Benvido Ximbaleu

Un novo colectivo cultural se presenta en Baiona con un manifesto sobre a improcedencia da celebración da Feira de Abril en Baiona, e facendo un acto cultural reivindicativo da nosa cultura e tradición, por iso anuncian a participación de grupos de gaitas, pandeiretas, poetas e regueifeiros no que denominará 1º SERÁN Á BEIRA DO MAR – BAIONA 2008.
O BNG de Baiona aplaude esta iniciativa a anima a todos e todas a participar este sábado nesta a nosa Festa.
Comunicando de Ximbaleu:
SOBRE A IMPROCEDENCIA DA FEIRA DE ABRIL EN BAIONA
Os días 25, 26 e 27 de abril de 2.008 a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), o Concello de Baiona e Escola de Flamenco de Baiona están a preparar a 1ª Feira de Abril en Baiona remedando a aquela de Sevilla. Segundo se fala por aí, pois pouco se sabe, serán tres días de actividades con carrozas de cabalos, música ambiental, xa sabedes de cal, actuacións nun gran toldo,casetas,.... nun gran esforzo da Concellería de Cultura do Concello de Sevi.., perdón Baiona.
Está ben que a Escola de Flamenco de Baiona mostre os seus bailes como fan outras escolas de baile de Baiona, ou os alumn@s de tai-chi ou as magnífic@s costureir@s que fan traxes para a Arribada. O que parece non estar ben e que se lle dediquen tres días a esta festa cos cartos do orzamento da cultura do concello e dos que aportan comerciantes e empresarios á súa asociación.
Claro que é necesario dedicarlle unhas horas á Escola de Flamenco, ninguén o dubida, para que os seus membros, dirixidos por esa grande profesional que é Tatiana, a neta de señora Amelia A Curuxeira, mostren as súas habilidades bailaoras.
Poderíamos entender esta festa no medio dun maremágnum de expresións de distintas culturas, pero sempre prevalecendo a nosa. O problema xurde cando os rexedores do noso benquerido Concello organizan no propio Día das Letras Galegas a Festa da Bicicleta, non haberá días no ano!, no canto de adicar ese día, esa semana e todo o ano, a actos lembrando a figura de Xosé María Álvarez Blázquez, con vinculacións miñoranas e incluso baionesas. Tamén se podería o Día das Letras artellar unha Feira do Libro, dentro da rede de Feiras Culturais, ademais subvencionadas pola Xunta (ollar DOG 9/abril/2008). Ou cando pretenden que o futuro Museu de Baiona se convirta nunha pequena Casa das Américas esquecendo toda a inmensa cultura mariñeira do noso pobo. En fin, son necesarios actos que pulen pola nosa cultura, actos que pulen por Baiona, sen intentar ser o que non somos.
Cremos polo tanto que é unha irresponsabilidade social e cultural a organización desta Feira. Non esquezades, gobernantes, comerciantes e empresarios que os mariñeiros de Baiona manteñen viva logo de máis de 500 anos a Danza das Espadas expresión gremial enorme, chea de forza e aproveitando isto organizar, por exemplo, unha xuntanza encontro ou se queredes chamádelle feira de danza de espadas da Península Ibérica. Acordádevos do noso que o tedes esquecido e abondo traballo custou manter vivo este baile orgullo dos que nos sentimos baioneses e temos claro a Baiona e O Val Miñor que queremos.
Por todo isto, cidadáns baioneses que integran a Asociación Cultural Ximbaleu, no convencemento de que a sociedade non se articula só desde a clase política senón que a súa organización civil ten moito que dicir, por isto anunciamos que en Baiona o sábado 26, desde as 12h ás 24h percorrerán as rúas e prazas da vila grupos de gaitas, pandeiretas, poetas e regueifeiros no
1º SERÁN Á BEIRA DO MAR · BAIONA`08
Baiona 26 abril 2008 ·Asociación Cultural Ximbaleu·
José Comesanha dixo:
25 abril 2008 ás 10:19
Moi ben, se queren feira de abril que a paguen dos seus petos.
Galicia, entre el marisco y el fascismo en Antigourmet dixo:
25 abril 2008 ás 21:23
[...] como homenaje a Andalucía, y que unos camisas negras de una siniestra organización llamada ximbaleu van a ir a la carpa donde se celebra la Feria de Abril para boicotearla haciendo sonar sus gaitas, [...]