A censura está presente.

Posted: under Novas BNG.

Onte a última hora do día comunicaronnos que non se ia facer a mesa redonda en Covaterreña, xa que o alcalde comentou que o conserxe non traballa os sábados pola tarde.

Que curioso, o sábado pasado o PSOE tivo unha charla en Covaterreña falando do PXOM, ¿non?.

Pero, non queda aquí o tema, xa que a primeira proposta do Mancomunide de comunidades de montes do Val Miñor era facer a mesa redonda no Auditorio V Centenario, e depois de moitas largas o alcalde comentoulles que estaba ocupada pola Banda de Música.

É decir, o Alcalde non cede o auditorio, non cede o uso do colexio Covaterreña, a Capitanía a ten ocupada, con non sabemos que exposición,…

Non será que non quere debatir o PXOM?

Isto só ten un nome CENSURA.

Rectificar é bo.

A Manocomunidade de comunidades de montes do Val MIñor, non se daba por vencida, e xa estaba xestionando o poder facer esta mesa redonda no Centro Cultural de Baiña, pero parece ser que esta mesma mañá recibiron unha chamada dende o Concello decindo que si o Director do Covaterreña non puña impedimento que se podería facer a mesa redonda onde se propuxo en 2º lugar.

Polo tanto, parece ser que finalmente sí teremos mesa redonda.

Comentarios (0) Xan 30 2009

Mesa Redonda sobre o Plan Xeral

Posted: under Novas BNG.

Case en extremis, pero sí, imos poder contar cunha mesa redonda sobre o Plan Xeral de Baiona.

E tivo que ser a Mancomunidade de comunidades de Montes do Val Miñor que a organizase, será este sábado 31 de Xaneiro as 19 horas no Colexio de Covaterreña.

Transcribimos literalmente o convite enviado ó BNG.

Sr/a Secretario/a do BNG no concello de Baiona.

Os montes veciñais en mán común ocupan no concello de Baiona al máis do 50% da sua superficie. O desenvolvemento multifuncional e sustentable dos montes veciñais en mán común debe ser considerado como extratéxico, dado que nos montes veciñais en mán común, non somentes se produce madeira, senon que tamén se dan outros aproveitamentos como poden ser, gandeiros, cinexéticos, contan con importantes restos arqueilóxicos e artquitectónicos e dispoñen de paraxes de elevado interes medioambiental.

Para analisar como queda reflexado o desenvolvemento dos montes veciñais en mán común no Plano de Ordenación Municipal do concello de Baiona, así como de outros temas de interese xeral como poden ser: equipamentos, infraestructuras, polígonos industriais,… e outros que poidan ser do voso interés, a Mancomunidade de comunidades de montes do Val Miñor, quer CONVIDAR ao seu grupo político a unha Mesa Redonda que terá lugar o día Sábado 31 de Xaneiro de 2009 as 7H da tarde no (“Colexio de Covaterreña”)…

Lóxicamente o BNG acudirá a esta convocatoria e quere agradecer públicamente a Mancomunidade de comunidades de montes do Val Miñor, o seu convite e organización desta mesa redonda.

Comentarios (0) Xan 29 2009

En tres días, 100 alegacións

Posted: under Novas BNG.

En tan só tres días o BNG xa leva feita case 100 alegacións, dun total de 60 veciños que temos atendidos. Cuestións como as novas alineacións para retranqueos, ou solicitude de cambio de ordenación de multitude parcelas atópanse entre as alegacións máis demandas. Ainda que tamén xa algún veciño ten solicitado facer una alegación a todo o Plan Xeral.

Tras ter anuciado que o BNG estaría a disposición dos veciños deste Concello para asesoralos e poder facerlle as alegacións que eles estimasen de forma totalmente gratuita, vémonos nestes momento sorprendidos pola gran aceptación que esta medida tivo. Posto que a día de hoxe temos completamente chea toda a lista de citacións que nun principio tiñabamos marcada para 150 persoas. O cal nos obriga a nestes momentos a tres que duplicar esforzos para poder atender a todas aquelas persoas que así nolo están demandando.  A día de hoxe contamos con máis de 200 persoas anotadas, para asesoralos e facerlle as alegacións que se estimen.

Según os nosos cálculos e vendo o arranque destes tres primeiros días, estimamos facer o redor de 500 alegacións de particulares como mínimo.

