Baredo volta de novo a mesa do Congreso da man do BNG

 

Olaia Fernández Davila, deputada do Grupo Parlamentario Mixto (BNG), volta a preguntar pola batería militar de Cabo Silleiro en Baiona.

No mes de setembro do 2007 xa se formulara unha serie de preguntas nas que o Goberno informou que no protocolo de colaboración asinado entre o Ministerio de Medio Ambiente e o de Defensa, o 8 de novembro de 2006, permite incluír a propiedade Cabo Silleiro (Baiona) na relación de propiedades que poden ser enaxenadas a dito departamento.

Na mesma resposta se comenta que o Ministerio de Defensa ofrece as propiedades do uso da defensa o resto das administracións, entidades e organismos públicos (Concellos e Comunidades Autónomas) que poden ser adicadas a un fin público. Tamén na mesma resposta comentan que o concello de Baiona mostrou interés en adquirir a propiedade, pero sen ofrecer máis información o respecto. Razón pola que se volta a formular as seguintes preguntas:

¿Mantén o concello de Baiona interés en adquirir esta propiedade?

¿Interesouse por esta estrutura militar algunha outra administración?

Veciños do Concello de Baiona, lexítimos propietarios destes terreos antes do seu uso como base militar, reclaman, dado que manteñen esa mesma lexitimidade, a devolución dos mesmos. ¿Ten en conta o goberno a posibilidade de devolver estes terreos os propietarios que os están reclamando?¿Recoñece o Goberno a existencia dos mesmos?. 

Chuzame! chúzame -

2 Comentarios »

  1. Baiona Consciente » Silleiro… ¿de quén é? Says:

    6 xuño 2008 at 12:13

    [...] o BNG volta a preguntar en Madrid pola situación das baterías de Silleiro. Xa o fixeran en época de precampaña para as Xerais, [...]

  2. Pinto Says:

    3 xullo 2008 at 17:17

    si, a verdade é que as noticias referente a Olaia sempre son do tipo… Olaia Fernández pregunta no parlamento acerca de…. E digo eu, alguén contesta? porque preguntar nos preguntamos todos. pero se non te contestan quedamos como estamos.
    É de louvanza o interese de Olaia, pero coido que quedarse na pregunta non é suficiente. Haberá que xestionar e negociar para coneguilo. Isto soa como o de Quintana que non quere meterse no tema do AVE non vaia ser que salpique. O que quere rodaballos, ten que mollar o cara….. A ver se nos mollamos un pouco. Que parece que se os socios de goberno socialistas o fan mal, deixamoslle facer o que lles pete. Así non se fai país.

    O AVE que o leve Zapatero para madrid, aquí que poñan unha rede de cercanías, fíxate ben que non podo dicir que a melloren se non que poñan unha liña para intercomunicar as cidades e pobos. E agora virán co tema de orografía galega. Iso tamén o din os dos seguros para clavarnos a prima do coche. Non me vale de excusa para que non poidamos ter polo menos trens lixeiros ou tranvias.

    Que opina o BNG sobre o plan da Caride e o Torito sobre infraestructuras? que opian o BNG sobre o plan Integra? Que opina o BNG sobre que nese plan esté previsto facer a ronda de Coruxo,…. por por un exemplo. Eu aindan non escoitei a Quintana falar do tema, nin a Santi Dominguez referirse aos veciños de Coruxo. O van a permitir? Van a permtir facer o vial norte sur de Nigrán depois de criticalo ata a saciedade? Que opina o BNG de Nigrán? Ou é que é mellor non mollarse no asunto non vaia a ser que salpique…. os únicos que dixeron algo coherente polo de agora foi Gondomar, que parece que neste vla miñor son so que lles quedan ainda 2 dedos de fronte e son un pouco coherente, porque o resto parace que andan ás minchas.

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixa un comentario