A campaña do PP

Posted: under Novas BNG.

Comentarios (0) Feb 27 2009

O Alcalde tenlle medo o Entroido

Posted: under Novas BNG.

Dende o BNG creemos que xa esta ben de tanta hipocrisía de este goberno do Sr. Almuíña, mentres que despilfarran o diñeiro publico, deixan sen entroido os veciños de Baiona, facendo así perder unha oportunidade de que os empresarios da hostalería poidan repor as súas recadacións o día, semella que pretenden resarcilos con a festa da arribada ou quizais con a fería de abril o mais puro estilo sevillano. En canto os veciños non e preciso que se divirtan, que traballen que estamos en crise e que se vallan preparando que xa esta aquí o veran e non podemos estar sempre de carallada, sen dúbida este goberno pensa así, o da hipocrisía o decimos porque mentres non hai cartos para o disfrute dos veciños, si hai para outros menesteres, estos días puidemos enterarnos de que o sr. Alcalde empregou o Plan “PSA / no 31 de marzo do 2008” nunha estación de bombeo no proxecto chamado “saneamento en ramal de chan de xugo y bombeo” a friolera de 44.203,05 € que xa esta conectado e funcionando a pleno rendemento, e que casualmente o único veciño que verte en él e un coñecido empresario propietario dunha instalación hostaleira e que esta relacionado directamente con o goberno municipal, ademais de ser un destacado militante do PP, mentres tanto o Sr. Alcalde , en Baiña nun saneamento financiado por a consellería de Medio Rural, cando estes propuxeron realizar un pequeno bombeo para dúas casas que quedaban por debaixo da cota do saneamento existente, o alcalde contéstalle os veciños que o concello non pode asumir ese mantemento xa que tan so e para dous veciños, dende o BNG recordámoslle o alcalde que na toma de posesión do seu cargo xurou gobernar para todos e que non o esta facendo, que tan so está gobernando para uns poucos, tan so o fai para os do PP. Tamén puidemos enterarnos de que existen varios saneamentos feitos sen poder usar como sucede no Urgal porque están pendentes da conexión eléctrica, xa esta ven de tanta torpeza e ineptitude, e despois presume de que esta o saneamento case o 100%, trapalleiros e mentirosos tan so serven para aparentar e presumir.

Baiona 27 de febreiro 2009

XOSE ENRIQUE FDEZ

Comentarios (1) Feb 27 2009

Emisión do Pleno Extraordinario de Febreiro.

Posted: under Novas BNG.

ORDE DO DÍA:

1. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO DA CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DE XESTIÓN DO SERVIZO PÚBLICO CON EXECUCIÓN DE OBRAS DE REFORMA E CONSERVACIÓN E POSTERIOR XESTIÓN DO APARCADOIRO SOTERRADO DA PALMA.

2. APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA APROBACIÓN DO PROXECTO DE PAVIMENTACIÓN, REPOSICIÓN E SUPRESIÓN DE BARRERAS ARQUITECTÓNICAS NA RÚA ELDUAYEN FINANCIADOS CON CARGO Ó FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL.

Para poder escoitar o pleno, podes pulsar en radio-bng

Comentarios (1) Feb 19 2009

Estamos en campaña

Posted: under Novas BNG.

Comentarios (0) Feb 17 2009

A AP9 é nosa

Posted: under Novas BNG.

Comentarios (0) Feb 17 2009

Baiona non se Vende

Posted: under Novas BNG.

Dende o BNG queremos denunciar unha vez máis, a doble moral que usa o alcalde de Baiona cando fala do PXOU. Non é certo como él dí, que se exporá de novo o Plan Xeral porque quere cumplir a sua promesa.

Ten que facelo por lei, xa que as modificacións que se teñen que facer debido ó informe vinculante da Cotop, non deixa outra alternativa.

Si se fixera como quería o BNG , esas modificacións antes da exposición pública (o que se opuxeron tanto o PP como o PSOE no pleno), os veciños non terían que volver gastar os cartos en novas alegacións, ademáis de facerlle perder o tempo, e dicir, “tomarlles o pelo”.

Con respecto as comisións de seguimento que se teñen celebrado, temos que manifestar que non coincidimos coa valoración que fai o alcalde, xa que da a impresión que é en esas comisións donde se xeneran as directrices dese proxecto, e Xosé Enrique,como membro das mesmas, dí que iso non é certo. Esas comisións tan sirven como informativas, nas que tan preguntamos as dúbidas que temos, pero que en ningún momento se nos da para que as nosas alternativas sexan nin tan siquera debatidas, nin comentadas, nin moito menos aceptadas. Polo tanto é preciso deixar claro que este documento e feito e dirixido polo PP e para o PP, de tal xeito que nos quince días que o B.N.G. abriu un local para que poideran vir os/as veciños/as de todo o concello a facer as alegacións ó PXOU gratuitamente,nos visitaron no noso local máis de 350 persoas, moitas delas nos denunciaban como se recalificara certa zona e quen estaba detrás desa recalificación; cuestión que nos, pudemos comprobar en moitas ocasións.