Cuestións como a creación de dous campos de Golf, a non aposta por un Polígono Industrial que se poida desenrolar, a non solución o tralado do Camping, ou a creación multitude de viais en zonas xá consolidadas son cuestións que a práctica totalidade dos veciños que acuden o local do BNG non entende como se poden plantexar.

Comentarios (0) Xan 22 2009

O parroquia a parroquia rematou.

Posted: under Novas BNG.

O pasado Sábado rematamos co percorrido por todas as parroquias, explicando o alcance do Plan Xeral no noso Concello, con unha afluencia de veciños sen precedentes, foron preto de 800 veciños os que acudiron as nosas charlas, interesándose polo futuro das súas propiedades.

Cuestións como a creación de dous campos de Golf en Baredo, as grandes bolsas de Solo Urbano Delimitado, e Solo Urbano Non Delimitado, a creación dos novos viais, o traslado do Camping, ou a ampliación do polígono Industrial, foron as cuestións que máis interés causaron entre os asistentes.

Hoxe comezamos o perido de asesoramento para a confección de alegacións, no local habilitado para tal efecto na rúa Marqués de Quintanar, 16 Baixo.

Máis de 200 veciños xa teñen reservado día e hora para ser atendidos por compañeiros e compañeiras do BNG, para ser asesorados e poder facerlle completamente de balde as alegacións que se estimen oportunas, sobre a situación das súas propiedades.

Este local estará aberto de Luns a Venres de 18 a 21 horas e os Sábados de 10 a 14 horas. É preciso solicitar citra previa no nº de teléfono 986355133. Xa que moitos días xa están completos.

Comentarios (0) Xan 19 2009

Eu son Anxo Quintana

Posted: under Novas BNG.

Comentarios (0) Xan 17 2009

Pleno de Xaneiro

Posted: under Novas BNG.

radio-bng

Xa está o pleno deste mes de Xaneiro en Radio-BNG, entre outras cuestións que todos poderedes escoitar e valorar.

Queremos salientar que o equipo de goberno non admitiu a urxencia da Moción presentada polo BNG referente os problemas no acceso a Galescola.

Adxuntamos a moción presentada:

MOCION URXENTE DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG O PLENO DO CONCELLO DE BAIONA

Tal e como todos poden saber no pasado mes de Outubro comezou a Galescola de Baiona a dar os seus primeiros pasos. Con un servizo e unha atención excepcional, segundo podemos saber por parte do Pais e Nais dos rapaces que alí están.

Pero así a todo, existen unha serie de deficiencias que é preciso solucionar a maior brevidade, xa neste pleno o BNG ten denunciado en máis dunha ocasión que a localización do edificio onde hoxe se atopa a Galescola non era o lugar axeitado dende o noso punto de vista, cuestión que se cabe colle maior forza en días coma hoxe, días nos que tanto o vento coma a choiva son os protagonistas.

Fan que o mero feito de ter que levar os nenos e nenas a Galescola se converta cáseque nunha “misión imposibel” e moitos pais e nais decidan en días coma hoxe non levar e deixar na casa ós seus fillos.

Cuestións coma unha dobre porta para o acceso a Galescola, e a creación de mamparas que non causen un gran impacto visual pero poidan frear os efectos do vento e a choiva no acceso a esta infraestrutura municipal, son cuestións que entendemos urxentes como para propoñelas o Pleno da Corporación para tomar seguinte acordo:

1.- Realización por parte do Concello das obras de implantación unha segunda porta de entrada da Galescola, así como de elementos que poidan impedir os efectos da choiva e o vento no acceso a mesma.

2.- Estudar a posibilidade inclusión destas obras dentro dos proxectos a realizar con cargo o Fondo Estatal de Inversión Local, para garantir deste xeito unha rápida execución das mesmas.

BAIONA, 15 XANEIRO DE 2008

ANA Mª RGUEZ. FDEZ. XOSE ENRIQUE FDEZ. FDEZ.

Comentarios (1) Xan 15 2009

Parroquia a Parroquia xa levamos dúas.

Posted: under Novas BNG.

O BNG sítese moi satisfeito pola acollida que están a ter a nosa chamadas as charlas que estamos desenrolando por todas as parroquias, explicando a repercusión do Plan para cada unha delas e dando o noso punto de vista o respecto.

En Baiona, a fluencia de veciños e veciñas, sobre todo das zonas de Covaterreña, Percibilleira e San Antón foi importante o redor de 150 persoas, poideron enterarse de cales son as propostas do BNG.

