos.
Los nuevos interrogatorios se producen nueve meses después de que el regidor baionés, Manuel Vilar y los concejales Ana Simons, Ángel Rodal, Ángeles Silva y Rosa Ana Marcote contestasen a las preguntas de magistrada y abogados el pasado octubre.
El procedimiento se abrió después de que la sociedad Herederos de Concepción Taboada del Río denunciase al gobierno municipal por denegarle una licencia en una finca incluida en suelo urbano consolidado.
La defensa de alcalde y ediles sostuvo entonces que no se trataba de un solar, sino un área de reparto. De esta forma, se remitieron informes técnicos desfavorables a la concesión directa del permiso. Se obligaba así a los interesados a negociar con Jesús Pérez Gil como beneficiario del proyecto urbanístico. Los denunciantes apuntan a un “trato de favor” a Pérez Gil por estar emparentado con el asesor municipal.

Comentarios (1) Xul 03 2009

Corrupción urbanística en Baiona

Posted: under Novas BNG.

Nota de Prensa que aparece recollida hoxe na Voz de Galicia.

Querela contra o pai da concelleira de Urbanismo de Baiona por unha obra sen licenza

Autor:
Alejandro Martínez

Data
3/7/2009

A fiscala delegada de Ordenación de Territorio e Medio Ambiente presentou unha querela contra o pai e un irmán da concelleira responsable da área de Urbanismo do Concello de Baiona por levar a cabo unhas obras sen a correspondente licenza municipal, nin tampouco unha autorización autonómica previa. Os traballos consistiron na creación dun soto e unha rampla de acceso nunha casa de turismo rural na parroquia de Bahíña.

Segundo o Ministerio Fiscal, o Concello nunca podía autorizar esta actuación porque a normativa vixente sobre turismo rural non permite construcións novas que supoñan un aumento de volume edificado ou modifiquen a arquitectura orixinal.

A pesar de todo, o proxecto levou a cabo. As obras estábanse realizando a comezos do ano pasado e actualmente xa están concluídas. Para a letrada autora da denuncia, esta actuación non pode ser legalizable.

O chan no que se asenta a leira e o inmoble ocupan un área de 6.000 metros cadrados e está clasificado no Plan Xeral de Baiona como chan non urbanizable e definido como rústico na normativa urbanística de Galicia. Tampouco lle consta á Fiscalía que os responsables do negocio estean utilizando o inmoble conforme á autorización que recibiron. A Xunta clasificou a edificación no ano 2004 como «casa de labranza», pero non se coñece actividade agropecuaria algunha en devandito establecemento. O local adoita acoller celebracións e banquetes.

Unha obra empezada

Ezequiel Adolfo Simóns González e o seu fillo Ezequiel Simóns Sánchez son os xerentes solidarios da entidade Villa Rosa Baiona, titulares do establecemento de turismo rural San Antón.

O primeiro deles, un coñecido empresario do sector hostaleiro do municipio, manifestou que a obra xa fora empezada cando comezaron a explotar o negocio. Por outra banda, considera que o soto non supuxo aumento de volume nin modificado a contorna.

A responsable municipal de Urbanismo, Ana Simóns, do PP, manifestou onte que no Concello tiveron coñecemento do caso por mor da denuncia que foi presentada por un particular. Afirmou que desde o departamento municipal de Urbanismo tramitaron dita denuncia abrindo un expediente, que xa foi remitido á Xunta.

Comentarios (1) Xul 03 2009

Radio BNG. Pleno ordinario de Xullo 2009

Posted: under Novas BNG.

radio-bng

Pluse en radio-bng para poder escoitar o pleno.

ORDE DO DÍA:

1.- APROBACIÓN DE ACTAS ANTERIORES.

2.- DACIÓN DE CONTA DOS DAS RESOLUCIÓNS DA ALCADÍA.

3.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO NOVO REGULAMENTO DE SERVIZOS DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BAIONA.

4.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MODIFICIACIÓN DA ORDENANZA DE PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR E TELEASISTENCIA DO CONCELLO DE BAIONA.

5.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO PSOE RELATIVA Ó CONFLICTO DO METAL.

6.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO.

7.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA A CREACIÓN DUN REXISTRO MUNICIPAL DE ACOLLEMENTOS CIVILES.

8.- MOCIÓNS.

9.- ROGOS E PREGUNTAS.

Comentarios (0) Xul 02 2009

Preguntas presentadas polo BNG o pleno de Xullo

Posted: under Novas BNG.

Preguntas para o pleno de Xullo.

1.- Sabe cal é o número de parados existentes na actualidade no Concello de Baiona?

2.- Cantos postos de traballo ten creado o concello no que levamos de ano co fin de paliar os efectos da crise no noso concello?.

3.- Na valoración de candidatos a un posto de traballo no Concello de Baiona, barémase dalgún xeito a feito de que o candidato ou candidata sexa membro dunha unidade familiar, na cal, ningún dos seus membros está percibindo ningún tipo de prestación social.

4.- Sabe cantas familias no Concello de Baiona se atopan nesta situación?

5.- Ten pensado, o Sr. Alcalde, facer algo para solucionar de maneira urxente esta situación?

Comentarios (1) Xul 02 2009