A censura está presente.
Onte a última hora do día comunicaronnos que non se ia facer a mesa redonda en Covaterreña, xa que o alcalde comentou que o conserxe non traballa os sábados pola tarde.
Que curioso, o sábado pasado o PSOE tivo unha charla en Covaterreña falando do PXOM, ¿non?.
Pero, non queda aquí o tema, xa que a primeira proposta do Mancomunide de comunidades de montes do Val Miñor era facer a mesa redonda no Auditorio V Centenario, e depois de moitas largas o alcalde comentoulles que estaba ocupada pola Banda de Música.
É decir, o Alcalde non cede o auditorio, non cede o uso do colexio Covaterreña, a Capitanía a ten ocupada, con non sabemos que exposición,...
Non será que non quere debatir o PXOM?
Isto só ten un nome CENSURA.
Rectificar é bo.
A Manocomunidade de comunidades de montes do Val MIñor, non se daba por vencida, e xa estaba xestionando o poder facer esta mesa redonda no Centro Cultural de Baiña, pero parece ser que esta mesma mañá recibiron unha chamada dende o Concello decindo que si o Director do Covaterreña non puña impedimento que se podería facer a mesa redonda onde se propuxo en 2º lugar.
Polo tanto, parece ser que finalmente sí teremos mesa redonda.







