A Santiago por Baiona

Posted: under Novas BNG.

Os municipios de Baiona, A Guarda, O Rosal, Oia e Nigrán están traballando xuntos para conseguir que a Xunta recoñeza oficialmente a variante pola costa do camiño portugués, que leva a Santiago de Compostela. Onte, por primeira vez en relación a esta cuestión, reuníronse os alcaldes dos municipios interesados e a concelleira de Turismo de Nigrán, en representación do seu rexedor. A petición á Xunta, concretamente á Consellería de Cultura, faraa cada Concello de forma individual e á súa vez, elaborarán unha conxunta. «Trátase dunha iniciativa que beneficiará enormemente aos veciños, turistas e ao concello en xeral», comenta o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña. O trazado que propoñen situaría aos peregrinos no Rosal ou A Guarda, tras cruzar o río Miño, en lugar de Tui, para despois pasar por Oia, Baiona, Nigrán e Vigo. á altura de Redondela uniríase co percorrido actualmente recoñecido ata Santiago. «Temos suficientes vestixios que proban que este tramo foi moi utilizado en tempos pasados», sosteñen os alcaldes da Guarda e Oia, José Manuel Domínguez e Alejandro Rodríguez, respectivamente. Basean a súa petición en estudos realizados por investigadores interesados na peregrinación a Santiago. «Ningún fala do camiño portugués en singular», di o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña. Como probas citan óbraa Camiños Portugueses de Peregrinaçao a Santiago, escrita por investigadores portugueses e publicada pola Xunta no ano 1998. E os libros, Camiños Portugueses a Santiago e O camiño portugués pola costa, editados pola asociación Amigos dous Pazos, nos que en ningún momento fálase dunha soa alternativa. Outra das probas que presenta cada municipio son os edificios, como hospitais ou hospederías frecuentados polos peregrinos.
O municipio contou durante a Idade Media con dous hospitais e no século XIX construíuse outro por valor de 51.000 reais. Hoxe en día ese edificio, de máis de douscentos anos, é a biblioteca, que garda tamén probas bibliográficas que poñen de manifesto a realidade do camiño portugués pola costa cara a Santiago. Ademais, o municipio conta con seis imaxes do Apóstolo Santiago, que se atopan na ex Colexiata de Santa María, a Capela de Santa Liberata, a da Misericordia e a de San Juan.

A Consellería de Cultura non descarta a iniciativa nun futuro

A Consellería de Cultura non prevé o recoñecemento do camiño portugués pola costa a curto prazo. Aínda que sostén que estudará a posibilidade unha vez finalizado o Plan de delimitación e Protección dos camiños Xacobeos recollidos na Lei de 1.996, que son os camiños: Francés, do Norte, Primitivo, Portugués, Inglés, Finisterre e Ruta do Sueste. E que se espera estea listo no 2.009.

Ver nota na Voz.

Comentarios (1) Set 25 2008

Humanización en Sabaris

Posted: under Novas BNG.

NOTA DE PRENSA

Volta a ser noticia a Humanización de Sabaris, o goberno municipal fixo a presentación do concurso de ideas para humanizar Sabaris, do cal podemos dicir que en principio todo parece correcto pero que tamén nos parece unha simple declaración de intencións, xa que o único argumento que o Sr. Alcalde ten na súa manga para tratar de conseguir finanzamento ( aprox. según él uns 4 millóns de €) e que si a Xunta financia a rúa da Florida en Vigo, ten a obriga de facelo tamén en Sabaris, o que me parece un argumento ben pobre, non obstante imos dar un voto de confianza a este proxecto que a fin de contas tamén o levabamos nós no noso programa.

Cuestión aparte foi o que sucedeu na asamblea e que ademais o Sr. Alcalde non foi quen de evitar, resulta que os veciños aproveitaron a situación e topándose os responsables directos de tódolos seus males arremeteron contra o goberno, un dicía que porque non se puña un paso de peóns a altura de Ponte Romano, outro porque non se obrigaba a limpar as fincas privadas, outro porque non se sancionaba os coches que aparcaban encima das beirarrúas, outro porque non se voltou a por o radar e controlar a velocidade, outro porque un saneamento que leva instalado mais de un ano e medio aínda non funciona, e así durante dúas horas, e dicir, os veciños recriminaron o goberno non polo proxecto que presentaron senón porque en realidade o que lles molesta e que non gobernan, o Sr. Alcalde non pode seguir mantendo unha postura de victimismo ante as realidades de desgoberno diarias que dificultan a vida cotida da veciñanza, Sr. Alcalde, aplique vostede a ordenanza de limpeza de fincas, Sr Alcalde aplique vostede a ordenanza de tráfico, Sr. Alcalde dígalle o seu socio de goberno que espavile que para eso entre os dous cobran mais de un millon e medio de pesetas o mes, esta si que e unha boa razón para non seguir dicindo o Sr. Alcalde que vamos mellorando, por ese soldo teñen que rozar a perfección.

