A Serra da Groba na Rede Natura 2000.
Sos - A Groba, Verdegaia, ADEGA, ASCEL, Ecologistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, Greenpeace España, Grupo de anelamento Anduriña, Matar por Matar Non, Salvemos Monteferro e Syme veñen de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a inclusión da Serra da Groba na Rede Natura 2000.
A Serra da Groba actualmente non conta con ningunha figura de protección pese a contar con numerosos e importantes valores naturais que a fan merecedora de ser incluída na Rede Natura 2000. Entre os motivos alegados para solicitar que pase a formar parte desta rede europea de espazos protexidos son os elevados valores faunísticos, botánicos, xeolóxicos e arquelóxico-etnográficos cos que conta esta serra. O L.I.C. Serra da Groba constaría de seis zonas unidas por corredores naturais. Estas zonas correspóndense con áreas da serra da Groba con especial valor ambiental, onde á presenza de hábitats de interese comunitario úneselle a existencia de hábitats calificados como prioritarios, e a de especies animais e vexetais de especial valor. Na nosa proposta consideramos unha área de protección en torno a estes espazos para evitar que se acaben por converter en illas rodeadas dun entorno grandemente alterado. As comunidades vexetais de protección prioritaria que encontramos na serra da Groba, ademais, desenvólvense arredor de humedais, altamente sensíbeis a alteracións de orixe antrópica. Identificadas as zonas de maior valor ecolóxico, procuramos que non se rompera a continuidade entre as mesmas, estabelecendo no seu caso corredores naturais. Estes corredores coinciden coas áreas máis elevadas da serra, fuxindo na medida do posíbel das zonas máis degradadas a nivel ecolóxico, como é o caso dos monocultivos de eucalipto.
Dende o BNG de Baiona queremos amosar o noso apoio incondicional a inclusión da Serra da Groba na Rede Natura 2000, este non deixa de ser outro intento para conseguir que a Serra da Groba pase a ser un espazo natural e cultural a conservar e potenciar, e por outra banda, non deixa de ser outro intento para que o parque eólico Albariño I non se instale na nosa Serra.
O BNG de Baiona foi o único grupo político que dende o primeiro momento se movilizou e posicionou na defensa da Serra da Groba, ata o punto de ser un integrante máis da plataforma Sos A Serra da Groba e elevar o devate dentro BNG para conseguir un posición clara e común.
chuzame -