Isto nos demostra que as cousas non se fan por casualidade, por moito que o alcalde se esforce en dicir que existe transparencia,a verdade é que de todo menos iso.

O BNG falaría de transparencia si participara activamente no proxecto, iso suporía que o goberno non podería facer “o quita e pon” según lle interesa: descataloga vivendas , sitúa edificios dentro da zona de servidume de costas, coloca edificacións de tres plantas no medio das casas unifamiliares, proxecta fondos de saco sin mais sentido que favorecer ós militantes do PP, elimina zonas deportivas para acceder a terreos de amiguetes,… ou simplemente inclúe parcelas de mais de 60.000 m2 como zona verde cando xa o era.Recalifacións algunhas precedidas de suxerencias, pero moitas delas non, como por exemplo:¿Porqué en algunas AR se sitúan os solidos e noutras non?. Este tipo de actuacións non son precisamente exercicios de transparencia, e o BNG esixirá que sexan debidamente xustificados, xa que do contrario, estaríamos diante dun proxecto alomenos sospeitoso.

O BNG reclamou ata a extenuación a relación de suxestións ó Avance, se nos deron xusto antes de escomenzar a exposición pública, e así poidemos (“consta en acta do pleno”) saber que este Plan Xeral esta mangoneado(de feito xa puxemos en coñecemento das autoridades competentes algunhas das “caralladas urbanisticasatopadas).

É evidente que o que hoxe son indicios mañá poden ser probas .

-“Sr. Alcalde fie vostede muy fino, no persoal nada temos contra vostede, no político seremos implacables cos que pretendan vender o pobo de Baiona, non hai marxe de tolerancia, existen agravios entre unhas actuacións e outras similares, o trato é desigual e iso nos manten vixiantes”.

-“Sr. Alcalde cando se aprobe o que vostede e o Sr. Vilar van a aprobar, volveremos a peneiralo,unha, e as veces que fagan falta, e entón: “cuidado, xa ve a que esta caindo”.

Non nos gustaría ver a estampa que se mirou en Gondomar, de Concelleiros do PP reunidos a altas horas a porta do Concello, rezando pola liberdade de dous compañeiros. Chegado o caso, nos, os denunciaríamos igual que fixeron en Gondomar, sen prexuizo”.

Nos non temos grabacións cinematográficas como as de Gondomar, pero insistimos: cuidado, hai cousas que non cadran, rectifiquen as que están mal, nin se lles ocurra mangonear unha nova exposición pública para introducir máis, ou para lexitimar as que están . Que a nova exposición pública sexa para o beneficio dos/as veciños/as, aceptar as alegacións que fixeron (en moitos casos con toda a razón), e non para beneficiar a mais promotores.

Xosé Enrique Fernández Fernández

Ana Rodríguez Fernández

Concelleiros B.N.G. Baiona

Comentarios (0) Feb 17 2009

Voto por correo

Posted: under Novas BNG.

Comentarios (0) Feb 11 2009

Acto Medio Rural

Posted: under Novas BNG.

Comentarios (0) Feb 09 2009

Anxo Quintana Reggaeton

Posted: under Novas BNG.

Comentarios (0) Feb 06 2009

Hoxe tivemos pleno

Posted: under Novas BNG.

ORDE DO DÍA

1.APROBACIÓN DA ACTAS ANETERIORES

2.DACIÓN DE CONTA DOS DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

3.APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA CONCESIÓN DA MEDALLA DE OURO DO EXCMO. DE CONCELLO DE BAIONA A ORDE D A IRMÁS FRANCISCANAS HOSPITALARIAS DA INMACULADA CONCEPCIÓN.

4.APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS BASES DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES SOCIAIS, CULTURAIS, MEDIO AMBIENTAIS, DE PROMOCIÓN DA IGUALSASE DE OPORTUNIDADES,XUVENTUDE, DEPORTIVAS E DE ACTUACIÓNS MUSICAIS DO ANO 2009NO CONCELLO DE BAIONA.

5.APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA APROBACIÓN DOS PROXECTOS FINANCIADOS CON CARGO Ó FONDO DEESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL.

6.APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA SOLICITUDE DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR REALITIVO A CESIÓN DO INMOBLEDE TITULARIDADE PARA UBICACIÓN DA SEDE.

7.APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MOCIÓN RELATIVA A SOLICITUDE Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN EN RELACIÓN O COLEXIO DE FONTES.

8.MOCIÓNS.

9.ROGOS E PREGUNTAS.

Pódese escoitar integramente en radio-bng, duración aprox. 3 horas 5 minutos.

Hoxe entre os ointes en directo atopábanse unha representación de nais do colexio de Fontes.

Comentarios (0) Feb 05 2009