Arquivos pordecembro, 2008

O pleno de Decembro en Radio BNG

Xa está dispoñibel o Pleno Ordinario de Decembro en Radio BNG.

radio-bng

Bo Nadal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios

Primeiro o Centro de Dia, agora a EDAR.

[caption id="attachment_251" align="aligncenter" width="300" caption="Comezo obras EDAR Baiona"]Comezo obras EDAR Baiona[/caption]

Como todos podemos observar a obra máis importante para o saneamento da nosa ría, a Edar de Silleiro que comezou as súas obras no mes de Outubro, despois dun longo proceso para a ocupación dos terreos, e foi inaugurado o seu comezo polo mismísimo presidente da Xunta o Sr. Touriño, resulta que leva parada xustamente dende o día da súa inauguración.

Queremos recordar que o prazo de execución das mesmas é de 18 meses, polo tanto esta obra deberá estar rematada antes de Marzo do 2010. Unha obra que ten un orzamento de 22,5 millóns de Euros.

Este motivo, e a ausencia de respostas, foi o que levou ó BNG de Baiona a elevar o parlamento de Galiza através das súas Deputadas, Modesta Riobó e Ana Pontón as seguintes preguntas.

1.- Ten coñecemento a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel da paralización destas obras?

2.- Cal é o motivo desta paralización?

3.- Qué actuacións vai levar adiante a Consellería de Medio Ambiente a fin de garantizar o cumprimento dos prazos de execución?

Preguntas EDAR Baiona no Parlamento DEC08

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comentarios (1)