O BNG pídelle o goberno que baixe da nube e se poña a traballar en serio.

20 setembro 2008

XOSE ENRIQUE FDEZ

Comentarios (1) Set 23 2008

Mocion do BNG – Viais servizo e rotonda autoestrada

Posted: under Novas BNG.

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG O PLENO DO CONCELLO DE BAIONA

Fai unhs dias ,comenzaron as obras de mellora dos enlaces na autoestrada que faran posibel unha mellor comunicación e maior fluidez do tráfico rodado na nosa Vila. Estas obras levan parello a creación de novos viais de servizo para aceder as parcelas afectadas e incluso como vial de alternativo a comunicación interparroquial.

Na construcción da autoestrada fai xa catorce anos a pesares de terse reivindicado en varias ocasions a necesidade de que os viais laterais fosen asfaltados, a administración pública fixo oidos sordos a tal petición, dende o BNG creemos que non existe xustificación ningunha para que de esta volta se siga mantendo esta situación polo que propoñemos o Pleno da Corporación o seguinte acordo:

Dirixirse a Conselleria de Politica Territorial solicitando:

1.- Creación de cunetas en ambolosdous viais laterais de servicio na autoestrada AG-57 saida de Sabaris – Baiona Sur.

2.- Asfaltado das vías de servizo da citada saida.

3.- Solución definitiva a Rotonda provisional neste enlace da Autoestrada AG-57.

4.- Solución definitva a pasarela instalada tamén neste enlace da Autoestrada.

BAIONA, 17 SETEMBRO 2008

ANA Mª RGUEZ. FDEZ. XOSE ENRIQUE FDEZ. FDEZ.

Comentarios (0) Set 22 2008

Non máis privatizacións Sr. Alcalde.

Posted: under Novas BNG.

NOTA DE PRENSA DO BNG

O BNG pedira no proximo pleno a comparecencia da Conselleira de deportes para que explique cal e o motivo da PRIVATIZACIÓN da xestión das escolas deportivas municipais mediante un procedimento negociado sen publicidade e un orzamento de 30.000 €.

A preocupación dos mais de 900 usuarios que acuden diariamente o pabillon deportivo e máxima cando saben que esta actuación vai ir en detrimento da calidade do servicio, non se equivocan xa que as cifras falan por si solas.

A dia de hoxe este servicio municipal ascende aproximadamente a 35.000 € e se desenrola no periocomprendido entre os meses de outubro a xuño, ano tras ano e se convoca un concurso e se abxudican as prazas por meritos, prácticamente sempre repiten casi a totalidade dos monitores xa que o seu bo facer, a sua veterania e o trato human tamen contan sobor de todo para os/as usuarios/as que sempre presumian de estar moi xatisfeitos/as, si ademais engadimos que todos estos monitores de maneira desinteresada acudian sempre a colaborar en outros eventos municipais podriamos decir que esta área funcionaba sola e ben.

Si polo tanto o coste de este servizo ascende a 35.000 € e o concello parte dunha oferta de 30.000 € ¿Qué empresa pode presentarse o negociado para ter -5.000 € de beneficio?

Ou sera que as que se presenten pretenden pagarlle os actuais monitores menos do que cobran agora?

Dende o BNG nos preguntamos como o Sr. Alcalde pode estar pagando todolos meses un salario a un asesor deportivo(Miguel) 918 €/mes mais outro salario a Conselleira de Deportes (Mª Jesús Passos) 1.284,84 €/mes e que a dia de hoxe teñan que privatizar este servizo, dende o BNG nos preguntamos. Sr. Alcalde, ¿é que os seus compañeiros de grupo son tan ineptos que nin tan siquera as actividades que marchan soas son incapaces de xestionar?

Si privatiza estos servicios, ¿como pensa xustificar estos salarios os veciños contribuintes?

