Faille un clic ao galego
Microsoft ofrece e a posibilidade de usar o galego como lingua principal do seu sistema operativo Windows Vista, como xa sucedera co Windows XP e co paquete Office. Bastará con instalar un parche para ter o sistema traducido. A presentación do novo interface, que poderá descargarse xunto con outros dende a páxina de Microsoft, tivo lugar nas xornadas "Faille un clic ao galego, que se desenvolveron o 8 de abril no Pazo de Congresos e exposicións de Santiago.
Se todavía non tes os teu sistema operativo en galego, aproveita agora para poder facelo, é moi sinxelo, dende este enlace poderedes traducir o galego tanto o Windows Vista, como o Windows XP, o Office 2003 ou o Office 2007.
Por outra banda a Consellería de Innovación e Idustria a través do portal mancomun.org pon a nosa disposición toda unha serie de software libre é en galego para que poidamos utilizar: Sistemos opeativos, Programas de Facturación, Open Office, Diccionarios, Correctores ortográficos, Traducctores,... e unha multitude de ferramentas totalmente gratuitas e moi útiles.
chúzame - 
Marcote Says:
10 abril 2008 at 11:41
Non sei como a estas alturas a Xunta lle segue a facer o xogo a Microsoft.
Resulta que o Sistema Operativo GNU/Linux leva máis de 5 anos funcionando ao cento por cento en galego. Iniciativas como Trisquel, da Universidade de Vigo (co-financiada pola Xunta) son o bo camiño.
Ubuntu é unha mostra de que un S.O. ceibe é a solución ao imperio de Microsoft.
A última Asemblea Nacional evidenciou o sentir dos seus militantes, aprobándose unha iniciativa que obriga ao BNG a apostar polo software libre. Este blog desenrólase baixo Wordpress, unha ferramenta blogueira totalmente libre e a web do BNG acaba de migrar cara un xestor de contidos que tamén é software libre. Ése é o camiño, non sacarse a foto cunha empresa que recibe continuamente sancións por posicións monopolísticas.
Máis en: http://www.galpon.org/drupal/node/180