Ponte Nova sobre o Rio Guillade

Posted: under Novas BNG.

Presentamos tamén para o debate neste pleno de Xullo a seguinte moción, pero finalmente se decidiu na comisión informativa que non se incluiria dentro da orde do día, xa que se vai a estudar a posibilidade de engadila o plan de Tráfico que está a exposición pública no Concello.

Texto da moción presentada polo BNG

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO O PLENO DO CONCELLO DE BAIONA RELATIVA A RESTRICIÓN DO TRÁFICO RODADO POLA “PONTE NOVA” DO RIO QUIRINCOVA.

A ponte medieval do século XI I de estilo románico ou tardorrománico sobre o río Quirincova coñecida como “Ponte Nova” que lle dá nome o barrio onde se asenta, de tres ollos trazados con bóvedas de medio punto en perfecta sillería. Esta ponte, ata a construción no trienio liberal, 1820-1823, da nova estrada entre a Ramallosa e Baiona, capitais naquel entón e sendos concellos recen creados, a cal, ainda hoxe pasa polo centro de Sabarís e transcorre paralela o vello “Camiño Real”, era a que pertencía a vía principal que unía Sabarís con Baiona.

Na actualidade, e tralo plan urbanístico do 93 os barrios de O Cruceiro, Areas e Ponte Nova, creouse todo un entramado viario, froito da voráxine urbanística, que posibilitou un menor uso do tráfico rodado, xa que os veciños dos barrios de Outeiro, Morade, Ribeira, O Cruceiro e incluso os vehículos que en temporadas do verán empregaban esta ponte para escapar dos atascos no acceso a Baiona dispoñen de outras alternativas viarias, que fai posibel plantexar agora, a necesidade de que esta ponte deixe de soportar o paso de tráfico rodado.

Fai pouco máis de un ano puidemos comprobar como sufriu outro accidente que derrubou parte dos petrís que aínda quedaban en pé. Un condutor ebrio foi o causante deste novo estrago na ponte, onde o coche que conducía bateu contra un lateral da ponte e seguidamente empotrouse de fronte co outro lateral, quedando o morro do coche pendurado da ponte.

Así mesmo aseguran que son moitos os camións e caravanas que intentan pasar por esta ponte de pouco máis de dous metros de ancho, e que mesmo algúns teñen que saír marcha atrás porque tropezan cos petrís.

A ponte presenta unha situación de total abandono, sendo dos poucos vestixios civís do paso da antiga calzada romana e camiño real. Unha ponte que está encaixada dentro do patrimonio que forma parte da Vila de Baiona e que non se atopa nin tan sequera debidamente sinalizada.

Por isto, é polo que solicitamos do Pleno da Corporación a adopción do seguinte

A   C   O   R   D   O

1.- Proceder de maneira inmediata a restrición do paso do tráfico rodado pola ponte do río Quirincova “Ponte Nova”.

2.- Proceder a sinalizar convenientemente a prohibición do paso de tráfico rodado por esta ponte así como a colocación de elementos que impidan o mesmo.

3.- Solicitar os organismos competentes, tanto provinciais, como autonómicos as liñas de axudas necesarias para poder proceder a retirada da pavimentación existente na actualidade sobre a ponte, así como para a súa restauración, e conservación.

Baiona, 22 de Xuño de 2009

Xosé Enrique Fernández Fernández

Roberto Carlos Valverde Sabín

Comentarios (0) Xuñ 30 2009

Moción Pleno Xullo creación rexistro municipal de Acollementos civiles

Posted: under Novas BNG.

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO O PLENO DO CONCELLO DE BAIONA RELATIVA A CREACIÓN DUN REXISTRO MUNICIPAL DE ACOLLEMENTOS CIVILES.

O “acollemento civil” ou “acto de benvida a comunidade” é unha figura que recoñece como ciudadanos de pleno dereito ós nenos e nenas que están empadroados no concello, trátase, en suma, dun acto laico e civil que ben pode sustituir o tradicional bautizo e naqueles casos nos que as familias optan por non celebrar este acontecemento relixioso.

No Concello de Baiona, existen familias que na actualidade demandan a creación deste tipo de rexistros, para poder dalgún xeito poder deixar constancia pública da chegada dun novo membro a súa unidade familiar.