Primeiro foi a Privatización do PuntoLimpo, o seguir a Privatización do servizo se limpeza dos locais municipais, agora a xestión das escolas deportivas no pabillon municipal, dende o BNG nos preguntamos ¿CAL VAI SER A PROXIMA PRIVATIZACIÓN MUNICIPAL POR PARTE DE ESTE GOBERNO DO PP?

¿QUE OSCUROS INTERESES DEFENDE O SR. ALMUIÑA? ¿ATA DONDE PRETENDE CHEGAR?

O sr. Almuiña nas suas promesas electorais con o unico afan de conseguir votos engañou os veciños de Baiña prometendolle pistas deportivas.

O sr. Almuiña tamen engañou os veciños de Baredo prometendolle de parte da Deputación muros novos de pedra e portais novos para os que cederan os terreos no ensanche da estrada da parroquia.

O sr. Almuiña quere enganar con proxectos imaginarios e sin base orzamentaria os veciños de Sabaris con unha suposta humanización.

¿Qué sera o que vaia a vender a parroquia de Belesar?

¿Ata cando pensa o Sr. Almuiña seguir engañando as veciñas e veciños de este pobo? Acaso pensa, que vai seguir funcionando o ir de victima polas institucions

Sr. Almuiña foi elexido Alcalde de este pobo para que xestione os seu bens e defenda os intereses dos seus veciños si non e capaz de cumplir con este cometido, non merece vostede ser o Sr. Alcalde de esta Vila.

BAIONA, 18 SETEMBRO DO 2008

XOSE ENRIQUE FDEZ. FDEZ.

Comentarios (2) Set 18 2008

A empresa adxudicataria do Centro de Dia en problemas.

Posted: under Novas BNG.

A crise volta a Baiona, esta vez, con problemas coa empresa adxudictaria da construcción do Centro de Día, se según nos comentaron a empresa Suso Fernadez, S.L. está en suspensión de pagos.

Dende o mes de Maio deixou de traballar nas obras do centro de día, cuestión que xa o BNG denunciou no pasado mes de Agosto, denunciando a finalización do prazo para o remate das obras.

Novas aparecidas na Voz de Galicia, apuntan que en Xeve xa rescindiron o contrato que tiñan con esta empresa, mentres en Baiona non sabemos a qué está esperando o Sr. Alcalde para dar solución a esta situación que non fai máis que restrasar a posta en funcionamento dunha obra moi necesaria no noso Concello.

Comentarios (1) Set 17 2008

Menos demagoxia e máis goberno Sr. Alcalde.

Posted: under Novas BNG.

(Nota de prensa enviada os Medios)

O BNG , considera que as manifestacións feitas polo alcalde de Baiona non son mais que pura demagoxia, si ben e certo que a Conselleria da Politica Territorial, se está retrasando de maneira inexplicable cos informes do novo PXOU, tamén e certo que si o Sr. Alcalde ten tanta ansia de promover vivendas sociais, debera de comenzar por poñer a disposición da Conselleria de Vivenda a parcela do Aral que tantas veces o BNG propuso como idonea para construir vivendas de promoción autonomica, semella que o Sr. Alcalde ten mais interes en manterse no sillon, tragando coa pretensión do seu socio de goberno o Sr. Vilar, de facer un auditorio novo e resolver os problemas dos veciños.

Os veciños/as de Baiona precisan de vivendas de protección Sr. Alcalde, deixe a demagoxia e poña a disposición da Consellería de Vivenda o terreo do Aral.

Dende o BNG creemos que o alcalde e mais o seu goberno “florero” devera de gobernar mais e mellor este povo, xa que a verdade e que non dan unha as dereitas, desta vez tratase das obras do centro de dia que tamén para non variar, levan varios meses paradas, resulta que a empresa deu en suspensión de pagos, pero según as informacións que temos foi antes cando pararan as obras, por discrepancias graves da empresa coa arquitecta, que é a mesma que a da galescola na que tamén a mesma arquitecta tivo problemas coas duas empresas que realizaron as obras, cando en distintas obras e distintas empresas sempre aparece a mesma voz discordante nos da que pensar que algo esta fallando e non entendemos porque o Sr. Alcalde segue defendendo con tanto interese a esta tecnico.Mentres tanto os veciños futuros usuarios de este centro seguen esperando a que a ineptitude do Sr. Alcalde sexa capaz de resolver o problema.

ASDO. XOSE ENRIQUE FDEZ. FDEZ.

