Listaxe provisional 1º e 2º Exame acceso persoal a Galescola de Baiona

Posted: under Novas BNG.

Listaxe provisional dos resultados do 1º e 2º Exame para acceso as prazas da Galescola de Baiona. Pulsa aquí para consultalo.

Plantilla de resultados dos exames para o acceso de persoal para a Galescola de Baiona. Pulsa aquí para consultalo.

Para máis información sobre o proceso de contratación de persoal para a galescola, pódese consultar na páxina web do Consorcio Galego de Benestar. Pulsa aquí para acceder.

Comentarios (0) Ago 22 2008

Recordo as victimas.

Posted: under Sen categorizar.

Dende o BNG queremos sumarnos a dor que todo o estado ten, tralo sucedido no aeroporto de Madrid-Barajas.

Por elo queremos dende aquí solidarizarnos cos familiares das víctimas, pasaxeiros e tripulación.

Comentarios (0) Ago 21 2008

Tino Baz en Concerto.

Posted: under Novas BNG, Voceiros.
Tags:

Hoxe temos a Tino Baz en Baiona nun concerto que dará na prazo do Concello, agardemos que non suceda nada estrano que faga que se teña que suspender, non seabemos, alomellor non teremos corrente, …. a saber.

O certo que que dende que o 17 de Maio do 2007 deu o seu concerto na praza da lonxa, concerto organizado polo BNG como celebración do día das letras galegas e como reivincación o pasotismo do goberno local con esta data non poidemos voltar a disfrutar da súa música no noso concello o aire libre. (Neste inverno deu un concerto no BlackSmith).

Suporemos que a Concelleira de Cultura non lle insistirá a Tino Baz para que nos deleite coa sua música en castelan, non vaia a ser que os turistas non o entendan, argumento empregado con esta concelleria, coa acutación de máxia da semana pasada. Os que asistiron poideron comprobar como o Mago fixo o seu espectáculo en castelán e a presentación que o acompañou estaba toda ela escrita en galego. Non sabíamos que se lle tiña subida a cabeza o sindrome de galiciabilingüe a nosa Concelleira de Cultura.

En fin, esperamos disfrutar esta noite dun cantautor excepcional veciño da Guarda e que sinte e quere o noso pais como o que máis. Coas súas letras e sobor de todo, coas súas introduccións as cancións tentaresmos facer entre todos un pouco máis de Pais.

Recomendamos que visitedes a súa páxina Web: www.tinobaz.com

Comentarios (2) Ago 19 2008

Os Tesouros Da Groba.

Posted: under Novas BNG.

Hoxe se cabe con máis forza que nos seus inicios o colectivo SoS a Serra da Groba ten programada unha visita guidada nocturna á serra da Groba.

Saírase ás 20,30 h. da entrada do Parador de Baiona, e porase un autobús para os que non queiran levar o seu coche ata a Cruz de Pau, que será o ponto de partida da xeira, como o ano pasado.

As prazas son limitadas, por iso se repartiran boletos por orde de chegada ate rematar as dispoñibles.

Regresarase remate da Xeira/Festa alá pola 1 da madrugada.

Visitarase antes do solpor as mámoas que hai de camiño ao Foxo Pedriño, o foxo do lobo máis grande da Serra da Groba, e cando xa escureza achegaránse a Laxe Cruzada ,ou tamén chamada Pedra Escrita para ver o máis grande labirinto gravado da península ibérica.

Por certo, iste ano na propaganda institucional do Día Nacional de Galicia,o 25 de xullo, apareceu ,tanto en prensa como no anuncio dos medios televisivos , o laberinto da Laxe Cruzada.

De volta achegarase ao Castelo de Dona Urraca para rematar na campa da Cruz de Pau cunha festa e uns petiscos.

Habera música do país e ambente festeiro para reivindicar a protección da nosa Serra da Groba como un espazo natural e cultural.

Esta actividade xa programada non anterioridade, contrasta co anuncio da ampliación da Rede natura é que exclue todos este lugares que a ollos da consellería de Medio Ambiente non deben de ser de interese a preservar, como demos leer no blog de SosGroba, quedan excluidos “Os humedais e turbeiras, os cumes nos que habitan os Cabalos Ceibes da Groba non son protexidos, nen o seu ecosistema vital. Pola contra, os eucaliptais que baixan cara ao mar si son protexidos.Nón é protexido o río da Groba e as Fragas de Oliveira e de toda a súa ribeira. Non é protexida A Chan do Cereixo e os humedais da Portavedra, onde hai especies animais e vexetais en perigo de extinción pola presión antrópica e de cambios de uso dos solos.

Unha vez máis nos atopamos que os intereses dos poderosos (neste caso das eólicas) priman sobre os intereses xerais e medioambientais.

Distintos colectivos xa se teñen postulado, SosGroba, Adega,…

E nós nos preguntamos:

¿Que fai o Concellerio de Medio Ambiente, Sr. Vilar, é o Sr. Alcalde?

¿Que fai o PSOE de Baiona para evitar esta inxustiza?

Lóxicamente o BNG de Baiona non vai quedar de brazos cruzados, unha vez máis teremos que ser coma fai un ano tralo anuncio do Parque eólico AlbariñoI o único grupo político que se posicione dende o primeiro momento.

Comentarios (1) Ago 14 2008

Paralización das obras do Centro de Dia

Posted: under Novas BNG.

