Baredo volta de novo a mesa do Congreso da man do BNG

Posted: under Sen categorizar.

 

Olaia Fernández Davila, deputada do Grupo Parlamentario Mixto (BNG), volta a preguntar pola batería militar de Cabo Silleiro en Baiona.

No mes de setembro do 2007 xa se formulara unha serie de preguntas nas que o Goberno informou que no protocolo de colaboración asinado entre o Ministerio de Medio Ambiente e o de Defensa, o 8 de novembro de 2006, permite incluír a propiedade Cabo Silleiro (Baiona) na relación de propiedades que poden ser enaxenadas a dito departamento.

Na mesma resposta se comenta que o Ministerio de Defensa ofrece as propiedades do uso da defensa o resto das administracións, entidades e organismos públicos (Concellos e Comunidades Autónomas) que poden ser adicadas a un fin público. Tamén na mesma resposta comentan que o concello de Baiona mostrou interés en adquirir a propiedade, pero sen ofrecer máis información o respecto. Razón pola que se volta a formular as seguintes preguntas:

¿Mantén o concello de Baiona interés en adquirir esta propiedade?

¿Interesouse por esta estrutura militar algunha outra administración?

Veciños do Concello de Baiona, lexítimos propietarios destes terreos antes do seu uso como base militar, reclaman, dado que manteñen esa mesma lexitimidade, a devolución dos mesmos. ¿Ten en conta o goberno a posibilidade de devolver estes terreos os propietarios que os están reclamando?¿Recoñece o Goberno a existencia dos mesmos?. 

Comentarios (2) Xuñ 06 2008

A Galescola comeza a andar.

Posted: under Novas BNG.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar presidido por Quintana acaba de anunciar no DOG 108 do 5 de Xuño a convocatoria do proceso de selección para a contratación de persoal laboral fixo da Galescola de Baiona.

O Bng de Baiona está a preparar unha charla informativa para explicar os requisitos e as funcións dos postos de traballo ofertados que son os seguintes:

4 –> Mestres/as

8 –> Educadores/as

2 –> Servizos Xerais.

Na vindeira semana indicaremos Lugar e Hora da Charla. Para poder obter máis información pódese consultar a páxina Web do Consorcio. O prazo de presentación remata os 20 días da súa publicación no DOG.

Comentarios (0) Xuñ 06 2008

Lecer para os nosos maiores

Posted: under Sen categorizar.

O vindeiro 14 de Xuño celebrarase no Carballiño (Ourense) o programa “Lecer para os nosos maiores” con unha amplia oferta de actividades. Deste xeito e por primeira vez o BNG de Baiona quere convidar os maiores do noso concello a asistir a esta xornada de entretenemento e de lecer, poñeranse a disposición dos interesados autocares de balde para poder acudir a Carballiño que sairán da porta do Parador de Baiona e da Praza de Abastos de Sabarís as 8:30 do Sábado 14 de Xuño, todo aquel interesado en acudir só ten que facer a reserva de praza chamando o teléfono 652823927.

Comentarios (0) Xuñ 06 2008