
Hoxe se cabe con máis forza que nos seus inicios o colectivo SoS a Serra da Groba ten programada unha visita guidada nocturna á serra da Groba.
Saírase ás 20,30 h. da entrada do Parador de Baiona, e porase un autobús para os que non queiran levar o seu coche ata a Cruz de Pau, que será o ponto de partida da xeira, como o ano pasado.
As prazas son limitadas, por iso se repartiran boletos por orde de chegada ate rematar as dispoñibles.
Regresarase remate da Xeira/Festa alá pola 1 da madrugada.
Visitarase antes do solpor as mámoas que hai de camiño ao Foxo Pedriño, o foxo do lobo máis grande da Serra da Groba, e cando xa escureza achegaránse a Laxe Cruzada ,ou tamén chamada Pedra Escrita para ver o máis grande labirinto gravado da península ibérica.
Por certo, iste ano na propaganda institucional do Día Nacional de Galicia,o 25 de xullo, apareceu ,tanto en prensa como no anuncio dos medios televisivos , o laberinto da Laxe Cruzada.
De volta achegarase ao Castelo de Dona Urraca para rematar na campa da Cruz de Pau cunha festa e uns petiscos.
Habera música do país e ambente festeiro para reivindicar a protección da nosa Serra da Groba como un espazo natural e cultural.
Esta actividade xa programada non anterioridade, contrasta co anuncio da ampliación da Rede natura é que exclue todos este lugares que a ollos da consellería de Medio Ambiente non deben de ser de interese a preservar, como demos leer no blog de SosGroba, quedan excluidos "Os humedais e turbeiras, os cumes nos que habitan os Cabalos Ceibes da Groba non son protexidos, nen o seu ecosistema vital. Pola contra, os eucaliptais que baixan cara ao mar si son protexidos.Nón é protexido o río da Groba e as Fragas de Oliveira e de toda a súa ribeira. Non é protexida A Chan do Cereixo e os humedais da Portavedra, onde hai especies animais e vexetais en perigo de extinción pola presión antrópica e de cambios de uso dos solos."

Unha vez máis nos atopamos que os intereses dos poderosos (neste caso das eólicas) priman sobre os intereses xerais e medioambientais.
Distintos colectivos xa se teñen postulado, SosGroba, Adega,...
E nós nos preguntamos:
¿Que fai o Concellerio de Medio Ambiente, Sr. Vilar, é o Sr. Alcalde?
¿Que fai o PSOE de Baiona para evitar esta inxustiza?
Lóxicamente o BNG de Baiona non vai quedar de brazos cruzados, unha vez máis teremos que ser coma fai un ano tralo anuncio do Parque eólico AlbariñoI o único grupo político que se posicione dende o primeiro momento.
chúzame -