Por isto, é polo que solicitamos do Pleno da Corporación a adopción do seguinte

A   C   O   R   D   O

1.- Creación dunha comisión que se encargue da elaboración dun regulamento para creación deste novo rexistro municipal, para así poder proceder a posta en marcha do rexistro de acollementos civiles no Concello de Baiona.

Baiona, 22 de Xuño de 2009

Xosé Enrique Fernández Fernández Roberto Carlos Valverde Sabín

Comentarios (0) Xuñ 30 2009

Moción Pleno Xullo Gratuidade libros de texto

Posted: under Novas BNG.

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO O PLENO DO CONCELLO DE BAIONA RELATIVA A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO.

As nais e os pais do alumnado levan décadas loitando por unha mesma causa: que os libros de texto escolares sexan gratuítos para as familias con fillos e fillas matriculados en colexios públicos e concertados. Se como di a Constitución española no seu artigo 27.4 o “ensino básico é obrigatorio e gratuíto”, os manuais de texto que o alumnado necesita para seguir o curso tamén deberían selo. Tal e como está configurado o sistema educativo, o libro é aínda un elemento imprescindíbel que as familias están obrigadas a adquirir cada comezo de curso. En realidade, ao esixir este esforzo económico non se cumpre co precepto constitucional, nin se garante a igualdade de oportunidades de todos e todas á educación.

Por Orde de 6 de xuño de 2003 (Diario Oficial de Galiza do 12 de xuño), convocouse o programa de gratuidade de libros de texto nos centros de ensino sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos, e estabelecéronse as súas normas de organización e funcionamento como un servizo fundamental á sociedade por parte dos poderes públicos, como servizo de préstamos que favorece a igualdade de oportunidades entre o alumnado e inculca valores de solidariedade, conservación do material para a súa reutilización por outras persoas e coidado do ben colectivo.

No curso 2009-2010 dáse un paso atrás, cunha obsesión da actual Consellaría de Educación de desmantelar os logros conseguidos en etapas anteriores argumentando  que non adoptara aínda medidas concretas sobre o programa impulsado polo goberno anterior.

Rexeitamos que unha das primeiras medidas que pon en marcha o goberno do PP sexa a de apoiar os recortes sociais. Desde o BNG, queremos lembrar, que a día de hoxe hai en Galiza 82.000 familias agardando que a Consellaría de Educación defina a súa política en materia educativa, porque aínda non saben que vai pasar cos libros de texto no vindeiro curso académico e qué vai pasar co programa de gratuidade dos libros de texto.

Consideramos inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto, anunciada polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, na sesión do Consello Escolar de Galiza do 18 de xuño, admitidas tamén polo presidente da Xunta de Galiza. Esta proposta de recorte, xunto con outras que a Consellaría de Educación está levando adiante nestes primeiros meses do seu mandato, supón unha medida regresiva que atenta ao carácter público e gratuíto do ensino, e evidencia unha vez máis a política neglixente que este goberno está a levar a cabo.

Esta medida non pode ser a resposta do Goberno aos problemas económicos na actual situación, tal e como argumentou o conselleiro. De feito, nun contexto económico precario, o Goberno debe manter a gratuidade dos libros de texto para favorecer a economía das familias, e non usar a crise como pretexto para artellar discrecionalmente calquera tipo de política, mesmo aquelas que supoñen un ataque frontal ás garantías fundamentais polas que o Goberno debe velar. Esta política supón un paso atrás no plano educativo e social.

A tres meses da toma de posesión non sabe qué política educativa vai empregar, finalizando o curso cun total desconcerto e desconfianza por parte das familias.

É curiosa a maneira de entender a responsabilidade deste novo goberno que, por unha banda, realiza unha absurda enquisa ás nais e aos pais sobre a lingua na que queren os contidos dos libros de texto e, pola outra, toma despoticamente a decisión de eliminar a gratuidade dos mesmos.

Finalmente, debemos recordar que o sistema creado polo anterior goberno da Xunta de Galiza introducía a solidariedade de compartir os libros, e que existen 82.000 familias agardando unha decisión.

Por isto, é polo que o BNG solicita ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte

A   C   O   R   D   O

Instar á Xunta de Galiza a garantir a gratuidade dos libros de texto e do material curricular no vindeiro curso académico.

