Pérez Bouza considera “irreal” a cifra de 99% de cobertura de internet no rural galego que da o Goberno

Posted: under Novas BNG.

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, considera “irreal” a cifra de 99% de núcleos de poboación do rural galego que dispoñen de cobertura de internet de banda larga, “algo que pode contrastar calquera cidadán intentando contratar acceso a internet no rural”.

Pérez Bouza preguntoulle esta mañá no Pleno do Senado ao ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, pola “cobertura real” de poboación en zonas rurais e illadas de Galiza que garante o Goberno dentro do Plan de Extensión de Banda Ancha (PEBA) para o presente 2008.

Lembroulle que faltan uns 5 meses para que conclúa o PEBA , unha iniciativa do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que en Galiza está a executar Telefónica para “estender a cobertura de banda ancha ás zonas rurais e illadas onde non existe unha oferta con condicións similares ás dispoñíbeis nas zonas urbanas” e subliñou, con 28.741 núcleos de poboación contemplados, Galiza conta co 49,46% das zonas do Estado obxectivo do PEBA.

O ministro asegura que o 99% da poboación do rural galego ten cobertura para acceder a internet de banda larga

Na súa reposta o ministro de Industria asegurou que Telefónica “está cumprindo as tres condicións que marcamos: cobertura en todos núcleos de poboación de Galiza, chegando como mínimo ao 90% da poboación, e cumprir as condicións de prezos e técnicas marcadas”.

Neste sentido, informou de que “dos 28.806 núcleos de poboación galegos incluídos no Plan PEBA, no 99,8% cumpriuse o obxectivo, achegando a cobertura de internet de banda larga a 313 municipios e a 1,2 millóns de habitantes, o que supón o 99,4 % da poboación” obxectivo.

Engadiu ademais que se abrirá unha nova convocatoria –Fase III do PEBA- para 1.908 núcleos de zonas diseminadas. O ministro concluíu asegurando que “o Estado Español é o país da Unión Europea con máis cobertura de internet no medio rural”.

“Visión triunfalista que non se corresponde coa realidade”

Para o senador do BNG a resposta do Ministro de Industria “ten un ton triunfalista que non se corresponde coa realidade, xa que Telefónica non cumpra ningunha das tres condicións marcadas no Plan PEBA”.

Así, lembroulle que “Telefónica considera que un núcleo de poboación está cuberto cando en realidade trátase dunha cobertura parcial, co que arredor do 20% da poboación destes núcleos segue sen posibilidades de acceder á banda larga”.

Denunciou tamén que “a calidade do servizo que se ofrece é inferior á das áreas urbanas e a custo maior para os usuarios”. Así, os servizos de ADSL rural permiten un ancho de banda de só 512 kb , mentres que o WIMAX e Satélite só de 256 kb.

“O BNG esixe ao Goberno que obrigue a Telefónica a cumprir coas condicións establecidas”

Ademais, lembrou que os clientes do servizo ofertado a través do PEBA non teñen posibilidades, en moitos casos, de contratar outros servizos, como pode ser o DUO, que son en gran medida tractores da extensión do uso da banda longa. “E todo isto -subliñou- por un prezo de 39 € mensuais aos que lle hai que engadir o prezo da liña e o IVE”.

“En Galiza moitos núcleos de poboación do rural seguen sen ter cobertura de internet, e cando a teñen é de calidade inferior e a un prezo inferior á das zonas urbanas. O BNG esixe que o Goberno obrigue a Telefónica a cumprir coas condicións establecidas: acceso á banda larga en todos os núcleos incluídos no Plan PEBA, cun ancho debanda non inferior a 1 Mb, cun prezo non superior a 40€ mensuais e que permita contratar servizos como o DUO”, concluíu o senador do BNG.

