A voltas coa AG-57

Posted: under Novas BNG.

mapa_ag57

Non nos queda máis remedio que voltar a andar a voltas coa AG-57, no vindeiro pleno o BNG leva 3 mocións relativas a autoestrada, con temas recurrentes novamente, por unha banda solicitando a solución definitva da rotonda provisional sa saida de Sabarís, así como o asfaltado dos laterais da autoestrada, por outro lado solicitamos novamente a gratuidade dos tramos de nova construcción de enlace entre os tres concellos, así como tamén o estudio da gratuidade ou rebaixa da peaxe cara Vigo. E como novidade e motiva polas obras de enlace na saída de Sabarís, a solicitude de aproveitamento dunha bóveda que quedará inutilizada.

A nosa pregunta é que fará o PP, que xa ten votado a favor nestas mocións cando non gobernaban na Xunta? e que fará o PSOE que na última ocasión que levamos unha moción sobre a AG-57 votou en contra decindo que non era competencia de política territorial?

O BNG non ten mudado de discurso, e mantémonos firmes nas nosas reinvindicación, tanto estando gobernando como estando na oposición.

xuno-2009-moclaterais-e-rotonda-autoestrada

xuno-2009-mocpeaxe-autoestrada

xuno-2009-mocsoliciitude-a-politica-territorial-de-uso-boveda-autoestrada

ag57_12

Comentarios (0) Mai 28 2009

IMOS A EUROPA, VÉS?

Posted: under Novas BNG.

banner_468x136

É O MOMENTO DE QUE SE FAGA OIR A VOZ DE GALIZA EN EUROPA

As eleccións europeas vanse a celebrar nun cenario marcado pola bipolarización estatal PSOE-PP e a confrontación Goberno-oposición, tentando facer do proceso electoral un ensaio de eleccións xerais, onde, por parte do PP se evidencie a debilidade do PSOE, e por parte do PSOE se defenda a súa política perante a crise económica.

Ante iso, o BNG preséntase co obxectivo de garantir a presenza de Galiza no Parlamento europeo, para influír nas decisións que alí se podan adoptar e teñan incidencia en Galiza (que son moitas).

A PRESENZA DO BNG GARANTE A DEFENSA DOS INTERESES DE GALIZA.

A representación de Galiza con voz propia en institucións de calquera ámbito é irrenunciábel para o nacionalismo galego e beneficiosa para o conxunto da sociedade galega. É a única garantía da existencia política de Galiza en Europa como pobo diferenciado.

O BNG COMO GARANTE DA DEFENSA DOS NOSOS SECTORES PRODUTIVOS

O BNG será a mellor garantía de que os intereses materiais da nosa nación estarán defendidos en Bruxelas. A Unión europea debe porse ao servizo de mellorar o entramado económico dos diversos territorios, non afanarse en destruir sectores produtivos básicos para as economías das nacións europeas, ou mesmo adoptar unha política de “deixar facer” de “liberalizar” a favor de grandes transnacionais e corporacións económicas.

O BNG situará como eixe básico da súa actuación seguir defendendo a intervención desde os poderes públicos en sectores económicos para garantir un desenvolvemento económico de todos os pobos de Europa, negando que a política de desregulación e de libre concurrencia garanta ese principio. Por outra banda, paradoxalmente, a UE vén adoptando unha posición intervencionista en determinados ámbitos que prexudica os intereses de Galiza, que cómpre correxir de inmediato para revitalizar a nosa economía, crear emprego en base ás nosas vantaxes comparativas.

Pularemos por levantar o irracional veto que pesa sobre o estaleiro ASTANO e que poida retornar á construción naval de toda caste, por impulsarmos un novo status institucional para a pesca galega acorde coa súa potencialidade, por lograrmos que o sector lácteo galego teña viabilidade serán algunhas das tarefas que marcaran o noso traballo na Eurocámara.

Ana Miranda e os Concelleiros do BNG

Ana Miranda e os Concelleiros do BNG

Comentarios (0) Mai 20 2009

Pleno Ordinario Mes de Maio

Posted: under Novas BNG.

radio-bng

Por un motivo de falla enerxética (quedámonos sen pilas), non podemos reproducir integramente toda a sesión plenaria, pedimos desculpas e tentaremos que non volte a suceder.

ORDE DO DÍA:

1. APROBACIÓN DE ACTAS ANTERIORES
Acta de 2 de abril de 2009
Acta de 8 de abril de 2009
Acta de 23 de abril de 2009

2. DACIÓN DE CONTAS DOS DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA

3. TOMA DE POSESIÓN DE D. ROBERTO C. VALVERDE SABÍN COMO CONCELLEIRO DO GRUPO MUNICIPAL DO B.N.G.

4. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN DE OBRA PÚBLICA DA CONSTRUCCIÓN E EXPLOTACIÓN DUN CENTRO CÍVICO SOCIAL EN SABARÍS

5. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO NOMEAMENTO DO XUIZ TITULAR DO MUNICIPIO DE BAIONA

6. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

7. MOCIÓNS

8. ROGOS E PREGUNTAS

Podes premer radio-bng, para escoitar o pleno.

Comentarios (0) Mai 15 2009

O paro en Baiona

Posted: under Novas BNG.