Comentarios (1) Set 17 2008

Listaxe provisional Admitidos na Galescola

Posted: under Novas BNG.

Xa falta menos para poder ver nenos e nenas do noso Concello lucir estes uniformes.

Saíu publicada a listaxe provisional de nenos e nenas admitidos para o curso 2008/2009. Pódese consultar pulsado aquí.

Abrese agora un prazo para poder presentar as reclamacións pertinentes desde o día 16 de setembro ata o
día 29 de setembro de 2008 ambos os dous incluidos. As reclamacións presentaranse nas instalacións do concello en horario de 9:00h a 14:00h e de 15:30h a 18:30 horas. Agás o sábado que será no rexistro municipal do concello de 9:00h a 13:00h.

Comentarios (0) Set 16 2008

Novas Axudas Aforro Enerxético

Posted: under Novas BNG.

PODEN SOLICITARSE DENDE HOXE AS AXUDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA E ENERXÍAS RENOVÁBEIS DA CONSELLARÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

  • O departamento de Fernando Blanco convoca máis de 15 millóns de euros en axudas destinadas a empresas, particulares e Administracións locais

O Diario Oficial de Galicia publicou onte as bases da convocatoria das subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de enerxías renovábeis en Galiza correspondentes ao presente ano 2008. A Consellaría de Innovación e Industria destina máis de 15 millóns de euros a orzar as liñas de axuda, que son tramitadas integramente polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e foron convocadas nunha única resolución a través do DOG.

Aforro e eficiencia enerxética

O programa de aforro e eficiencia enerxética da Consellaría de Innovación para 2008 pretende ampliar as subvencións tanto en número de beneficiarios coma no obxecto das axudas. A contía neste concepto varía entre porcentaxes do 10% e do 75% do importe total do investimento e, igual que o ano pasado, procúrase que a tramitación das axudas sexa o máis áxil posible, para o que se dispón da opción de tramitalas por medio da web do INEGA (www.inega.es).

Con 9,8 millóns de euros, Innovación e Industria apoiará proxectos de aforro e eficiencia e auditorías enerxéticas en industrias localizadas en Galiza, así como en empresas do sector servizos; plans de mobilidade urbana sostíbel en concellos e plans de transporte para empresas en centros de traballo. No referido á edificación, poderán recibir subvención persoas e empresas que desenvolvan proxectos de rehabilitación envolvente térmica, de mellora de instalacións térmicas e do alumeado interior das súas vivendas e instalacións así como novas instalacións térmicas de alta eficiencia.

Tamén dentro do programa de aforro e eficiencia, contémplanse axudas para proxectos de coxeración, neste caso para auditorías, estudos de viabilidade e proxectos de coxeración non industrial en empresas do sector servizos. Pola súa parte, os concellos poderán conseguir apoios de ata o 40% para proxectos de renovación do alumeado público e para novas instalacións que sigan criterios de eficiencia enerxética.

Enerxías renovábeis

O outro grupo de axudas é o que ten por obxecto as enerxías renovábeis. A dotación presupostaria que presenta o pulo á solar, á biomasa e ás outras renovábeis chega este ano a 5,35 millóns de euros. Os maiores importes dentro destas axudas son os destinados á implantación de solar térmica (2,2 millóns de euros) e a biomasa (2,49 millóns).

A solar térmica contará con axudas para a súa instalación nos casos nos que non sexa de execución obrigada por mor do novo Código Técnico da Edificación. Tanto as administracións públicas coma os particulares e empresas acadarán un 35% de axuda do investimento neste tipo de instalacións. No caso da enerxía solar fotovoltaica, subvencionaranse ata un 15% dos proxectos cando se contemple a súa conexión á rede, e de ata o 40% cando sexan instalacións illadas. Para outro tipo de renovábeis, como aeroxeradores de baixa potencia para autoconsumo ou microturbinas, a subvención tamén pode chegar ao 40% de axuda cun límite máximo de 10.000 euros.

As caldeiras de biomasa, pola súa banda, contarán co 30% de axuda, ben sexan para uso doméstico, agrario ou industrial. En canto á xeración de calor e electricidade mediante procesos de gasificación de biogás, a axuda será do 15% cun máximo de 120.000 euros por proxecto, sempre e cando a potencia sexa inferior a 500 kw.

