O GALEGO é un dereito básico!

Os responsables dos blogues Contradiscurso 3.0, Selva de Esmelle, Sempre en Galiza, O caderno do Silvio, Galiza Subversiva e O do Alberte xuntáronse para subscribir un manifesto na defensa do noso idioma, no que se destaca o seu compromiso completo e activo coa lingua galega coma principal alicerce da nosa identidade conectiva, se avoga polo uso do galego coma lingua vehicular dos galegos na Internet, se rexeita todo ataque contra o galego, se reclama o dereito a vivir con normalidade na lingua propia de Galicia, se adhiren ao anterior manifesto da Mesa pola Normalización Lingüística e se anima á participación na concentración que a Mesa organizou para o vindeiro domingo, convidando a outros blogueiros a sumarse a esta iniciativa que se leva a cabo baixo o título de Blogues pola Lingua.
Esta nova rede de blogueiros en defensa do galego pretende así defender e promover a lingua galega dende e na Rede, aproveitando as potencialidades da Web 2.0 na que os blogues ocupan un papel destacado, e os seus responsables xa recoñecen que están a recibir moitos apoios doutros blogueiros interesados en apoiar esta iniciativa.

Dende o Val Miñor sairá un autobus cara a manifestación todos os interesados poden chamar o: 669425705.

Chuzame! chuzame -

2 Comments »

  1. baionaconsciente dixo,

    maio 15, 2008 @ 11:14

    Baiona Consciente xa está adherido a este proxecto cáseque desde o seu inicio (o blogue 11 ou 12).

    Todo o que axude á difusión da nosa lingua ten que ser apoiado. Unha grande axuda sería que se desvinculase totalmente a defensa do galego do sentir nacionalista, mais entendemos que é un defecto orixinado porque tradicionalmente os partidos non nacionalistas nunca gustaron moito destas controversias “para isto están os nacionalistas”.

    Habería que deseñar unhas pegatinas: “Falo e non són nacionalista”.

  2. baionaconsciente dixo,

    maio 15, 2008 @ 11:14

    “Falo galego e non són nacionalista”

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixanos o teu comentario