Baiona, 24 de Xuño de 2009

Xosé Enrique Fernández Fernández Roberto Carlos Valverde Sabín

Comentarios (0) Xuñ 30 2009

BANDEIRAS AZUIS

Posted: under Novas BNG.

 

Hoxe, día no que acude a Baiona o Conselleiro de Medioambiente Agustin Hernandez, acompañado do Sr. Alcalde de Baiona e o Sr. Vilar, responsabel da área de medioambiente no Concello de Baiona, para o acto de izado das bandeiras azuis acadadas este ano, o BNG quere denunciar o estado no que se atopan os areais baioneses.

Nestes días pasados, poidemos comprobar como coa combinación de altas temperaturas con certo vento, os areais e nomeadamente o da praia Ribeira, se convertían en auténticas nubes de pó, do mesmo xeito que moitos veciños, tamén se teñen queixado, xa que cando andas polo areal, se levanta unha polvareda importante. E isto débese a aquela maravillosa idea de votarlle montañas e montañas de area ou terra de rio. Baiona contaba con uns areais estupendos ata aquela fatídica decisión.

Ademais tamén contamos con outro problema no areal da Ladeira, que por certo non leva o galardón, entre outras cousas polo problema do cheiro das algas. Nestes días atrás era insoportable este cheiro, chegando incluso a impregnar todo o barrio das Areas, Cruceiro e Ponte Nova. ¿Qué pensa facer o concello para solventa este problema? ¿Onde está o método innovador anunciado nun pasado pleno polo Sr. Vilar?

Co BNG o areal da Ladeira conseguiu dous anos consecutivos poder lucir o galardón da bandeira azul, entre outras cousas polo tratamento que se lle deu as algas, cuestión tan criticada polo actual equipo de goberno.

Comentarios (0) Xuñ 27 2009

O portavoz nacional afirma que o PP “ten présa por recuperar a alcaldía de Gondomar para volver ao modelo de corrupción urbanística que xa practicaron”

Posted: under Novas BNG.

O portavoz nacional reta a Núñez Feijóo: “El dixo que un corrupto non duraría nin 5 minutos no PP e hai señores que levan bastante máis tempo”

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, referiuse hoxe en rolda de prensa á situación que se vive en Gondomar na que o PP ten anunciado a presentación dunha moción de censura contra o alcalde nacionalista, Antón Araúxo.

O número un do nacionalismo galego aseverou, en resposta ás perguntas dos xornalistas, que “é evidente que ao PP lle molesta unha alcaldía do BNG que desterrou a corrupción urbanística do concello”.

Por iso, Vázquez dixo que os populares teñen “presa por facerse coa alcaldía, presa por volver ao modelo de corrupción urbanística que xa practicaron”, ao tempo que lembrou que “non hai máis razón que esta porque nin hai desgoberno nin descontento social”.

“O PP quer recuperar as prácticas corruptas que se fixeron na localidade durante moitos anos”, apuntou o portavoz nacional, “porque hai persoas que exerceron o goberno do PP en Gondomar que están condenadas por este motivo”.

Nese sentido, o líder do Bloque dirixiuse ao presidente do goberno galego e líder do PpdeG para lle reclamar que actúe “porque el dixo que un corrupto non duraría nin 5 minutos no PP e hai persoas que levan bastante máis tempo”.

Comentarios (0) Xuñ 25 2009

Pleno de Xuño

Posted: under Novas BNG.

radio-bng1

Orde do día:

1.- Aprobación de actas anteriores.

2.- Dación de conta das resolucións da Alcaldía.

3.- Aprobación, se procede, das resolucións das reclamacións presentadas ó presuposto Xeral do Concello de Baiona correspondente o exercicio 2009, e aprobación definitiva.

4.- Aprobación, se procede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

5.- Aprobación, se proecede, da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación do dominio público en solo, vo o subsolo.

6.- Moción presentada polo grupo municipal do BNG relativa a solicitude a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas as obras de mellora dos enlaces na autoestrada AG-57.

7.- Moción presentada polo grupo municipal do BNG relativa a solicitude a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a libertade de peaxe na autoestrada AG-57 respecto os enlaces dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.

8.- Mocións.

9.- Rogos e Preguntas.

Para poder escoitar o pleno podes pichar en radio-bng

Comentarios (0) Xuñ 05 2009