Centro de día
Hoxe estiveron en Baiona o Director Xeral de Acción Social, dependente da Dirección Xeral de Benestar da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, D. Bieito Seara Formoso e o Delegado Provincial da Vicepresidencia da Xunta D. Francisco Xabier Verea Argibay, ambos visitaron xunto cos representantes de todas as formacións políticas baionesas, agás Manolo Vilar as obras do Centro de Dia que se está a executar na Parroquia de Sabarís preto da fonte do Pombal lindando co camiño real. Foi o aparellador municipal, anterior encargado da dirección de obra do centro de día o encargado de realizar as esplicacións do estado actual das obras así como da explicación da súa distribución, segúndo a exposición espérase que despois do verán as obras do centro de día esten totalmente rematadas co cal podería poñerse en marcha antes de que remate este mesmo ano. Con unha inversión por parte de Vicepresidencia da Xunta de Galicia de máis de 600.000 € Baiona será o primeiro dos municipios do Val Miñor de dispoñer dun centro de día Público para uso e disfrute de todas as persoas dependentes e maiores do noso concello, contará ademáis con transporte adaptado para o traslado de todas as persoas que así o precisen.
Neste mesmo ano comezará a verse e materializarse os esforzos realizados e o investimento feito pola Vicepresindencia en políticas de benestar, tanto coa posta en servizo do Centro de día, así como tamén coa posta en marcha da Galescola.
É por isto polo que hoxe o BNG de Baiona felicitou o traballo e o esforzo realizado tanto do Director Xeral como o Delegado Provincial. Grazas por esta política para a XENTE.
chuzame -