Enerxía Eolica na Serra da Groba - NON.

As políticas de cambio transformador que impulsa o nacionalismo desde o Goberno de Galiza teñen un obxectivo basilar: o de pór en valor todos os recursos propios do país para mellorar as condicións de vida dos galegos e das galegas.

Até a chegada do BNG ao Goberno galego, a Administración autonómica carecía dun proxecto de industrialización do país digno de tal nome. Os sectores produtivos, desde os tradicionais até os emerxentes, non tiñan a Xunta como aliado. En troca, o nacionalismo, desde as súas responsabilidades, ten convertido a Administración nun activo dinamizador da capacidade produtiva de Galiza desde a consideración de que o noso é un país rico que dispón de potencialidades enormes aínda por explotar.

Este é o contexto en que se debe inserir a aposta da Consellaría de Innovación, Industria e Comercio polo desenvolvimento do sector eólico en Galiza vinculando as concesións de explotación deste recurso enerxético á posta en marcha de proxectos industriais autocentrados. Xa que logo, trátase de que os beneficios revirtan en Galiza e non sexan expatriados para engrosar economías alleas. Nesa perspectiva xoga un papel central a participación do sector público como salvagarda do interese xeral.

Sempre pelexou o nacionalismo galego contra as industrias de enclave, contra a inserción dependente de Galiza no conxunto da economía española. Agora, desde o Goberno, a teoría lévase á práctica. Non é defendíbel que Galiza apande con todos os custos –explotación dos recursos naturais, afectación do meio ambiente e doutras actividades produtivas- e apenas obteña os beneficios do valor engadido que toda  industria tranformadora fornece.

O parque Eolico que se prentende construir na Serra da Groba que é un proxecto que se remonta o anterior plan eolico non encaixa dentro desta nova visión que se impulsa dende a Concellería de Industria, polo tanto esta non deixa de ser sinon outro argumento máis para non permitir que se acometal tal desfeita na Serra da Groba.

Chuzame! chuzame -

1 Comment »

  1. Pinto dixo,

    xullo 3, 2008 @ 17:25

    E a consellería de industria de Galicia que opina de todo isto?
    eu non acabo de entender se as políticas enerxéticas do BNG e o PSOE cochan frontalmente como é posible que sigan mantendo o pacto de goberno. Non son políticas transversais como as de infraestrcuturas e servizos?

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixanos o teu comentario