Chegou o correo?

Correos

Esta é a pregunta que todos os Baioneses nos facemos diariamente, sobor de todo nos comercios e empresas en datas coma estas nas que se está a esperar por esas facturas de fin de més para poder pechar o trimestre e poder enviarlle toda a información a xestoría para que `prepare o Ive.

Onte saía una referencia no Faro de Vigo una nota sobre este tema. Algo que xa ten denunciado o BNG en multitude de ocasións. A falta de persoal, engadido a problemática das direccións nas parroquias, fan que, por poñer un exemplo, cando Paco (Carteiro de Sabarís) está de Vacacións ou enfermo o correo xa non é que tarde 15 días, senon que chega a tardar máis de 30.

A solución coidamos que non é unha soa, senon unha serie de elas, como poden ser:

1º- Todos debemos de dispoñer de Buzon para o Correo e ben visibel.

2º- Debemos de revisar todo o noso correo e correxir aquelas direccións que non se atopen axustadas a nosa dirección: verificar o nome da rúa, o Lugar, a Parroquia e o Código Postal.

3º- O Concello debe revisar a numeración das rúas e camiños, así como elaborar un rueiro de todo o Concello.

4º- Correos deberá de dispoñer do persoal preciso para a demanda de correspondencia existente en cada Parroquia deste Concello, é reforzalo naqueles meses que sexa preciso.

Pola parte que nos toca a nós, podremos elevar o Pleno unha moción referente os apartados 3º e 4º para tentar solventar esta problemática.

Chuzame! chuzame -

1 Comment »

  1. Baiona Consciente » Actividade opositora dixo,

    abril 11, 2008 @ 13:49

    [...] o BNG se ocupa de Correos e a Feira de Abril, o PSOE fala da Praza de Abastos e o Casco Vello. Hai un punto de encontro no [...]

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixanos o teu comentario