Abriu o prazo de incripcion na Galescola

O prazo de preinscrición para novas/os usuarias/os da Galescola en Baiona é do 11 de agosto ao 3 de setembro.

A lista provisional de admitidos e excluídos publicarase o 15 de setembro. O prazo de reclamacións será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte da súa publicación. A lista definitiva de admitidas/os e excluídas/os farase pública o 3 de outubro.

O prazo de matrícula será os días 6, 7 e 8 de outubro nas oficinas habilitadas en cada caso.

Para estas Galescolas, o curso escolar comezará o vindeiro 13 de outubro.

As listas provisionais e as listas definitivas colgaranse nos taboleiros de anuncios dos respectivos concellos, nas Galescolas e na páxina web do Consorcio.

O Consorcio Galego de Benertar ten unha persoa adicada en excusiva no Concello de Baiona dende hoxe mesmo e ata o remate do prazo o vindeiro 3 de Setembro en horario de mañá e tarde para atender todas as dúbidas, e recepcionar todas as solicitudes.

No primeiro día fóron múltiples os pais que se achegaron a pedir información e tamén xa se inscribiron dous rapaces.

As obras de acondicionamente do esterior da Galescola deberán estar rematadas antes de 13 de Outubro

Chuzame! chúzame -

2 Comentarios »

  1. Baiona Consciente » Gardería baionesa Says:

    13 agosto 2008 at 11:58

    [...] Grazas ao renacido blogue do BNG poidemos enterarnos, se o proveedor de acceso a internet o permite (a anotación de onte quedou en suspenso ata que os sempre eficaces xenios do ADSL tiveron a ben obsequiarnos co seu servizo), que xa está aberto o período de inscrición para solicitar praza na nova Galescola de Baiona. [...]

  2. Pinto Says:

    13 agosto 2008 at 15:53

    Home por fin una nota de prensa. Xa era hora. Parabéns.

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixa un comentario