NON ABONDA

Posted: under Novas BNG.

p4280005

Hoxe poidemos comprobar como o Sr. Alcalde, despois da vergonza que pasou no pasado pleno, tras Xose Enrique, comentarlle a situación na que se atopaba o parque infantil situado en Trigido, no barrio de Urgal na Parroquia de Belesar. Estes tomaron mediadas e procederon a limpieza da maleza.

Cuestión que entendemos que non é suficiente, xa que, o acceso sigue sendo moi perigoso, e urxe una solución. O pavimento do parque está deteriorado polos constantes verquidos de augas fecais, e ademáis o saneamento segue sen funcionar, cuestión que provocará que en breve este parque volte a estar impracticabel.

O BNG quere convidar o Goberno Municipal a tomarse en serio o seu traballo, e non facer soamente de cara a galeria, os veciños e veciñas ben merecen algo máis. Nós pola nosa parte seguiremos facendo unha oposición fiscalizadora e constructiva coma ben sendo habitual.

Comentarios (1) Abr 28 2009

Pleno Extraordinario Oramentos 2009

Posted: under Novas BNG, Plenos.

radio-bng

radio-bng

Comentarios (0) Abr 25 2009

O Triguido cheira mal.

Posted: under Novas BNG.

p4190099

O BNG de Baiona facéndose eco do malestar existente entre os veciños do Triguido no Urgal na parroquia de Belesar, quere denunciar ante a opinión pública a manifesta ineptitude do alcalde Sr. Almuiña e da súa equipa de goberno.

Esta denuncia facémola por dobre motivo, o primeiro e que no ano 2006 contratouse a empresa Narom a obra de saneamento en Triguido con un orzamento de 99.999,99 € que constaba de dúas partes, unha da instalación de tubarias para a recollida das augas residuais dos veciños, outra da instalación dun pozo de bombeo coa tubaria de evacuación de 233ml que propulsada por dúas bombas de 15 kw, que enviarían as residuais a unha arqueta existente situada na parte alta de este barrio.

Pois a cuestión e que os veciños a día de hoxe seguen esperando a poder usar este saneamento xa que o Sr. Alcalde non foi quen de polo a funcionar, aparentemente, según os veciños, o motivo non e outro que a falla de enerxía pola excesiva potencia das bombas instaladas.

Dende o BNG nos preguntamos, si estes imprevistos non se poden prever, e pensamos que si, según parece agora están buscando alternativas para levar o bombeo a unha cota mais baixa, para así rebaixar a potencia das bombas, e nós preguntámonos, e a tubaria que xa está enterrada ¿qué? ¡cartos tirados¡, que mais da, paga “Juan pueblo”, como aquí estamos sobrados, o importante foi facela obra apresa e correndo para que en vésperas electorais poder conquistar un bo feixe de votos, o engano e a falla do servizo, o pobo é o de menos.

O segundo motivo da nosa denuncia é que este goberno en vésperas electorais e con o único interés de comprar vontades, foi quen de instalar un parque infantil con unha accesibilidade imposible e perigosa, mesmo por enriba do xogo dos bolos, no mesmo barrio, o cal tampouco pódese usar debido nin mais nin menos que enriba del verte unha fosa séptica constantemente, e a cuestión e que o propio veciño que cedeu parte do terreo, avisoulles de que a súa fosa séptica vertía alí e que non era o lugar mais axeitado para un parque infantil, deu o mesmo, o asunto era inaugurar e apañar votos. Si este veciño tivera o saneamento funcionando, non tería fosa séptica que vertera, e si esta non vertera, os nenos poderían intentar escalar a rampa sen matarse e poder ir xogar o parque tódolos días, claro que para iso e necesario que eses nenos vivan nun pobo con un alcalde competente.

Comentarios (2) Abr 22 2009

De San Xián a Baiona.

Posted: under Novas BNG.

A semana pasada poidemos comprobar como se realizaba a excavación para atopar os restos de cinco persoas en dúas fosas comúns en San Xián, e onte comezouse na fosa común que se atopa no cemiterio de Baiona, onde se presume que deverían estar os restos dos asasinados na “volta dos nove” en Baredo.

Un proxecto enmarcado en un convenio entre o Instituto de Estudios Miñoranos, a Consellería de Cultura e o Instituto de Medicina Legal de Santiago.