Cos números na man, a realidade é que en Baiona aumentou o número de desempregados no noso Concello dende Abril de 2008 a Abril de 2009 un 47%, é decir, 314 parados máis que fai un ano.  Galicia atópase nun incremento porcentual no nº de parados do 32% situándose en 210.662 o número total.

paro-abril-09

Baiona atópase un 15% por enriba da media Galega, e este non é un bo dato, sobre todo tendo en conta que xa se aplicou o Plan E no noso concello con unha inversión de máis de 2 millóns de euros e coa creación de 45 novos postos de traballo, dos cales como moito 22 foron os que tiveron incidencia directa para veciños/as do noso Concello, tal e como se pode comprobar no gráfico anterior.

Se ben é certo que a tendencia mudou nestes dous últimos meses, propiciado basicamente polas medias topadas dende o Estado, ¿que é o que está a facer o Concello de Baiona, para rebaixar o índice de desemprego no noso Concello?.

Nos orzamentos para o exercicio 2009 aprobados polo PP e o seu socio de Goberno o Sr. Vilar, non atopamos ningunha aportación o problema máis grave que ten o noso Concello, nestes intres.

989 veciños e veciñas do noso Concello non teñen traballo a día de hoxe, das cales entorno o 25% das mesas non están percibindo ningún tipo de prestación.

Ademáis un 25% dos desempregados inscritos na oficina de emprego de Baiona non percibe ningún tipo de prestación.

Namentres na rúa fálase de que o Concello non fixo o Entroido pola crise, sin embargo, sí fixo a feira de Abril, fálase do Barça, do Madrid. E no concello  plantéxasenos un pleno para falar de facer un Centro Cívico Social e Deportivo a título privado, de nomear o Xuiz de Paz e de non cobrarlle a Consellería de Sanidade o IBI do centro de saude.

Comentarios (2) Mai 13 2009

Mitin en Gondomar

Posted: under Novas BNG.

banner_468x136

O vindeiro Martes, 19 de Maio, as 20 horas o Auditorio Luis Tobio de Gondomar contaremos coa presenza nun mitin de:

Ana Miranda, cabeza de lista do BNG as eleccións Europeas.

Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG.

Antonio Arauxo, alcalde de Gondomar.

Comentarios (0) Mai 12 2009

Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG

Posted: under Novas BNG.

asambleanacional

Xa se fixo efectiva a primeria das renovacións dentro dos organos de dirección do BNG, despois da Asamblea Nacional do BNG onde se aprovou finalmente o documento político e onde se escolleron os membros do Consello Nacional e da Executiva. Saíndo elixido por un 55% dos votos Guillerme Vazquez.

Para unha lectura máis detida do transcurso desta asamblea nacional extraordinaria recomendamos a lectura dos artigos do Xornal de Galicia.

Agora tocaralle o turno a renovación as comarcas para posterioremente tamén facer o mesmo coas localidades, para deste xeito completar a renovación en todos os órganos de dirección do BNG.

Pero antes teremos que afrontar unha cita moi importante para o noso Pais, as eleccións europeas do 7 de Xuño.

Comentarios (1) Mai 11 2009

Moción do BNG sobre o 17 de Maio, dia da letras Galegas.

Posted: under Novas BNG.
Tags:

Resulta evidente que o proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir na nosa lingua. O respecto á legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e a implementación de cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia semellan non ir na direccion daqueles que aínda poñen proa ao dereito fundamental para que o galego goce no seu territorio do mesmo status legal que o castelán no seu.

Asistimos nos últimos tempos a unha situación esperpéntica, por canto existen sectores –políticos e mediáticos– que pretenden trasladar á opinión pública a idea de que o idioma castelán corre perigo en Galiza por mor da suposta discriminación a que se ven sometidas as persoas que falan nesta lingua.

Mentres tanto, a realidade é claramente á inversa: non só non gozamos dunha realidade que permita a existencia e normalidade dos usos do noso idioma no día a día, senón que ademais resulta evidente un proceso de confusionismo que pretende que as persoas galegofalantes non teñan dereitos lingüísticos, e que os únicos deberes para as administracións públicas queden referenciados ao uso do castelán. Na práctica, estamos na negación da igualdade e convivencia entre as dúas linguas.

De feito, un contundente informe do Consello de Europa elaborado a finais do pasado ano, advertía que no noso País non se están a dar garantías para o uso normal do galego en sectores tan importantes como a educación, a xustiza, os servizos públicos ou os medios de comunicación; incumpríndose de feito os tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos. Na mesma liña, un recente informe da Real Academia Galega sinala que en doce anos reduciuse á metade a cantidade de persoas que falan habitualmente en galego.

Acreditamos que compete ao pobo galego, a través das súas institucións representativas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma; exixindo das institucións de autogoberno a defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e a aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos.

Non obstante, estamos a escoitar declaracións de persoas con cargos de alta responsabilidade no novo Goberno Galego que supoñen un ataque contra do galego e mesmo poden supoñer un perigo de confrontación e de fractura social; á marxe de ir contra de acordos unánimes do Parlamento Galego, nomeadamente contra o recollido no artigo 5 do Estatuto de Autonomía, que sinala o galego como lingua propia de Galiza e a obriga dos poderes públicos de potenciala nos diferentes ámbitos de uso.

Por isto, é polo que solicitamos do Pleno da Corporación a adopción do seguinte

A   C   O   R   D   O

1.       Manifestar a vontade da Corporación municipal na defensa da nosa lingua e, especificamente, nos acordos unánimes adoptados polo Parlamento Galego para instrumentar as medidas de normalización do galego nos diversos ámbitos sociais.

2.       Apoiar o ‘Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego’.

3.       Secundar as campañas e iniciativas que se promovan en defensa do idioma galego e, concretamente, a convocada para o vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela.

Xose Enrique Fdez Fdez

Comentarios (3) Mai 06 2009