Que é o consorcio

Consorcio

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, integrado pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia e por 237 concellos galegos, é a fórmula xurídica escollida para unha xestión moderna e innovadora dos servizos sociais.

Algunha das vantaxes deste modelo é a de que se poida garantir a prestación de servizos de calidade con niveis suficientes de cobertura, a flexibilización do acceso e do uso dos recursos sociais e a mellora dos dispositivos de coordinación. Igualmente, redundará en beneficio da eficiencia e da eficacia no desenvolvemento das competencias propias da Xunta, tanto na planificación coma na programación, na ordenación e na coordinación do Sistema Galego de Servizos Sociais. Dende a Vicepresidencia da Xunta apóstase pola posta en marcha de políticas sociais do século XXI, modelos innovadores que apostan decididamente pola iniciativa pública e por un compromiso de xestión en clave de País. Trátase dun sistema de servizos que ten por obxectivo cohesionar e artellar socialmente o país, con intervencións dirixidas a consolidar o noso tecido sociocomunitario, reforzando os vencellos sociais e combatendo os procesos de desestructuración terriotorial e social que os debilitan.

O Consorcio conta con dúas áreas de traballo: Igualdade e Benestar. Na primeira púlase pola igualdade entre homes e mulleres co desenvolvemento do V Plan de Igualdade de Oportunidades, así como pola protección das mulleres vítimas de malos tratos. As familias son tamén obxecto de atención desta área e, para o seu benestar, trabállase desde o Consorcio na posta en marcha do IV Plan Integral de Apoio ás Familias.

No terreo do Benestar o principal proxecto é a creación da Rede Pública de Atención á Terceira Idade e á Dependencia, na busca, entre outros aspectos, de mudar neste eido a relación de dependencia dos concellos respecto da Xunta de Galicia. A atención á xuventude tamén terá cabida no Consorcio, coa estreita colaboración na xestión dos Centros Quérote postos en marcha pola Vicepresidencia da Xunta. Outros dos ámbitos de actuación focalizados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar será a loita contra a pobreza e a exclusión social, estratexia que se desenvolverá sobre a base do II Plan Galego de Inclusión Social.

Ademais, o Consorcio é o organismo xestor da Rede Galega de Escolas Infantíns -Galescolas-, un proxecto educativo de calidade para crianzas de entre tres meses e tres anos que ten por obxecto adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega.

Grazas o acordo unánime de todos os grupos políticos no pasado Pleno, Baiona pasa a ser un dos concellos integrantes do consorcio galego de benestar.

Nestes momentos están en fase de costrucción o Centro de día en Sabarís e a Guardería Infantil poderá pasar a formar parte de rede de Galescolas da Xunta de Galiza.

Chuzame! chuzame -

Deixanos o teu comentario