Falando enténdese a Xente

Porto Deportivo Ronautica

Como xa comentamos, onte celebrouse a xuntanza co Sr. Presidente de Portos para tratar o asunto do carteliño da Doca é outros asustos sobre a Bahía de Baiona.

Con respecto a prohibición do acceso a Doca, chegouse a un entendemente que coidamos que é do agrado de todas as partes, xa que por unha banda Portos buscará o xeito de que non apareza a palabra "Prohibido" no cartel, que están obrigados a instalar por mor da Lei de Prevención de Riscos.

Por outra banda tamén se acordou incluir no novo Plan Especial do Porto a Doca como Zona Peatonal é sacala de uso portuarío, para deste xeito que se consolide o seu uso público.

Agora todo está en máns do Concello que terá que presentar un anteproxecto para facer a Doca zona Pública.

Seguramente se o Venres o Sr. Alcalde e o Sr. Vilar tivense continuado a súa viaxe cara a xuntanza con Portos, non se tería levantado tal revuelo con este tema.

Logo tratáronse distintos temas referidos o Porto que teremos tempo de falar en vindeiras anotacións:

- Porto Pesquerio.

- Porto Deportivo Ronautica.

- Estado actual de saturación de embarcacións.

Chuzame! chúzame -

Deixa un comentario