En Baiona a situación non deixa de ser tamén preocupante o igual que no resto do pais. Todas as Parroquias do noso Concello teñen problemas no acceso a Banda Ampla, agás o centro de Baiona e o Centro de Sabarís, o resto dos veciños e veciñas baioneses teñen que conformarse co chamado Internet Rural no mellor dos casos, xa que en moitas zonas de Belesar, Fontes, e Baredo esto tampouco é posibel.  A cifra do 99% de cobertura no rural de Baiona non se cumple.

Comentarios (1) Mai 29 2008

Enerxía Eolica na Serra da Groba – NON.

Posted: under Novas BNG.

As políticas de cambio transformador que impulsa o nacionalismo desde o Goberno de Galiza teñen un obxectivo basilar: o de pór en valor todos os recursos propios do país para mellorar as condicións de vida dos galegos e das galegas.

Até a chegada do BNG ao Goberno galego, a Administración autonómica carecía dun proxecto de industrialización do país digno de tal nome. Os sectores produtivos, desde os tradicionais até os emerxentes, non tiñan a Xunta como aliado. En troca, o nacionalismo, desde as súas responsabilidades, ten convertido a Administración nun activo dinamizador da capacidade produtiva de Galiza desde a consideración de que o noso é un país rico que dispón de potencialidades enormes aínda por explotar.

Este é o contexto en que se debe inserir a aposta da Consellaría de Innovación, Industria e Comercio polo desenvolvimento do sector eólico en Galiza vinculando as concesións de explotación deste recurso enerxético á posta en marcha de proxectos industriais autocentrados. Xa que logo, trátase de que os beneficios revirtan en Galiza e non sexan expatriados para engrosar economías alleas. Nesa perspectiva xoga un papel central a participación do sector público como salvagarda do interese xeral.

Sempre pelexou o nacionalismo galego contra as industrias de enclave, contra a inserción dependente de Galiza no conxunto da economía española. Agora, desde o Goberno, a teoría lévase á práctica. Non é defendíbel que Galiza apande con todos os custos –explotación dos recursos naturais, afectación do meio ambiente e doutras actividades produtivas- e apenas obteña os beneficios do valor engadido que toda  industria tranformadora fornece.

O parque Eolico que se prentende construir na Serra da Groba que é un proxecto que se remonta o anterior plan eolico non encaixa dentro desta nova visión que se impulsa dende a Concellería de Industria, polo tanto esta non deixa de ser sinon outro argumento máis para non permitir que se acometal tal desfeita na Serra da Groba.

Comentarios (1) Mai 28 2008

Medio Rural invirte 120.000 € en Baiña.

Posted: under Novas BNG.

 

A consellería de Medio Rural invirtirá un total de 120.000 € para rematar un saneamento en Baiña, esta será unha das inversión que a Consellería acometerá neste ano no noso Concello, ademais do arranxo de distintos camiños en todo o Concello. O Certo é que o BNG volta a realizar inversión no noso Concello algo o cal nos estabamos acostumados cando na Xunta gobernaba o partido popular e no Concello outra forza política as inversión en Baiona eran cero. O BNG dende a Xunta de Galicia ben demostrando que existe outra maneria de gobernar que é pensando na cidadanía, nos veciños e veciñas e non nos cores dos partidos. Deste xeito no noso concello no que resta de ano culmiraranse grandes proxectos e con grandes inversión no noso concello.

Non temos que olvidar que moitas destas inversión se conseguen gracias o gran traballo que os nosos dous cocelleiros están a realizar diante das consellerías do BNG, en breve presentasemos un calendario de actos onde se dará detallada información sobre todo o traballo desenvolvido polas Consellerías do BNG no noso concello.

Comentarios (0) Mai 27 2008

Centro de día

Posted: under Novas BNG.