O BNG quere manifestar o retraso que levan as obras do Centro de Dia en Baiona. Dende a visita no pasado mes de Maio do Director Xeral de Benestar da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, D. Bieito Seara Formoso e o Delegado Provincial da Vicepresidencia da Xunta D. Francisco Xabier Verea Argibays, as obras do centro de día permanecerón práticamente inalteradas. Pese o compromiso adquirido polo Sr. Alcade de que as obras estaría rematadas no seu prazo.

Unhas obras que debería estar rematadas segundo o prego de Contratación que se pode consultar na páxina Web do Concellos, os 12 meses da sinatura do contrato, e decir, debería estar rematadas a finais de Xullo deste ano.

Do mesmo xeito queremos recordar que esta obra está a facerse con unha subvención do 90% por parte da Consellería de Vicepresidencia nunha aportación plurianual. Pero que deberá o Concello xustificar a inversión realizada antes de poder ser satisfeita.

Dende o BNG coidamos que o equipo de Goberno unha vez máis está a amosar a súa incapacidade de goberno o non esixir a empresa adxudicataría das Obras o cumprimento do prazos, recordando que isto podería dar pe a unha posibel rescisión do contrato.

O BNG quere expresar a súa preocupación, xa que se trata dunha infraestructura prioritaria para o Concello de Baiona que nos dotará dun equipamento social imprescindibel no noso Concello que aportará un sinfín de melloras para os nosos maiores e os seus familares, é por isto, polo que o BNG quere solicitar que as obras do mesmo se rematen o máis axiña posible para poder facer uso das instalación a maior brevidade.

Para obter máis información sobre o funcionamento, o reglamento, as bases,… dos centros de día podedes visitar a páxina do Consorcio Galego de Benestar pulsando aqui.

Comentarios (3) Ago 13 2008

Abriu o prazo de incripcion na Galescola

Posted: under Novas BNG.

O prazo de preinscrición para novas/os usuarias/os da Galescola en Baiona é do 11 de agosto ao 3 de setembro.

A lista provisional de admitidos e excluídos publicarase o 15 de setembro. O prazo de reclamacións será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte da súa publicación. A lista definitiva de admitidas/os e excluídas/os farase pública o 3 de outubro.

O prazo de matrícula será os días 6, 7 e 8 de outubro nas oficinas habilitadas en cada caso.

Para estas Galescolas, o curso escolar comezará o vindeiro 13 de outubro.

As listas provisionais e as listas definitivas colgaranse nos taboleiros de anuncios dos respectivos concellos, nas Galescolas e na páxina web do Consorcio.

O Consorcio Galego de Benertar ten unha persoa adicada en excusiva no Concello de Baiona dende hoxe mesmo e ata o remate do prazo o vindeiro 3 de Setembro en horario de mañá e tarde para atender todas as dúbidas, e recepcionar todas as solicitudes.

No primeiro día fóron múltiples os pais que se achegaron a pedir información e tamén xa se inscribiron dous rapaces.

As obras de acondicionamente do esterior da Galescola deberán estar rematadas antes de 13 de Outubro

Comentarios (2) Ago 11 2008

Un incendio pon en perigo veciños de Outeiro en Sabarís.

Posted: under Novas BNG.

Namentes o Sr. Alcalde se excusaba ante os medios de comunicación por mor da suspensión do concerto de SonDeSeu, os veciños/as de Outeiro na parroquía de Sta. Cristina da Ramallosa (Sabarís) vivian unha horas de autentica angustia, por mor dun incendio que se declarou as 23 horas de onte Domingo.

O Incencio declarouse a escasos 30 metros dun núcleo de vivendas, grazas a rápida intervención dos equipos de contraincencidos da Consellería de Medio Rural que despregou un total de 2 camións motobombas, e tres brigadas, conseguiron en dúas horas ter controlado o incendio que queimou 1.60o metros cadrados de monte privado.

Neste lugar o igual que en boa parte do Concello existen multitude de vivendas pedagas a fincas privadas que os seus propietarios non manteñen limpas, como foi o caso. Posiblemente o incendio foi provocado por unha cabicha tirada den un coche que circulaba dentre a autoestrada.

Os veciños reclaman que o Concello tome cartas no asunto e aplique a ordenanza de limpeza de fincas para que situacións de angustia coma as vididas onte estes veciños non volten a suceder.

Ver nova na TVG.

Comentarios (0) Ago 11 2008

Onde está Sondeseu?

Posted: under Novas BNG.

Resulta que unha vez máis a incapacidade dos nosos concelleiros non deixaron sen poder deleitarnos coa música e os músicos da nosa terra.

Grazas a gran labor desenrolada pola Concelleira de Cultura, a Srta. María Iglésias Fernandez, os Baioneses e Baionesas así como os turistas que nestes días visitan a nosa Vila quedamos coas ganas de poder ver onte unha actuación maxistral da Orquestra Folc SondeSeu.

O anuncio publicado na prensa era que o concerto sería no parque da Palma, pero finalmente se decidiu facer na praza do Concello, cuestión que non aceptaron os integrante da Orquestra por non cumprir os requisitos mínimos para poder actuar. As dimensión do escenário non permitiría derenrolar o seu espectáculo.

Temos que recordar que a Orquestra SondeSeu está composta por máis de 55 persoas, tal e como se pode comprobar na súa páxina Web.

Si en vez de música Folc se tratase de Sevillanas seguró que farían todo o posibel para que se densenrolase sen problamas.

Comentarios (6) Ago 11 2008