Os dous grupos de axudas convocados hoxe, presentados xa polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, redundarán nun maior emprego das enerxías renovábeis e nun maior aforro e eficiencia enerxética, obxectivos encadrados no Plan Enerxético 2007-2012 elaborado pola Consellaría, dentro da Estratexia Energos. Consonte os obxectivos desta estratexia, as liñas de axuda de aforro, eficiencia e renovábeis contribuirán a conseguir que o 95% da enerxía eléctrica consumida en Galiza proveña de fontes renovábeis, reducíndose do 3% ao 2% a taxa de incremento da demanda do noso país.

Comentarios (0) Set 10 2008

Comezan as obras.

Posted: under Novas BNG.
Tags: , ,

Despois de moitos anos comezan as tan reclamadas obras de enlace en Sabarís cara Baredo. Unha reivindicación histórica do BNG dende que se presentara o proxecto da actual autoestrada.

Pero non debemos esquecer que todavía non se resolven as cuestión pendentes neste enlace da autoestrada en Sabarís, queremos aproveitar para recordar que todavía existe unha rotonda provisional de plático no acceso a esta estrada no cruce co camiño Real, acceso que no seu día se quería pechar e que grazas a movilización do BNG xunto cos veciños conseguimos que se deixara de maneira provisional esta rotonda a espera dunha solución definitva na mentres non se construiran as actuais vivendas. Pois resulta que as vivendas xa están construidas e os terreos cedidos pero ninguen move ficha, a realidade é que todavía a día de hoxe a rotonda está provisional e non existe orzamento para solventar esta situación.

Outra reivindicación tamén historica é o asfaltado dos laterais da autoestrada que comunican distintos barrios da zona e que incluso tiveron que ser empregados recentemente como acceso provisional a Belesar mentres se fixeron os traballos de desdobramento do Rio Groba. ¿Cando se pensa acondicionar estes viais?

Traslado da Pasarela no inicio do acceso a autoestrada en Sabarís, unha obra que nunca se empregou nin se empregará entre outras cousas porque non está pensada para o lugar. Existen dúas posibeis propostas plantexadas dende fai moitos anos polo BNG. 1º o traslado da mesma ou o cambio da baixada cara morade cambiala de sentido para que os veciños/as que baixa de Outeiro, Morade ou Ribeira poidan acceder de manera cómoda a mesma.

Outra nova reivindicación é que no avance do Plan Xeral presentado polo Concello na Consellería de Política Territorial a espera de ser informado, contempla un novo acceso a altura de Baiña que daría servizo o Centro de Baiona, unha solución que nos parace moi acertada é necesaría si realmente queremos solventar os problemas de tráfico dunha maneria eficaz. Pois por unha banda nin se contesta este plan por parte de Consellería nin se contempla nada nesta obras que acaban de comezar.

Logo, os accesos os resto de Concello do Val Miñor non van ser de balde, deste xeito si collemos a autoestrada para poder acceder a Gondomar ou viceversa estarémos no mesmo problema que na actualidade, agás que rasquemos no peto. Xa o BNG leva tempo solicitando a gratuidade desta autoestrada, xa que a considerámos unha vía de comunicación principal para a comarca do Val Miñor co resto do País, canto máis reclamar a gratuidade dos enlaces con Nigrán e Gondomar.

Mentres o BNG de Baiona insiste unha e outra vez en todos estes temas, ¿qué fai o equipo de Goberno de Baiona?, ¿qué fai o PSOE de Baiona?

Comentarios (0) Set 10 2008

Falta de información…

Posted: under Novas BNG.
Tags:

Todos temos parte de culpa, pero especialmente o Goberno Baionés por non informar debidamente os veciños e veciñas do noso Concello do procedemento para a matriculación dos cativos na Galescola. Que apareza publicado no DoG, que se saque unha nota de prensa, non é suficiente para dar información. Sería preciso ter feito un mailing a todos os pais que teñan fillos entre 0 e 3 anos, informando sobre os requisitos e o prazos para poder matricular os seus fillos na Galescola. Moitos pais e nais non están enterados a día de hoxe.

Doutro xeito non se pode entender que todavía a día de hoxe existan 22 vacantes na Galescola de Baiona, que comezará a funcionar a partires da segunda quincena de Outubro. Cando nos concellos limitrofes incluso existe lista de espera.

Por outra banda, o concello onte fixo un pre acto de inauguración pola súa conta e risco sen contar co resto de grupos políticos, xa sabemos que so avisan cando a eles lles intersesa a eles.

Comentarios (0) Set 09 2008