Feira de Abril

Sevillanas

No pasado pleno a nosa compañeira Ana Rodríguez formulou unha serie de preguntas no pleno entre elas estaban as seguintes:

13-¿É certo que o goberno municipal está preparando unha Feira de Abril en Baiona?

14-¿Dónde se vai celebrar?

15-¿Cal é a data da festa?

16-¿En que vai consistir?

O Sr. Alcalde non quería contestar as preguntas xa que todavía non tiña dado a rolda de prensa presentado o acto e si as contestaba a prensa logo non acudiría o seu chamamento no seu día, cuestión a cal lle contestou a nosa compañeira Ana que ela como membro da corporación, pode facer este tipo de preguntas e debe ter resposta antes que ter que enterarse pola prensa, medio en broma o Sr. Alcalde comentou que a combidaría a rolda de prensa, xa veremos se comple con isto, xa que sería algo inédito.

A cuestión é que a Concelleira de Cultura, si tiña moitas ganas de contalo e mentros o alcalde decíanos que se contestará no próximo pleno ela contestaba que "Sí, se celebrará" e que o lugar será "na praza do Concello". Despoís do pleno a Concelleria de Cultura nos constestou a todas as preguntas e resulta que:

Esta Feira de Abril se celebrará último fin de semana de Abril, é decir, os días 25, 26 e 27 de Abril.

Comezarán os actos o día 25 con un pasarúas dende a Lonxa ata a Praza do Concello con carruaxes de cabalos incluido.

O Sábado, 26 na praza do Concello haberá unha carpa que cubrirá toda a praza na cal haberá distintas actuacións e música ambiental o igual que o Domingo día 27.

Como todos sabemos o PP quedouse sen as Alcaldías de Vigo e Gondomar, lugares onde con anterioridade se celebraba esta feira entón como un dos poucos concellos que lle quedan lindantes a Vigo é o de Baiona, decideiron traela este ano para o noso Concello.

O ceto é que si este acto estiviese inmerso nun maremagnun de actividades culturais no noso concello, pareceríanos algo positivo, pero a realidade é moi disitinta. Os nosos gobernantes escapan da creación de actos e actividades que potencien e  poñan en valor a nosa própia cultura. Onde poidan aparecer as nosas pandereteiras, os nosos grupos de baile, os nosos gaiteiros, ....

Sen ir máis lexos, ¿qué fai o noso concello o día das letras Galegas?, ¿Convoca algún tipo de acto cultural?,...

NON.

O único que se fai é unha marcha ciclo-turista. (Qué non está mal, pero poderíase facer noutra data).

Chuzame! chúzame -

2 Comentarios »

  1. Baiona Consciente » Actividade opositora Says:

    11 abril 2008 at 13:50

    [...] o BNG se ocupa de Correos e a Feira de Abril, o PSOE fala da Praza de Abastos e o Casco Vello. Hai un punto de encontro no tema de Portos [...]

  2. Baiona Consciente » Maldito parné Says:

    15 abril 2008 at 16:39

    [...] esta observación coas preguntas que realizou o BNG no pasado do Pleno e que destacan no seu blogue. ¿Cánto se gastará o Concello na Feria de Abril que se celebrará a fin de mes? ¿Non será que [...]

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixa un comentario