Concentración diante do Parador.

Posted: under Novas BNG.

Esta tarde chegounos un sms convocando unha concentración para mañá as 12 do mediodía diante da porta do parador. Co seguinte lema: “Manifesta a túa oposición a area depositada nas praias traida dende o río Miño”.

Dende o noso blog tamén queremos contribuir a este chamamento.

Comentarios (0) Xul 08 2008

Exisimos responsabilidades Políticas.

Posted: under Sen categorizar.

Temos que seguir denunciando a montaña de area que temos na praia da Ribeira, non é de recibo que xa entrada a época alta na nosa vila, teñamos que seguir soportando esa cantidade tan esaxerada de area(mais ben area-terra fangosa) que temos no espello do noso pobo.

 Sempre se lle criticou a este goberno que para eles o mais importante de Baiona era a estrada xeral e a parroquia de Baiona en sí, e que o resto das parroquias eran o “felpudo de Baiona” polo abandonadas que están: cheas de maleza, suciedade, falla de recollida de lixo,…; pero ete aquí que as praias, que non están no interior, dan a imaxe mais pobre do noso concello, porque a praia da Barbeira para poder ducharte temos que acostarnos na area debaixo de esta, porque son uns puñados de centimetros só o que separa a ducha do chan, co conseguinte problema de que sempre estaremos cheos de area-terra fangosa pola altura que puxeron de producto foráneo.

 Eu como membro de A.C.E.B.A. falei co presidente da mesma para saber que se estaba a facer dende a asociación de empresarios de denuncia de esta barbaridade que nos está afectando a tódolos baioneses en xeral, pero aos empresarios en particular porque os nosos clientes se nos queixan de que non temos praia de Ribeira.Da montaña de area-terra fangosa cara as murallas do clube de iates, non se pode pasar coa marea alta, e cando está baixa, se pasas, corres o risco de que suba a marea e teñas que mollarte ata a cintura para poder marchar.E na parte da praia que da a o paseo, o quiosco(con todo o seu dereito) ten a pouca praia que queda chea de tumbonas e pedaletas, deixando a poboación e turistas sen poder disfrutar da praia .

 Dende esta carta quero pedir responsabilidades políticas a quen tivo a desastrosa idea de traer ese producto foraneo as nosas praias, igual que a persoa que deixou a o político responsable a facer esa barbaridade .

Dicir tamén que eu son cidadá de Baiona, empresaria e concelleira do B.N.G..

Un saúdo:

Ana Mª Rodríguez Fernández

Comentarios (0) Xul 08 2008