Onte en Belesar, tamén a afluencia de veciños foi notable, non tendo moitos de eles onde poder sentarse. Isto demostra o acerto de BNG o acercarse os veciños para informalos do documento máis importante que un Concello poida levar adiante. E no que todos os veciños do Concello teñen algo que decir, xa que as súas propiedades polo mero feito de ter debuxado unha liña por un lado ou outro, poden quedar dentro ou fora dunha área de reparto, dun SUND ou dun SUD, dun Nucleo Rural ou nunha zona de Uso agrícola, por citar algúns exemplos.

Ademáis de explicacar o noso punto de vista sobre a intención de crear dous campos de Golf en Baredo, de propoñer o traslado do camping da Laderia para un lugar onde non se pode tampouco implantar, así como da ampliación da extensión dun polígono que é inviabel a súa posta en marcha ou a creación de edificios con B+2 en zonas que na actualidade son zonas rurais consolidadas, a edificalidade proposta para o Porto Deportivo, …. Unha das cuestións que máis agrado está tendo entre os asistentes as charlas, é a posibilidade que está a brindar o BNG a todos os Veciños, xa que.

A partires do próximo Lúns 19 de Xaneiro e ata o Sábado 31 o BNG un local situado na rúa Marqués de Quintanar, nº 16 Baixo (Local onde estaba o Todo a Cen a seguir da Ferretería Amorin) en horario de 18 a 21 horas, contará con persoal para axudar totalmente de balde a todas aquelas persoas que queiran facer alegacións a este Plan.

Para poder facer estas alegacións é preciso solicitar previamente unha cita, para poder atender de maneira ordeada a todos os que así o precisen. Para elo pódese pedir cita a través do teléfono 986355133. Só tras dúos dias dende a apertura de citas xa contamos con máis de 50 reservas, a falta de pasar todavía polas parroquias de Baiña, Baredo e Sabarís.

Comentarios (1) Xan 15 2009

O Plan Xeral parroquia a parroquia

Posted: under Novas BNG.

Do mesmo xeito que coa presentación do avance do Plan Xeral o BNG percorreu todas as parroquias informando do significado daqueles planos, con unha gran afluencia de veciños por todas elas.

Agora, no proceso máis importante da tramitación deste Plan antes da súa aprobación definitiva, e logo de estudar toda a documentación en profundidade, voltamos a percorrer todas as parroquias do noso Concello, co fin, de dar toda a información que poidamos de todos os aspectos fundamentais deste Plan.

O futuro do noso Concello está en xogo, e todos os Baionese deben implicarse con este fin.

A todas aquelas persoas que lles interese saber cal será o futuro das súas leiras, tomadas, das súas vivendas. A todas aquelas persoas que queiran saber como lle vai a afectar o Plan Xeral, poderá acudir as asambleas informativas que convoca o BNG.

Colexio de Covaterreña        Martes, 13 ás 20h.

Colexio de Belesar                Mércores, 14 ás 20h.

C. Cultural de Baiña              Xoves, 15 ás 20h.

C.Cultural de Baredo             Venres, 16 ás 20h.

Colexio de Sabarís                Sábado, 17 ás 19h.

cartaz charlas pxom

Comentarios (0) Xan 09 2009

Feliz ano 2009

Posted: under Novas BNG.

Dende o BNG de Baiona, queremos ante todo desexar a todos e todas visitantes deste Blog un feliz 2009.

Agardamos que este novo ano que se presenta certamente complicado, sexamos quen, se cadra, de entre todos e todas dar un pulo a transformación deste noso Pais que xa ten inicidado o BNG en Galiza, para deste xeito poder obter más cotas de autogoberno que nos permitan xestionar e reparitir mellor os noso recursos para deste xeito poder dar unha mellor e máis rápida resposta os problemas do galegos e galegas.

Arrancamos en Baiona un ano decisivo, temos enriba da mesa pendente unha aprovación dun Plan Xeral que marcará o futuro do noso Concello para os vindeiros anos. É preciso centrar todos os nosos esforzos en sacar adiante un plan Xeral que revitalice o noso Concello, que consiga que os nosos fillos e fillas poidan obtar a un posto de traballo, que poidan facer a súa vida no lugar onde naceron e se criaron.

Porque creemos no noso Pais e creemos no noso Concello quen mellor que o BNG para conseguilo.

Saude e Patria

Comentarios (0) Xan 03 2009