Espéranse atopar os restos dos nove, ainda que se presumen dificultades, xa que segundo os estudos realizados aparentemente a fosa foi aberta en 1941 para entregar partes de algún corpo a familiares. “Nin aquelas persoas saben o que levaron nin nós sabemos como imos atopar os corpos, probablemente estén restos mesturados”, segundo palabras de Xose Lois Vilar.

Comentarios (0) Abr 14 2009

Pleno extraordinario de Abril

Posted: under Novas BNG.

radio-bng

Nos vos perdades as intervencións do Sr. Vilar, non ten desperdicio. Para poder escoitalo só tedes que pulsar na lista de ligazóns a abaixo a dereita en Radio BNG.

Comentarios (0) Abr 14 2009

Únese o BNG do Val Miñor

Posted: under Novas BNG.

Este venres finalmente consolidouse e tomou forma unha candidatura para a elección de delegados/as que acudirán o vindeiro 10 de Maio a Asamblea Nacional onde o BNG terá que marcar un novo rumbo e elixir a un novo Portavoz Nacional.

A idea xurdiu da intención de varios compañeiros e compañeiras do Val Miñor que tiñan ganas de acudir a esta asamblea nacional e o non estar adscritos a ningunha das correntes que están elaborando listas na comarca de Vigo, UPG, “Quintanistas”, Irmandiños, Esquerda Nacionalistas, … non tiñan moi claro a posibilidade de poder acudir.

Logo de diversas xuntanzas e de facer chamadas as e os militantes de Gondomar, Nigrán e Baiona e coa única intención de “promover a presenza dos militantes do Val Miñor na Asamblea Nacional” estes venres constituíuse unha candidatura formada por 50 militantes.

Unha lista que está encabezada por un representante de cada Concello, deste xeito no primeiro lugar está Carlos Meixome de Gondomar, no segundo lugar Mirta de Nigrán e en terceiro lugar Roberto Valverde de Baiona. Ademáis de contar coa presenza nesta candidatura de concelleiros e concellerias do Val Miñor e do “100% dos alcaldes da comarca de Vigo”, tal que como se comentou nun momento da xuntanza, referíndose claro está o noso compañeiro e Alcalde de Gondomar, Antonio Arauxo.

A elección de delegados realizarase o vindeiro Sábado 18 no Hotel Coia de Vigo, e está previsto que se presenten un total de catro candidaturas: a presentada pola UPG, a presentada polos chamados “Quintanistas” a presentada por o Encontro Irmandiño, Esquerda Nacionalista, e militantes non adscritos da comarca de Vigo, e esta nova lista presentada polo Val Miñor. De aquí sairán escollidos os 183 delegados e delegadas que acudirán a Asamblea Nacional.

Finalmente os delegados e delegadas da lista do Val Miñor que resulten elixidos terán liberdade de voto, xa que a única pretensión da mesma é a presenza de militantes de base da comarca natural do Val Miñor.

Comentarios (1) Abr 11 2009

Pleno Abril 2009

Posted: under Novas BNG.

ORDE DO DÍA:

1.APROBACIÓN DE ACTAS ANTERIORES.
2.DACIÓN DE CONTAS DAS RESOLUCCIONS DA ALCALDÍA.
3.DACIÓN DE CONTA DO ACORDO DE REVISIÓN DA LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTRO DO CONCELLO DE BAIONA CORRESPONDENTE O EXERCICIO 2008.
4.DACIÓN DE CONTA DA LIQUIDACIÓN DO PRESUPOSTO DO ORGANISMO AUTÓNOMO DE TURISMO DE BAIONA CORRESPONDENTE O EXERCICIO 2008.
5.MODIFICACIÓN DE CREDITO 2/2009.
6.RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE FACTURAS 01-RE/09
7.MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL PSdeG-PSOE RELATIVA A CONMEMORACIÓN DAS PRIMEIRAS ELECCIÓNS DEMOCRÁTICAS DE 1979
8.MOCIÓNS
9.ROGOS E PREGUNTAS

Ademáis de todos estes puntos a nosa compañeira Ana María Rodriguez anunciou que mañá e coincidindo co 30 aniversario das primeiras eleccións municipais na era Democrática, fará efectiva a súa renuncia a acta como Concelleira.

Podedes escoitar o pleno que ten unha duración aprox. de 1hora e 10 minutos en radio-bng

Queremos dende aquí agradecer a labor feita sobre todo nestes 6 últimos anos nos que Ana María foi concelleira polo BNG de Baiona.

Grazas Ana polo teu esforzo e traballo.

.

Comentarios (2) Abr 02 2009