        

Hoxe estiveron en Baiona o Director Xeral de Acción Social, dependente da Dirección Xeral de Benestar da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, D. Bieito Seara Formoso e o Delegado Provincial da Vicepresidencia da Xunta D. Francisco Xabier Verea Argibay, ambos visitaron xunto cos representantes de todas as formacións políticas baionesas, agás Manolo Vilar as obras do Centro de Dia que se está a executar na Parroquia de Sabarís preto da fonte do Pombal lindando co camiño real. Foi o aparellador municipal, anterior encargado da dirección de obra do centro de día o encargado de realizar as esplicacións do estado actual das obras así como da explicación da súa distribución, segúndo a exposición espérase que despois do verán as obras do centro de día esten totalmente rematadas co cal podería poñerse en marcha antes de que remate este mesmo ano. Con unha inversión por parte de Vicepresidencia da Xunta de Galicia de máis de 600.000 € Baiona será o primeiro dos municipios do Val Miñor de dispoñer dun centro de día Público para uso e disfrute de todas as persoas dependentes e maiores do noso concello, contará ademáis con transporte adaptado para o traslado de todas as persoas que así o precisen.

Neste mesmo ano comezará a verse e materializarse os esforzos realizados e o investimento feito pola Vicepresindencia en políticas de benestar, tanto coa posta en servizo do Centro de día, así como tamén coa posta en marcha da Galescola.

É por isto polo que hoxe o BNG de Baiona felicitou o traballo e o esforzo realizado tanto do Director Xeral como o Delegado Provincial. Grazas por esta política para a XENTE.

Comentarios (0) Mai 22 2008

Ferramentas para o noso idioma

Posted: under Novas BNG.

 O Día do Libro a editorial Ir Indo estreaba na web unha versión electrónica do seu dicionario de galego, poucos días despois mellora este produto cunha nova aparencia gráfica, que completando os contidos do dicionario, que agora conta en cada definición con etimoloxías, equivalentes en portugués, español e inglés, sinónimos, antónimos, variantes, novas traducións e préstamos, converténdose no servizo deste tipo máis completo na Rede.
Amais, os usuarios poderán facer consultar partindo de entradas en portugués, español ou inglés, polo que pode empregarse como axuda para traducións ao galego.
O Dicionario de Galego de Ir Indo tamén se pode consultar dende o móbil grazas á que conta cunha versión WAP, polo que conta cunha grande dispoñibilidade, que sumada ao feito de que recolla as modificacións das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003, o converte nunha ferramenta case imprescidindible.

Comentarios (0) Mai 20 2008

Galego

Posted: under Novas BNG.

Este pasado sábado tivemos multitude de actividades organizadas tanto polo Concello como por distintos colectivos; Pola mañá tivemos a xa tradicional festa da bicicleta organizada polos concellos do Val Miñor e máis unha proba do campionato galego de Carrilanas organizada pola Plataforma Veciñal de Baiña. Xa pola tarde o Concello fixo un acto en conmemoración do día da Letras Galegas!! Puidemos uns poucos Baioneses disfrutar da música da Banda de Música Municipal de Baiona no parque da Palma, e por outra banda a Asociación Cultural O Ximbaleu volveunos a deleitar con outra actividade cultural, desta volta tratouse dun maratón de lectura que comezou as 19:30 e rematou as 21:30 coa actuación de música tradicional a cargo de Moncho e Piño.

O BNG quere aproveitar para felicitar a labor en defensa da nosa cultura que a Asociación Cultural O Ximbaleu está a poñer en práctica no noso Concello e criticar que o único acto (e non é pouco tendo en conta que ata agora nunca se fixo nada) referido o Día das Letras Galegas, fose unha actuación da Banda de Música Municipal. Moi pouca sensibilidade ten a nosa Concelleira de Cultura coa nosa própia cultura.

Por outra banda, a Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de aloxar no portal web da Xunta o tradutor automático español-galego que permite traducir textos de ata 2.500 caracteres e páxinas web completas, o que facilita a lectura de contidos na nosa lingua.
Este tradutor vén a desenvolverse dende hai uns 2 anos e xa se distribuíron licenzas desta aplicación en concellos, no Parlamento de Galicia, nos centros de ensino, na Administración de xustiza, nos medios de comunicación e na Administración periférica do Estado, entre outras entidades, co que se pretende axudar á xeración de contidos en galego.
A nova ferramenta foi desenvolvida no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en colaboración coa empresa Incyta Multilanguage, e agora ponse á disposición de toda a cidadanía de balde.
Polo momento o tradutor só permite pasar textos de español a galego, pero xa se adxudicou nunha convocatoria pública a creación dun tradutor do inglés ao galego e viceversa.

