Os nomes do mar de Baiona por todo o pais.

Posted: under Novas BNG.

O noso veciño, compañeiro e amigo, Xosé Lois Vilar, está espallando a nosa riqueza cultural e patrimonial por todo o pais. Queremos achegarvos a entrevista que lle fixeron http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13539 do Consello da Cultura Galega, sobre a súa obra recentemente publicada Talasonimia da costa sur de Galicia.

Comentarios (0) Nov 27 2008

Rotundo éxino no primeiro día da Radio BNG-Baiona

Posted: under Novas BNG.

Un grande éxito se conseguiu coa posta en funcionamente da Radio BNG de Baiona, unha radio por Internet que quere achegar a todos e todas de primeira man e sen filtros, todo o que ocorre nas sesións plenarias do noso Concello.

É certo que este ano temos conseguido grandes avances no emprego das novas tecnoloxías para dar a coñecer a vida política de Baiona. Grazas o indiscutible traballo e pulo de Baiona Consciente. Deste xeito o BNG quiso subirse o carro e logo da posta en marcha dunha Web cara as municipais, quisemos poñer en marcha este Blog, que con máis ou menos asiduidade tentamos manter o día.

Tamén o PSOE foi seguindo estes mesmos pasos, para dar a coñecer as súas posturas.

Neste ano, conseguimos tamén, que o Goberno colgase as actas dos plenos, pero a insistencia no tema levounos a dar un paso máis, conscientes do retraso que nalgúns casos ten a publicación das actas, e da necesidade e a obriga que como grupo político temos de poder facer públicos os plenos, recordamos, que nalgún caso, se chegou a propoñer por algún compañeiro a posibilidade de grabalos en video, para posteriormente poder reproducilos nalgún lugar. Cuestións que se antollan complicadas cando menos.

O BNG xa levaba grandando os plenos, antes do comezo da presente lexislatura, para ir facendo con un arquivo sonoro de todos eles, pero a raíz deste pleno, un dos máis importantes de toda a lexislatura, debido a transcendencia tan importante que ten para o futuro do noso Concello, como é, o desenrolo dun planeamento urbanístico, quisemos dar un paso adiente, e puxemos en marcha de xeito experimental a primeira radio por Internet do noso Concello, a Radio BNG de Baiona.

Grazas a todos e todas polos voso ánimos.

Comentarios (0) Nov 26 2008

Non a aprobación Inicial do PXOM

Posted: under Novas BNG.

No pleno extraordinario de onte, o BNG posicionouse en contra da aprobación inicial do PXOM de Baiona, por entre outros motivos, por observar graves irregularidades e pouca transparencia por parte do equipo de goberno na súa tramitación.

importante

Acabamos de poñer en modo de probas a emisión dunha canle de radio por internet na cal, nestes momentos, pódese escoitar o pleno celebrado o día 24 de novembro. Para poder escoitalo debedes descargar o seguinte fichero e descomprimilo.

radio-bng

Comentarios (2) Nov 25 2008