Comentarios (0) Mai 19 2008

O día das Letras

Posted: under Novas BNG.

O Día das Letras Galegas  é unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria no noso idioma ou pola defensa da nosa lingua. Cada ano adicase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se exisen alomenos dez anos dende o seu falecemento. Dende a instauración desta celebración cultural, soamente en 1998 tivo unha adicación conxunta ós poetas medievais Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polas súas cantigas.

A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tan día coma ese, en 1863, publicouse na Habana o primeiro exemplas da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do “Rexurdimento”, o renacemento cultural do galego.

Listaxe de figuras homenaxeadas

O GALEGO é un dereito básico!

Posted: under Novas BNG.

Os responsables dos blogues Contradiscurso 3.0, Selva de Esmelle, Sempre en Galiza, O caderno do Silvio, Galiza Subversiva e O do Alberte xuntáronse para subscribir un manifesto na defensa do noso idioma, no que se destaca o seu compromiso completo e activo coa lingua galega coma principal alicerce da nosa identidade conectiva, se avoga polo uso do galego coma lingua vehicular dos galegos na Internet, se rexeita todo ataque contra o galego, se reclama o dereito a vivir con normalidade na lingua propia de Galicia, se adhiren ao anterior manifesto da Mesa pola Normalización Lingüística e se anima á participación na concentración que a Mesa organizou para o vindeiro domingo, convidando a outros blogueiros a sumarse a esta iniciativa que se leva a cabo baixo o título de Blogues pola Lingua.
Esta nova rede de blogueiros en defensa do galego pretende así defender e promover a lingua galega dende e na Rede, aproveitando as potencialidades da Web 2.0 na que os blogues ocupan un papel destacado, e os seus responsables xa recoñecen que están a recibir moitos apoios doutros blogueiros interesados en apoiar esta iniciativa.

Dende o Val Miñor sairá un autobus cara a manifestación todos os interesados poden chamar o: 669425705.

Comentarios (2) Mai 15 2008

Metedura de pata da Concelleira de Deportes.

Posted: under Novas BNG.

Equipo Femenino

NOTA DE PRENSA

Outro despropósito mais, outra vez o BNG volve a facerse eco das queixas dos pais e nais do clube de baloncesto de Baiona, debido a metedura de pata  da concelleira de deportes Mª Jesús.

Cando non se traballa con interés, cando se ocupa un posto de responsabilidade e non se sabe estar, cando a ineptitude e a tónica habitual, o resultado non tarda en sair a luz.

Así traballa o goberno municipal, que neste caso si se xustifica que a concelleira é un verdadeiro floreiro (como diría Berlusconi).

A Sra. Concelleira de deportes é especialista en crear problemas onde non existen. Nesta ocasión comprometeuse con un campeonato de fútbol sala, como xogadores aos músicos  de bandas de música, sen preguntar si o pabellón de deportes municipal estaría valeiro para estas datas e solo se lle ocurre dispor do pabellón municipal para tal evento sin contar con que xa estaba  comprometido co equipo de baloncesto que temos en Baiona, e non foi quen de resolver a papeleta mais que votando fora a este clube tendo que buscarse eles mesmos a vida.

Cando non hai sentidiño, cando non existe o sentido común, suceden agravios como este.

Loxicamente a indignación dos pais e nais dos rapaces e rapazas do baloncesto está sobradamente xustificada, o Alcalde deberá tomar nota de estos atropelos e tomar as medidas oportunas, sabedor da falla de capacidade do seu grupo.

Xose Enrique Fernández

Portavoz Municipal do BNG en Baiona

Comentarios (1) Mai 02 2008